E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 19 de marzo de 2016

CONCURSO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2016 - "ADOPTA UN ANIMAL DE CONTO" - PARTICIPA!

CONCURSO

“ADOPTA UN ANIMAL DE CONTO” 

Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso:

 

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" súmase a esta iniciativa e convoca aos seus usuarios/as, lectores/as e veciños a participar:


  • Dirixido a lectores que estean a cursar PRIMARIA ou o primeiro ciclo de SECUNDARIA. 
  • Escoller un libro en galego xa lido polo/a participante, no que o animal (real ou fantástico) teña relevancia na historia.
  • Facer un debuxo dese animal, tal e como o imaxina. Valoraráse a orixinalidade, así como que non se deben copiar posibles ilustracións!
  • Cada orixinal deberá ter un formato de 10 x 10,5 cm. Por un lado o debuxo e polo outro un breve texto, manuscrito, explicando o motivo polo cal foi escollido ese animal de conto. Deberán de figurar tamén os datos do libro a partir do cal fixeron a escolla do "animal de conto": título de libro, autor e editorial.
  • A Biblioteca seleccionará un máximo de tres traballos por curso que serán remitidos a GALIX.
  • Para participar é preciso entregar o debuxo na Biblioteca antes do xoves, 31 de marzo, e cumprimentar un boletín de participación.

Para máis información podes dirixirte a BIBLIOPAZOS:


PODES DESCARGAR AS BASES COMPLETAS DO CONCURSO FACENDO CLIC AQUÍ.

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA!
 

O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA

O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA
Autor: Manuel Rivas
Edicións Xerais de Galicia S.A., 2015

Colección: Xerais Narrativa 

Xénero: Narrativa galega 

A libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidación total de existencias por peche inminente. 

Cando chega o ultimato e se pon en marcha o proceso de desafiuzamento, Vicenzo, o libreiro, que arrastra as secuelas dunha doenza na infancia («O meu corpo é un manifesto!»), revive a propia historia e a da libraría, mentres tenta facer fronte á especulación e ao que el chama o Imperio do Baleiro. 

Terranova é un lugar de emoción e memoria. Foi porto de desembarco de libros descoñecidos ou prohibidos, unha especie de Ítaca entre Europa e América, un territorio de liberdade secreta no franquismo, onde as «botellas ao mar» do exilio retornan, en xeito de libros, en maletas e baúis de emigrantes. E será tamén o lugar de acollida para unha personaxe engaiolante, Garúa, unha moza exiliada arxentina, cuxa chegada transformará a vida de Terranova en tempos da chamada Transición, aínda perigosos e de gran incerteza histórica. Galicia, Bos Aires, Madrid, París, Lisboa..., xunto ao Pulmón de Aceiro, a Cámara Estenopeica, a Terra Escondida, a Memoria Profunda, o Faro e a Liña do Horizonte, son territorios e espazos reais que tamén pertencen á xeografía íntima da libraría Terranova. 

O último día de Terranova é unha novela de enxeño multiforme onde conflúen os xéneros literarios entrelazándose a serie negra, o humor da poética surrealista mesturado co da oralidade popular, e un realismo tan a rentes do chan como transcendente. 

A libraría Terranova converterase para quen entre nela nun lugar inesquecíbel. 

ISBN: 978-84-9914-941-7 
Nº de páginas: 256 
Encuadernación: Tapa blanda


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger