luns, 17 de setembro de 2018

AS REGRAS DO XOGO


AS REGRAS DO XOGO
Autor: Ramiro Fonte
Edicións do Cumio

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

As dez narracións que forman As regras do xogo teñen en común a súa vinculación coas distintas variedades do chamado xénero negro. Teñen en común tamén a destreza narrativa de Ramiro Fonte, a intriga, a tensión do relato, o fino humor e a parodia na recreación do xénero e os seus elementos significativos.

As regras do xogo, coa súa concisa galería de crimes escuros, detectives nihilistas, policias mordaces, encontros aparentemente casuais e damas enigmáticas, constitúe, ademais, unha sutil e irónica homenaxe cinematográfica da súa xeración.

ISBN: 84-87126-18-9
Nº de páxinas: 151
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 20 cm.

O GATIPEDRO


O GATIPEDRO
Autor: Jacobo Paz Limia
Ilustrador: Xosé Tomás
Edita: Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Un neno négase a poñer cueiros cando vai durmir, pero ten un grave problema: polas mañás ten que soportar as queixas do pai e as burlas do irmán ao erguer da cama coas sabas molladas.

- Quen me fai isto a min? Teño que descubrir o causante de que molle a cama, pois eu non son.

Quen será, logo?

ISBN: 978-84-9995-285-7
Nº de páxinas: 33
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15,5 x 19,5 cm.


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger