RICARDO CARVALHO CALERO
A pegada do compromiso
Autor: Héctor Cajaraville
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín
Xénero: Literatura Infantil Galega - Biografías
Idade recomendada: +11 anos
A Ricardo Carvalho Calero dedicóuselle o Día das Letras Galegas 2020.
Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso.
É o responsable da primeira gramática do galego elaborada cunha base científica sólida e da primeira historia da literatura galega contemporánea, ademais de ser o primeiro profesor en ocupar a cátedra universitaria de Lingüística e Literatura galegas.
Un auténtico pioneiro e un incansable defensor (e tamén construtor) da nosa identidade como comunidade, como pobo, como país.
Este libro ofrece un percorrido xeral pola biografía de Calero e inclúe sete pequenas pezas teatrais da autoría de Héctor Cajaraville sobre momentos concretos da vida do intelectual galeguista.
ISBN: 978-84-9121-632-2
Nº de páxinas: 104
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.