E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 3 de febreiro de 2020

"MIÑA HISTORIA NO XARDÍN" - Accésit da categoría C: 5º e 6º de Primaria - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Participantes e premiados da Categoría C: 5º e 6º de Primaria
II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019)
Relato premiado cun accésit na categoría C: 5º e 6º de Primaria.

"MIÑA HISTORIA NO XARDÍN" de LAURA EXTREMADOURO GARRIDO - 11 anos - 6º de Primaria.

Unha vez nun país moi, moi arcaico, preto de aquí, estaba paseando por un xardín. De súpeto mirei algo que me estrañou, así que empecei a investigar ata que o averigüei.
Era unha aldea máxica!
Ao case pisar unha fada, pedínlle que me fixera un feitizo para que eu fora tamén unha fada. Sería unha experiencia fantástica!
Entón fixo un tipo de...
-Bidibadidi!
E logrou facerme unha fada.
Para saber o que se facía por alí, tiven que empezar a escola, na cal tiña unha profesora cun nome moi peculiar: Diana. Chamoume a atención, e gustoume moito. Caíanme ben, igual cos meus compañeiros, menos un, Thiago, porque pegábanos a min e as miñas compañeiras de clase.
Era un machista, ata que un día puxémonos en pé e logramos defendernos e darlle da súa mediciña. Desde aquela deixounos en paz dunha vez.
Ao final gritamos todas a vez:
-Violencia Cero!
Tardamos unha semana, pero valeu a pena para, en colgar un cartel de fondo negro que puña: "TODOS SOMOS IGUAIS".
Ao día seguinte fomos de excursión a unha manifestación contra a violencia de xénero. Ao final do día chamáronme ao teléfono. Era o alcalde do pobo e díxome que xa era a hora de que voltase para a miña casa do mundo dos humanos, como o chamaban alí. Cando cheguei estaba a maga do pobo, e cando xa estaba preparada para facerme o feitizo empecei a rogarlle que esperara un día máis. Así, rogueille e rogueille, pero non había maneira de convencelos, así que tiven que volver a casa.
Ao volver a casa, estaban os meus pais e logrei que non viran a miña aparición no xardín.
No colexio, eu quería contarlle todo as miñas amigas, pero eu xa sabía que o feitizo non era o mesmo que me dixera. Engadira que cada vez que dicía algo, soaba como un pato. Así cada vez que quería dicirllo aos meus pais algo, eles oíanme como un pato. Chamaron directamente ao médico, aínda que eu non paraba de dicirlles que non facía falta.
Cando chegou preguntou que me pasaba e eu insistía en que non me pasaba nada.
Despois dunha semana, cando xa me pasara o feitizo, corrin a dicirllo aos meus pais e ríronse de mín. Logo díxenllo aos meus amigos e tampouco me crían. Dicían que tiña unha magnífica imaxinación, que serviría para ser unha escritora de sona.
Despois duns seta anos logrei escribir uns libros sobre estas historias e volver a aldea para crear novos libros, ata conseguir obter un gran premio polo gran mérito.
Cando recibín o premio vin a miña vila, Pazos de Borbén e asineilles o seu libro "A miña aventura coas fadas no meu xardín".
FIN

CUENTOS SORPRENDENTES


CUENTOS SORPRENDENTES
Autores: Saki, O. Henry, Maupassant, Chéjov y Quiroga
Adaptador: Salvador Comelles
Edita: La Mar de Fácil, SL

Género: Literatura en Castellano - Cuentos

"-Mira, ya están aquí -Gritó en aquel momento-. Llegan a tiempo para el té, y con las botas bien enfangadas.

Cuando oyó esto, el señor Framton notó un escalofrío y se giro hacia la sobrina para que viera que él se hacía cargo de la situación. Pero, entonces, vio que la chica también miraba horrorizada hacia la puerta. El señor Framton quedó muy impresionado y también se giró. 

Lo que vio lo dejó aterrorizado."

ISBN: 978-84-944993-5-7
Nº de páginas: 89
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 16 x 22 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger