mércores, 6 de marzo de 2013

I Certame Nacional de Microrrelatos Cidade da Coruña

A Asociación de Estudos Universitarios convocou o 1º CERTAME NACIONAL DE MICRORRELATOS "CIDADE DA CORUÑA". 

Esta Asociación de Estudos Universitarios pretende servir de dinamizador e xerar apoios para facer realidade a publicación dunha ran parte das obras presentadas a este certamen, moitas das que, de gran calidade literaria, que nacen no anonimato, acabarían perdéndose por falta de apoio institucional, escaseza de recursos propios, etc.

Tamén se pretende facilitar as posibilidades de publicación a autores noveis e afeccionados entregados a esta arte literaria e a todas as persoas que desenvolven unha actividade cultural a través desta campo da literatura.

Apostan por un certame que permita facer realidade non só a publicación literaria senón tamén a difusión de novos valores para que as figuras emerxentes da literatura poidan ver os seus traballos publicados mediante un modelo de estreita colaboración.

O prazo de envío dos textos finaliza o 15 de abril de 2013


Máis información: asociacion.estudos@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger