Hoxe Xoves 24 de Abril, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello, celebraremos o Día Mundial do Libro cunha nova actividade organizada por BIBLIOPAZOS, a sesión de contacontos "Contos susurrados" a cargo de Fátima Fernández no que participarán os alumnos do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios de ASPAVI.
En "Contos susurrados" as historias flotan no aire e transmítense co vento, pero, que pasaría se unha desas historias cha susurrasen ao oído soamente a tí?
Para escoitar as historias a través dos meus "susurradores" deberemos estar en silencio, coas orellas abertas e limpas.
Esta actividade de animación á lectura foi organizada por BIBLIOPAZOS en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrola a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
¡VEN A BIBLIOPAZOS!
¿PARTICIPA DAS NOSAS ACTIVIDADES!
¿PARTICIPA DAS NOSAS ACTIVIDADES!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.