E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 4 de outubro de 2021

AS POMBAS DE BASTIÁN

AS POMBAS DE BASTIÁN
Autora: María Canosa
Ilustracións: Noemí López
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Desde a fiestra da súa casa, Minia observa todos os días como un home lles dá de comer ás pombas da rúa. As aves semellan ser as súas únicas amigas, mais a rapaza intúe que aquel home agocha unha maxia especial tras a soidade en que semella vivir.

Por iso a nena toma unha decisión: achegarse a el. A partir do primeiro encontro prenderá neles a ilusión que vai alumear unha fermosa amizade.

ISBN: 978-84-9121-845-6
Nº de páxinas: 112
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 19 cm

domingo, 3 de outubro de 2021

ANDAR AOS BIOSBARDOS

ANDAR AOS BIOSBARDOS
Autora: Charo Pita
Ilustracións: Dani Padrón
Editorial Galaxia
Colección: Árbore

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

Se saísedes cazar biosbardos, que cazariades?

De seguro que algunha boa historia. Como as que atoparás aquí, e que Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto adoitan contar baixo o Freixo Engurrado. Historias que talvez fagan deste libro o máis marabilloso do mundo.

Ou talvez non.  
Ti decides.

ISBN: 978-84-9151-611-8
Nº de páxinas: 60
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger