E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 17 de abril de 2018

AS AVENTURAS DE BILLY-JOE


AS AVENTURAS DE BILLY-JOE
Autor: Frederik Hetmann

Traducción: Xosé Reimúndez Fernández
Editorial Galaxia S.A.
Colección Árbore


Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

As aventuras de Billy-Joe conta a historia dun mozete de dezasete anos a quen a morte repentina das súa nai o deixa sen amparo. Arrastrando polos grandes proxectos do seu pai, acaba buscando uranio con el e mais con socio nas montañas de Texas. 

Despois do fracaso da aventura, os maiores pelexan e morren, deixando a Billy-Joe ferido no medio do deserto. Para sobrevivir, vai construíndo con recordos unha débil parede que o separa do ambiente e o protexe. 

Acórdase de Ann, de quen andou enamorado, e do cabalo Mondwolke, e do seu avó... Con todos eles soñaba Billy-Joe cando un vello mexicano o atopou, case inconsciente, sobre un tronco que ía río abaixo...

ISBN:84-7154-743-0
Nº de páxinas: 127
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 12 x 21,5 cm


EU CONTO, TI CANTAS...


EU CONTO, TI CANTAS...
Autora: María Victoria Moreno

Ilustracións: Manolo Uhía
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Merlín


Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía


Idade Recomendada: A partir de 7 anos

Este libro reúne tres contos de animais escritos en verso: Xa non teño medo, Can branco, can negro e ¿Un cachiño de bica?

Tres contos para todos os nenos e nenas que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas.

Unha obra da autora María Victoria Moreno á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2018.

ISBN:84-9782-358-3
Nº de páxinas: 59
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger