luns, 18 de novembro de 2013

Recendos de aire sonoro - LITERATURA INFANTIL - POESÍA



Idade recomendada: + de 8 anos 

En Recendos de aire sonoro as notas musicais e as palabras danse a man e camiñan xuntas polos vieiros que trazan os versos.

Nos seus poemas ecoa o violín, treme a arpa, percute o timbal, láiase a gaita, Beethoven saúda a Bob Dylan mentres berran as guitarras de rock e a orquestra se despista.

Un libro para ler cos cinco sentidos.

As dúas paixóns de Antonio García Teijeiro, a música e a poesía, establecen un diálogo fascinante neste poemario fermosamente ilustrado por Fino Lorenzo, que vai espertar nos lectores e lectoras sensacións vivas e profundas, cargadas de emoción.

13,1 x 20 cm
Rústica cosido a fío
88 Páxinas
ISBN: 978-84-9914-201-2


Matías, un pito de campionato - LITERATURA INFANTIL

Matías, un pito de campionato 
María Canosa 
Ilustracións de David Soler 
Col. Árbore. Os Duros, 36. 
Ed. Galaxia. Vigo, 2010 

Idade recomendada: + 6 anos 

A historia dun pito singular que, a forza de curiosear e curiosear, obsesionouse cun verme algo escurridizo. 

Matías é un pito singular. Curioso dende antes de nacer, estaba chamado a vivir mil e unha aventuras marabillosas. 
 
36 páx.
19 x 16 cm.
ISBN 978-84-9865-276-5

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger