Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adícase a MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ (Valencia de Alcántara-Cáceres, 1939 - Pontevedra 2005), unha gran escritora e profesora.
A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado o día 17 de Xuño de 2017 na Coruña onde tamén se nomeou académica de honra a Marina Mayoral e académicos e académicas correspondentes a Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova.
Este ano será a figura protagonista do Día das Letras Galegas, a devandita autora, sendo a cuarta muller tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que leva este recoñecemento na historia desta celebración.
Para saber máis sobre o DÍA DAS LETRAS GALEGAS preme AQUI.
Nacida nun concello limítrofe con Portugal, filla dun militar e dunha mestra, fixo o bacharelato en Barcelona e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Madrid, onde tivo dous profesores a Rafael Lapesa e Dámaso Alonso.
Tras dous anos en Lugo, onde tivo por alumno a Xesús Rábade Paredes, e unha tempada en Vilalonga (Sanxenxo), onde comezou a escribir "Anagnórise", chegou a Pontevedra en 1963 con praza de mestra, e deu clase no IES Valle-Inclán e tamén no IES Gonzalo Torrente Ballester.
Participou activamente na vida cultural e política de Pontevedra e do país. A súa fascinación dende cativa por Galicia e pola súa lingua provocaron nela unha entrega absoluta pola defensa e promoción da nosa lingua.
"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (...). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor" (María Victoria Moreno en 1993).Ademáis de novelas e contos, escribiu obras de ensaio, colaborou en libros de texto e dirixiu a colección Árbore de Galaxia. Como lectora no ámbito das letras en galego nunca agochou seu gusto pola narrativa de Otero Pedraio e Carlos Casares.
"Para leer unha boa lectura, lía a Miguel de Cervantes, evidentemente. E tamén a Antoine de Saint-Exupéry (...) E gústame a prosa dos hispanoamericanos inmediatamente anteriores ao boom. Miguel Ángel Asturias, por exemplo (...) Gústanme os escritores éticos e con compromiso, cunha prosa exuberante. E de Galicia gústanme os mellores que hai. Valoro moito a lírica mediaval, a prosa de Otero Pedraio e de Carlos Casares, a poesía de Fernán Vello".Morreu ós 64 anos de idade, víctima dun cancro de mama.
A súa biblioteca personal, de máis de 4500 volumes, incluidas varias edicións e 150 estudios de "Don Quijote de la Mancha", foi doada ao instituto IES Gonzalo Torrente Ballester.
Para saber máis sobre Mª VICTORIA MORENO preme AQUÍ.
Para coñecer as obras da autora das que dispoñemos en BIBLIOPAZOS preme na seguinte imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.