martes, 11 de decembro de 2012

1ª CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS

Abraza a lectura
Ola amigas e amigos,

BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén, pon en marcha, hoxe día 11 de decembro, a "1ª CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS" aproveitando estas festas do Nadal.

Actualmente BIBLIOPAZOS ten rexistrados 105 socios e o noso obxectivo é duplicar esta cifra ao longo desta campaña. Queremos chegar a toda a veciñanza e sobre todo a aqueles que non teñen o hábito de ler e tamén aos que aínda non coñecen a Biblioteca e as súas novas instalacións.

Para coñecernos podedes visitarnos nas nosas instalacións e gustosamente informarémosvos sobre todos os servizos que ofrecemos na Biblioteca.


¡Ah! Ademais tanto a inscrición como socio e os nosos servizos son totalmente GRATUÍTOS.

Todos aqueles que queirades facervos socios tedes que encher unha solicitude que se pode descargar AQUÍ ou conseguir nas oficinas da Biblioteca e nas do Concello. Unha vez cuberta tedes que entregala na Biblioteca acompañada dunha fotocopia do DNI e unha foto tamaño carné para poder facervos o carné de socio da Biblioteca.

Os menores de 14 anos de idade deberán contar coa autorización do pai, da nai ou do titor por razóns de tipo legal. Así que xa sabes, se tes menos de 14 anos e queres facerte socio dilles que te acompañen.

Desde BIBLIOPAZOS animámoste a FACERTE SOCIO e a gozar deste interesante, necesario e básico servizo público gratuíto que pon á túa disposición o Concello.
 

¡Huy! esquecíame dicir que todos aqueles que se FAGAN SOCIOS durante esta campaña recibirán un pequeno agasallo da Biblioteca “acorde á idade” ata fin de existencias, así que xa sabedes ¡Vinde pronto!

Descarga a túa solicitude facendo CLIC AQUÍ.

Skype substiturá ao Messenger a primeiros de 2013

Coa última versión de Skype xa podemos integrar a nosa conta de Messenger

6 de novembro de 2012
Por Marcus Fernández


Onte comentamos o ruxerruxe que apuntaba a que Microsoft podería preparar a xubilación do seu Messenger, e poucas foron as horas que tardou en confirmarse, de xeito que xa é oficial que Skype e Messenger van fusionarse, de xeito que os usuarios do Windows Live Messenger poderán atopar aos seus amigos dende Skype, tanto para funcións de mensaxería instantánea como para realizar videoconferencias. Este paso víase vir dende o lanzamento hai poucos días da versión 6.0 da aplicación de Skype para OS X e Windows, que facilitaba a identificación en Skype con contas de Microsoft e Facebook, de xeito que permite empregar esta ferramenta do mesmo xeito que ata o momento facíase co Messenger de Microsoft.

Os usuarios actuais do Messenger poden ir migrando a Skype de xeito paulatino, aínda que é recomendable que muden a Skype o antes posible, xa que no primeiro trimestre de 2013 deixará de funcionar en case todo o mundo o servizo de Messenger, pasando a ser totalmente substituído por Skype.

Entre as vantaxes de mudar a Skype está un abano de dispositivos máis amplo (incluíndo o iPad e tablets con Android); a posibilidade de empregar unha única ferramenta para mensaxería instantánea, a videoconferencia e as chamadas a teléfonos fixos e móbiles; a compartición de pantalla; videoconferencias dende móbiles; videoconferencias con amigos de Facebook; e videoconferencias grupais.

JPEG - 49 KB 
Skype permite realizar as funcións básicas do Messenger sen problema
Fonte: Código Cero 
Deixanos o teu comentario. 
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir. 
Grazas por participar.

Las 15 bibliotecas mas bellas del mundo


luns, 10 de decembro de 2012

DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Día dos Dereitos Humanos
10 de decembro


A promoción e protección dos dereitos humanos foi unha das maiores preocupacións para as Nacións Unidas dende 1945, data na cal os países fundadores da Organización, acordaron impedir que os horrores da Segunda Guerra Mundial se reproduzan.

Tres anos despois, na Declaración Universal dos Dereitos do Humanos, a Asemblea Xeral espremeu que o respecto aos dereitos humanos e á dignidade da persoa humana "son os fundamentos para a liberdade, xustiza e paz no mundo". En 1950 a Asemblea Xeral invitou todos os Estados membros e as organizacións interesadas a que observasen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos (resolución 423 (V)).

Co Día conmemórase o aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos pola Asemblea Xeral en 1948. Co transcurso do tempo, desenvolvéronse un conxunto de instrumentos e mecanismos desenvolvidos para asegurar a primacía dos dereitos humanos e para facer fronte ás violacións dos dereitos humanos onde queira que acontezan.

Enlaces con sitios das Nacións Unidas e do sistema da ONU:
Nacións Unidas
 


Villancico navideño

Se acerca la navidad así que para calentar motores os invitamos a ver este video.



Feliz Nadal

domingo, 9 de decembro de 2012

Materiais de formación de prevención de riscos laborais en lingua galega

PRL
O Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia pon a disposición das empresas galegas materiais de formación no eido da prevención de riscos para que o persoal técnico dispoña destes contidos en galego. Consultar 

Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar.

Blogger actualiza e galeguiza as súas aplicacións móbiles

Venres 16 de novembro do 2012, por Marcus Fernández

Estamos ante a primeira versión da aplicación
de Blogger adaptada ao iPad

Os usuarios que teñen un blog en Blogger e que desexen publicar en mobilidade poden aproveitar as aplicacións oficiais para iOS e Android do servizo de bitácoras de Google, que veñen de chegar á súa versión 2.0, incorporando numerosas funcións como soporte de vista panorámica ao escribir unha nova publicación, a posibilidade de compartir en Google+, permitir ver a data de publicación dunha nova entrada e, moi especialmente, engadir o soporte de iPad, de xeito que a versión para iOS é universal, adaptándose tanto para iPhone e iPod Touch como para o tablet da compañía da mazá trabada.

Cómpre destacar que a nova aplicación tamén está localizada a máis de 30 linguas, entre as que non faltan o éuscaro, o catalán e o galego (aínda que non atopamos o xeito de empregar o galego baixo iOS, e en Android só funciona nos terminais que poidan configurarse en galego).

En móbiles con Android tamén será doado
xestionar os cadernos en liña de Blogger
Fonte:
Código Cero 
 
Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar

sábado, 8 de decembro de 2012

Do berce á rúa - Medra coa lingua

biberón Dámosvos a benvida á web da campaña Do berce á rúa, medra coa lingua! Con esta iniciativa queremos achegar os nosos parabéns ás persoas que agardan o nacemento dun neno ou dunha nena. Nós -pais, nais, amizades e persoas coidadoras- acompañaremos a súa aprendizaxe do mundo onde vai vivir. Ensinarémoslle as súas primeiras palabras e darémoslle a oportunidade de comunicarse con plenitude.
 
Falarlle galego representa unha vantaxe importante xa que vai mellorar a súa adquisición doutras linguas, algo moi necesario posto que vivimos nunha sociedade plurilingüe. A través do galego, crearemos un vínculo co seu territorio, a súa historia e a súa identidade cultural.
 
Mediante este material queremos ofrecervos unha axuda para iniciar este camiño cos nenos e as nenas que van encher as nosas casas, as nosas escolas infantís, os nosos parques e, por suposto, as nosas vidas.


Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar.

Recomendación de LECTURA ADULTOS


A Deputación de Pontevedra publicou a edición dixital do libro:
Edición Magdalena Aguinaga
Deputación de Pontevedra, 2012
A introdución, seleción de textos e notas foi realizada por Magdalena Aguinaga, doutora en Literatura española e catedrática de Língua e Literatura española de Ensinanza Media.

Para ler este libro só tes que descargalo no teu ordenador. Podes facelo clicando na IMAXE. 

Goza da súa lectura. 

Se non tes instalado o Adobe Acrobat no teu ordenador podes descargalo AQUÍ. 

Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar.

venres, 7 de decembro de 2012

Video actividades Mayo 2011


Video coas actividades realizadas no mes de maio de 2011 na Biblioteca no que participaron os alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Esperamos que sexa do voso agrado e pasedes un rato divertido.

Feliz Nadal. 

Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar

Recomendación de LECTURA INFANTIL

Érguete!
Carmen Baz 

Ilustracións de Marta Rivera Ferner 
Colección Ler é Vivir. Ed. Everest Galicia. A Coruña, 2009
A partir de 6 anos

En sinxelas cuartetas explícanse as normas para facer máis agradable e divertida a vida, dirixíndose ao lector en segunda persoa: Érguete pola mañá cun sorriso, bica os teus pais, toma o saboroso almorzo e recolle todo logo. Saúda a toda a xente pola rúa, xanta o que che poñan e despois de xogar deixa todo ordenado. Mira a tele con moderación, fai debuxos no caderno e non nas paredes, respecta as flores do parque e os niños dos paxaros. Sei cariñoso coa familia e respecta aos maiores e cando vaias de compras non queiras comprar todo... Á hora de durmir recorda todas as cousas que fixeches a gusto durante o día e explícalle á noite os teus sonos: faranse verdade.

A ilustración, con técnica de colaxe, reforza o texto e mesmo cobra unha dimensión propia con interesante atractivo visual. 
48 p. - 19x12 cm.          ISBN    978-84-403-1114-6 

Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar
 

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger