domingo, 31 de maio de 2015

INTENSA E QUENTE É A TÚA HUMIDADE AZUL

Intensa e quente é a túa humidade azul 
Xulio Pardo de Neyra
Edicións Positivas S.L., 2014 
Colección: Narrativas Quentes

Xénero: Novela romántica-erótica

Intensa e quente é a túa humidade azul poderíase resumir como a primeira novela propiamente pornográfica da literatura galega.

Os seus protagonistas, case únicas personaxes que percorren estas páxinas, defínense entre a preguiza cara ao sentimento amoroso en que van ser atrapados e a luxiriosa maxia do pracer máis exquisitamente humano.

É, amais, a historia dunha Dominación, a acelerada historia dun proceso en que Amo e submisa se descobren como persoas que chaman o amor através da claridade que emana dunha relación D/s.

Nunca tal se fixera na literatura galega, que até o de agora apostara pola suavidade e a morneza dun erotismo que por veces agocha algunha que outra imaxe de maior voltaxe.

ISBN 978-84-941204-9-7
Encadernación: Cartoné con solapas
Nº de páxinas: 295

2 comentarios:

  1. Paréceme unha novela moi ben escrita, moi suxerente e un achado para a literatura galega. Había tempo que non desfrutaba lendo como con esta obra

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger