Autor: Xulio López Valcárcel
Ilustracións: Carlota Bueno e Pedro Bueno
Editorial: Sociedad de Cultura Valle-Inclán
Ano de edición: 2013
Xénero: Narrativa
Uns e outras ven nestas páxinas relatados os principais socalcos do seu periplo vital, ao tempo que se nos dá cumprida noticia das obras que nos inmortalizaron.
Sabemos así, da vida viaxeira e chea de reveses do precursor por excelencia, o outense Francisco Añón; o xenio aventureiro e arroutado dese portento noiés que foi Antón Avilés de Taramancos; o activismo culturalista americano e a señardade da Terra aos que viviu entregado Lorenzo Varela; o combate desigual que as palabras e o seu corpo libraron en Fiz Vergara Vilariño.
A especialísima irradiación coa que Rosalía magnetizou os lectores de todo tempo; a devoción alofónica e rosaliófila de Anne Marie Morris; a elegancia que poboaba os versos cargados de solpores do moi lucense Luís pimentel, as incribles e trepidantes ocupacións da polifacética Sofía Casanova; en fin, tamén o pulo incansable do poeta, dramaturgo e pintor humanista Tomás Barros.
ISBN: 978-84-92597-29-1
Encadernación: Tapa branda.
Formato: 21 x 15 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.