LIBERDADE, SOLIDARIEDADE E AMOR POLA LINGUA
Pequena biografía de Xela Arias
Textos: Polo Correo do Vento
Ilustracións: Tania Solla
Lela Edicións
Colección: Mulleres Galegas
Xénero: Literatura Infantil Galega - Biografías
Idade recomendada: +6 anos
Xela Arias Castaño (Sarria, 1962 - Vigo, 2003) foi unha escritora, editora, tradutora e profesora galega. Poeta rompedora e muller comprometida co movemento feminista, ecoloxista e pacifista, é homenaxeada co Día das Letras Galegas en 2021.
Comezou con dezaoito anos a traballar en Edicións Xerais de Galicia, primeiro de oficinista e logo de editora e corretora. Colaborou en diversas publicacions como A Nosa Terra, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo, Luzes de Galicia ou Festa da Palabra Silenciada.
A liberdade, solidariedade e amor pola lingua son claves na súa biografía. Entre as súas obras destacan "Denuncia do equilibrio", "Darío a diario" ou "Tigres coma cabalos".
ISBN: 978-84-121263-5-8
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa branda
Formato: 16x16 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.