E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 18 de abril de 2018

VERBO DA TEORÍA DA RELATIVIDADE RESTRINXIDA E XERAL


VERBO DA TEORÍA DA RELATIVIDADE RESTRIXIDA E  XERAL 
Autor: Albert Einstein
Traducción:Patricia Buján Otero
Revisión: Jorge Mira Pérez
Consello da Cultura Galega
Colección Autores&Textos 

Xénero: Ciencias Puras - Física

A teoría da relatividade restrinxida e xeral supón un dos cumios da capacidade intelectual do ser humano. Reformulou os conceptos de espazo e tempo, a comprensión da orixe e evolución do Universo, e propiciou a entrada na era nuclear. Para os historiadores de dentro duns séculos esta fazaña do xenial físico Albert Einstein será un dos fitos do século XX.

O esforzo do autor por chegar a un público amplo queda patente na linguaxe e didáctica empregadas, pensadas para achegarse á persoa que pasa as paxinas e evitar complexidades matemáticas. Estrutúrase en dúas metades, unha para a relatividade restrixida e outra para a xeral.

ISBN: 978-84-92923-83-0
Nº de páxinas: 206
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17 x 24 cm
                            

O TERCEIRO HOME


O TERCEIRO HOME
Autor: Graham Greene
Tradución: Mª Dolores Martínez Torres
Editorial Galaxia S.A.
Colección Árbore

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

O Terceiro Home é a novela curta máis coñecida de Graham Greene. A súa celebridade disparouse desde a estrea da inesquecible adaptación cinematográfica que en 1950 fixo o director inglés Carol Reed, con Orson Welles e Joseph Cotten nos papeis principais.

A novela é tamén un clásico do relato de intriga e condensa nas súas poucas páxinas todas as virtudes da literatura de Graham Greene.

A acción desenvólvese na Viena ocupada polas forzas aliadas tras a derrota dos nazis na Segunda Guerra Mundial. É unha cidade invernal, pobre e derruída na que florece o mercado negro e na que persoas sen escrúpulos intentan aproveitarse da miseria dos demais.

ISBN:84-7154-917-4
Nº de páxinas: 134
Encadernación: Tapa branda
Formato: 12 x 21,5 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger