domingo, 9 de novembro de 2014

O CALVARIO: UN MUNDO DE POESÍA - Literatura galega

O Calvario, un mundo de poesía
Varios Autores
Edita: AA.VV. do Calvario (Vigo), 2011

Poesía Galega

Un libro de poesías que recolle as presentadas polos participantes nos últimos nove certames de poesía que se celebraron na Asociación de Veciños do Calvario durante os últimos anos, tanto as premiadas como as non premiadas.

As poesías recollidas achégannos ata os sentimentos máis íntimos e persoais do ser humano como son a amizade, o amor, a ledicia ou a tristeza. Os autores, sente da rúa, escriben o que sinten, o que viven e dáixanolo compartir con eles.

O libro publica tamén permite gozar dalgunhas fotografías do barrio para darlle outra visión e que as xentes que collan o libro saiban dende onde se fixo e coñezan mellor aos seus moradores.

Depósito Legal: VG 785-2011
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 15 cm.
Nº de páxinas: 167

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger