xoves, 10 de marzo de 2016

CONTOS DO CICLO DO SOÑO

Contos do Ciclo do Soño
H.P. Lovecraft
Traducción: Tomás González Ahola
Urco Editora
Colección: Urco Gótica - Biblioteca Lovecraft

Literatura Xuvenil en Galego

Xénero: Novela de terror

Normalmente chámaselle Contos do ciclo do soño” a aquelas historias de H.P. Lovecraft comprendidas entre a súa etapa máis temperá, a dos “contos macabros”, inspirada por Poe e toda a tradición romántica norteamericana, e o seu apoxeo como escritor, que lle veu co denominado “ciclo de Cthulhu”.

Estes contos, breves case todos eles, destilan unha enorme inspiración dunsanyniana, onde xa se advirte unha sensibilidade especial polo terror cósmico, que culminará nos antes amentados mitos de Cthulhu.

As paisaxes oníricas salpicadas de horrores inexplicábeis e o ton poético lévannos a un outro mundo, onde a única fronteira é a nosa imaxinación, ou o limiar dos medos que asexan tras do mundo da vixilia.

Nº de páxinas: 233
Formato: 21 x 13,5 cm
ISBN: 978-84-15699-07-1



mércores, 9 de marzo de 2016

PROGRAMACIÓN 2016 DE ANIMACIÓN Á LECTURA EN BIBLIOPAZOS

BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén volve outro ano coas actividades de Animación á Lectura.

Neste ano 2016 comenzamos o pasado venres 26 de febreiro co contacontos a cargo de Marisa Irimia "Contando con Rosalía" no que participaron os alumnos de 3º e 4º de primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Vigo (ASPAVI) que teñen a súa sede en Pazos de Borbén.

A actividade foi patrocinada íntegramente pola Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén.



Continuando coa programación, nos próximos días, e nos meses de Abril, Maio e Xuño, realizaremos varias activiaddes en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrolará ao longo do ano 2016 a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universita temos programadas actividades moi interesantes.

Con esta programación, como en anos anteriores, dende BIBLIOPAZOS preténdemos contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo un espazos de encontro para descubrir e compartir. Así ofreceremos un conxunto de actividades para achegar a cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente.


O desenvolvemento destas actividades de dinamización no ámbito da biblioteca reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan. 

BIBLIOPAZOS comparte os obxectivos do programa LER CONTA MOITO co que se pretende:
  • Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer.
  • Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
  • Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
  • Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.
  • Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.
As actividades previstas para as vindeiras semanas son as seguintes:


https://www.dropbox.com/s/9a7mvw6mmvsselz/2016-03-17%20Raquel%20Galav%C3%ADs%20CARTEL3.jpg?dl=0O xoves día 17 de Marzo, ás 11:00 horas na Sala de Lectura de Bibliopazos, conmemoraremos o Día da Narración Oral (20 de Marzo), o Día da Poesía (21 de Marzo), e o Día Internacional do Teatro (27 de Marzo) coa actriz, presentadora de televisión e contacontos Raquel Galavís co seu espectáculo de narración oral e de dinamiación con música, teatro e danza "CANTACONTOS", dirixido a nenos e nenas de 3 a 99 anos. Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO.

O mércores 6 de Abril, a partir das 11:00 horas na Sala de Lectura, contaremos co actriz e contacontos Olga Abad Prieto co seu obradoiro creativo de sombras chinescas "As nosas historias", dirixido a nenos e nenas de 4 a 8 anos, e no se se busca fomentar a creatividade dos nenos, a escoita, e dar a coñecer ás novas xeracións a narración oral galega máis antiga. Con esta actividade que forma parte do programa LER CONTA MOITO, celebraremos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril).

O xoves 21 de Abril, ás 13:00 horas na Sala de Lectura terá lugar a actuación da contacontos Andrea Vázquez Fernández que nos traerá o espectáculo de narración oral dirixido a nenos e nenas de 0 a 9 anos "Mergullámonos?" no que os cativos escoitarán un conxunto de historias que nos convidan a explorar o mundo das emocións. Espectáculo incluído no programa LER CONTA MOITO, co que conmemoraremos o Día Internacional do Libro (23 de abril).

O venres 2o de Maio, na Sala de Lectura, a partir das 13:00 horas terá lugar unha nova actividade, este vez de narración oral e maxia. Unha sesión co Mago Paco de A illa d@s nen@s e o seu espectáculo "Divermaxia" dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Unha actividade de dinamización á lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. Actividade incluída no programa LER CONTA MOITO, coa que celebraremos o Día das Letras Galegas (17 de maio).

O xoves 16 de Xuño, no Auditorio do Concello, a partir das 13:00 horas, conmemoraremos a próxima chegada do Verán e do Fin do Curso Escolar co espectáculo de dinamización con música, teatro e danza "Brinca vai! De aquí a acolá" a cargo de Paco Nogueiras. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de todas as idades. Unha actividade para ler, ver e escoitar. Un feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades. Deixádevos levar entre as diversas apariencias que ten a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando... Actividade incluída no programa LER CONTA MOITO.

Para asistir a estas actividades é necesaria a INSCRICIÓN PREVIA na Biblioteca, chamando ao teléfono
986 497 273


VEN A BIBLIOPAZOS
E
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!


 

FUNGOS DE YUGGOTH - Poemas impíos

Fungos de Yuggoth. Poemas impíos
H.P. Lovecraft

Traducción: Tomás González Ahola
Urco Editora
Colección: Urco Gótica - Biblioteca Lovecraft

Xénero: Poesía

Xa rematado o gran ciclo narrativo de Lovecraft, o "Ciclo de Cthulhu" agora dirixímonos ás terras etéreas e oníricas do "Ciclo do Soño". Pero antes facemos unha parada cun libro estrañó e atípico, mais que ben merece formar parte desta colección.

Fungos de Yuggoth é unha colectánea de sonetos escritos maioritariamente entre os últimos días de 1929 e os primeiros de 1930, un auténtico "Nadal impío" para o autor, polo que se destila destes versos.

Este poemario impío une dun xeito magnífico os dous ciclos, con referencias cruzadas ás grandes deidades e aos paraxes dunsanynianos, con claras alusións a lugares e temáticas que aparecen en "A sombra sobre Innsmouth, Nas montañas da loucura, O que mumura na escuridade" e outros textos centrais do "Ciclo de Cthulhu", mais tamén con paisaxes e temas que veremos axiña nos próximos volumes desta colección, dedicados ao "Ciclo do Soño".

En Leng, onde os picos rochosos se erguen agrestes e espidos
baixo estrelas frías vedadas á visión humana,
atravesa a escuridade un só feixe de luz
cuxos distantes raios fan murmurar rezos aos pastores.
Contan, aínda que ninguén estivo alí, que vén
dun faro sobre unha torre de pedra,
onde o último dos Anciáns vive en soidade,
falando co Caos co bater de tambores.
A Cousa, murmuran, leva unha máscara de seda
amarela, cuxos estraños pregues semellan ocultar
un rostro que non é deste mundo, aínda que ninguén pregunta
cales son eses trazos que sobresaen tras eles.
Moitos, na primeira infancia da humanidade,
dirixíronse a esa luz,
mais o que atoparon, ninguén o saberá nunca.

Poema XXVII – O Faro do Ancián

Nº de páxinas: 84
Formato: 21 x 13,5 cm
ISBN: 978-84-939554-6-5

A COUSA NO LIMIAR - A SOMBRA FÓRA DO TEMPO

A cousa no limiar e A sombra fóra do tempo
H.P. Lovecraft
Traducción: Tomás González Ahola
Urco Editora
Colección: Urco Gótica - Biblioteca Lovecraft

Literatura Xuvenil en Galego

Xénero: Novela de terror

Con este volume remata o primeiro ciclo da biblioteca Lovecraft, dedicado aos “Mitos de Cthulhu”, aínda que a colección continuará en vindeiros títulos cos contos do ciclo do soño e as historias macabras.

Presentamos aquí dúas obras da madurez do solitario de Providence.

A primeira delas, o relato A cousa no limiar, centra a súa atención arredor dun protagonista atormentado cuxo corpo é posuído por un espírito maligno que desexa acabar coa realidade que coñecemos.

A segunda, a novela breve A sombra fóra do tempo, versa sobre unha antiga raza extraterrestre que poboou a Terra hai millóns de anos, capaz de proxectar as súas mentes a través do espazo-tempo para así vivir eternamente e atesourar a sabedoría de todo o universo.

Ambas as dúas historias son perfectos representantes das dúas liñas fundamentais dos Mitos: Por unha banda a existencia de persoas malignas no noso contorno que desexan abrir as portas da nosa realidade a entidades doutros planos dimensionais, e pola outra a constatación dun pasado do noso planeta distinto ao que tradicionalmente coñecemos pola ciencia, poboado de razas intelixentes e avanzadas procedentes doutros astros cuxa existencia pasada ten ou pode ter consecuencias no presente.

Nº de páxinas: 192
Formato: 21 x 13,5 cm
ISBN: 978-84-937142-0-2


martes, 8 de marzo de 2016

8 DE MARZO - DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras textiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.

Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos.

Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.

En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. 

Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller.

En BIBLIOPAZOS queremos poñer a disposición dos nosos usuarios e usuarias un montón de libros tanto en galego como en castelán para celebrar este día.







VEN A BIBLIOPAZOS E LÉVAOS PARA A TÚA CASA!!!

 

Desde o INTEF poñense a disposición algúns dos recursos e páxinas de interese para desenvolver o tema nas aulas.

RECURSOS EDUCATIVOS NO PORTAL DO INTEF

Fonte: INTEF

A SOMBRA SOBRE INNSMOUTH e O QUE ASEXA NA ESCURIDADE

A sombra sobre Innsmouth e O que asexa na escuridade
H.P. Lovecraft
Traducción: Tomás González Ahola
Urco Editora
Colección: Urco Gótica - Biblioteca Lovecraft
 
Literatura Xuvenil en Galego
 
Xénero: Novela de terror
 
Neste cuarto volume da Biblioteca Lovecraft presentamos dúas historias máis do chamado «Ciclo de Cthulhu», o conxunto de narracións máis tardías e máis coñecidas do autor de Providence.
 
A primeira historia que se inclúe, A sombra sobre Innsmouth, é unha das novelas curtas máis coñecidas e admiradas do autor, e versa sobre os Profundos, esas criaturas adoradoras de Cthulhu e Dagon, que mesturan o seu sangue co dos humanos nas costas máis isoladas e recónditas do mundo.
 
O segundo conto deste volume, O que asexa na escuridade, é unha secuela de The Shambler from the Stars, de Robert Bloch, quen á súa vez escribiu unha terceira historia máis tarde continuando a de Lovecraft, titulada The Shadow from the Steeple.
 
Ambas as dúas constitúen un anaco fundamental dos alicerces da literatura de suspenso e terror do século XX, co que merecían formar parte desta colección que pretende traer o mellor da narrativa lovecraftiana á lingua galega.
 
Nº de páxinas: 180
Formato: 21 x 13,5 cm
ISBN: 978-84-939554-9-6

NAS MONTAÑAS DA LOUCURA

 
NAS MONTAÑAS DA LOUCURA
H.P. Lovecraft
Traducción: Tomás González Ahola
Urco Editora
Colección Urco Gótica - Biblioteca Lovecraft 

Literatura Xuvenil en Galego 

Xénero: Novela de terror 

Nas montañas da loucura é, se callar, a obra máis madura de H.P. Lovecraft, unha novela que combina especialmente ben o elemento sobrenatural, de ficción científica, e unha constante tensión que vai en aumento páxina a páxina até chegar á catarse final. 

O tema da cidade perdida ou abandonada nun lugar recóndito da Terra xa non é novidoso na produción literaria do autor, e tampouco outros motivos recorrentes nos mitos de Cthulhu, mais a combinación de todos os elementos que compoñen esta novela fan dela un dos maiores fitos na historia da literatura de terror sobrenatural.

Nº de páxinas: 220
Formato: 21 x 13,5 cm
ISBN: 978-84-938558-2-6

luns, 7 de marzo de 2016

"O HORROR DE DUNWICH" e "O QUE MURMURA NA ESCURIDADE"

"O horror de Dunwich" e "O que murmura na escuridade"
H.P. Lovecraft 
Traducción: Tomás González Ahola 
Urco Editora 
Colección Urco Gótica - Biblioteca Lovecraft 

Literatura Xuvenil en Galego 

Xénero: Novela de terror 

Neste volume continúan as historias do universo mitolóxico chamado «Ciclo de Cthulhu», con dúas das obras máis maduras e mellor conseguidas de H.P. Lovecraft, O horror de Dunwich e O que murmura na escuridade, dúas novelas curtas do chamado «terror sobrenatural materialista», do que o autor de Providence foi o maior expoñente.

Enfontarémosnos logo aos máis terríbeis medos que pode concibir a mente humana, a entidades que anhelan o noso mundo agardando pacientes e que, no fondo da nosa psique, sabemos que están aí á espera da súa oportunidade para subxugar a humanidade. 

Nº de páxinas: 248 
Formato: 21 x 13,5 cm 
ISBN: 978-84-938558-1-9

A CHAMADA DE CTHULHU e outros contos de terror cósmico


A chamada de Cthulhu e outros contos de terror cósmico
H.P. Lovecraft
Traducción: Fran Morell, Tomás González Ahola e Rodrigo Vizcaíno

Urco Editora
Colección Urgo Gótica - Biblioteca Lovecraft

Literatura Xuvenil en Galego

Xénero: Novela de terror

Este volume forma é o primeiro título da Biblioteca Lovecraft de Urco Editora.

A chamada de Cthulhu e outros contos de terror cósmico, contén seis relatos da primeira etapa deste autor que marcaron as pautas do mito que viría despois.

Toda mitoloxía ten uns alicerces e toda épica ten uns inicios, e o chamado “Ciclo de Cthulhu”, polifonía estridente e impía que desafía toda cordura, non podía ser menos.

Neste volume preséntanse as primeiras obras de H.P. Lovecraft nas que se perfila este inmenso e complexo cosmos estarrecedor poboado das máis aberrantes entidades. Dos poboadores prehumanos e extraterrestres de “A maldición que caeu sobre Sarnath” ás areas de Arabia que sepultan a esquecida “Cidade sen nome”, dos saqueadores de tumbas de “O sabuxo” aos escuros segredos de Nova Inglaterra que relata “O festival”, dos adoradores de Nyarlatothep de “Os soños da casa da bruxa” a, como non, os sanguinarios cultistas de “A chamada de Cthulhu”, estas páxinas revélannos o nacemento dunha das mitoloxías máis importantes do século XX.

A colección Urco Gótica ten publicado literatura traducida de xénero gótico e terrorífico, de autores como Edgar Allan Poe, H.P. Lovecraft, William Hope Hodgson, Sheridan Le Fanu ou Bram Stoker.
 
Nº de páxinas: 208
Formato: 21 x 13,5 cm
ISBN: 978-84-938558-0-2

domingo, 6 de marzo de 2016

LEAL

LEAL
Autora: Verónica Roth
Traducción: Pilar Ramírez Tello
RBA MOLINO
10ª edición noviembre 2014
Trilogía "Divergente" nº 3

Género: Literatura Juvenil - Ciencia Ficción

UNA SOLA ELECCIÓN TE DEFINE

UNA ELECCIÓN PUEDE TRANSFORMARTE
UNA ELECCIÓN PUEDE DESTUIRTE

La sociedad dividida en facciones en la que antes creía Tris Prior ha quedado hecha pedazos, fracturada por la violencia y las luchas de poder, y marcada por la traición. Así que, cuando tiene la oportunidad de explorar el mundo más allá de los límites que siempre ha conocido, Tris está más que dispuesta.

Puede que, al otro lado de la valla, Tobias y ella descubran una nueva vida juntos más sencilla, libre de mentiras, lealtades confusas y recuerdos dolorosos. Sin embargo, la nueva realidad de Tris es aún más inquietante que la que ha dejado atrás.

Lo que creían haber descubierto deja de tener sentido. Surgen verdades explosivas que hacen cambiar de opinión a sus seres queridos.

ISBN 978-84-272-0686-1
Nº de páginas: 496
Encuadernación: Tapa blanda

INSURGENTE



INSURGENTE
Autora: Verónica Roth
Traducción: Pilar Ramírez Tello

RBA MOLINO
17ª edición octubre 2014
Trilogía "Divergente" nº 2
 

Género: Literatura Juvenil - Ciencia Ficción

UNA SOLA ELECCIÓN PUEDE DESTRUIRTE 

UNA ELECCIÓN QUE SE CONVIERTE EN SACRIFICIO
UN SACRIFICIO QUE SE CONVIERTE EN PÉRDIDA
UNA PÉRDIDA QUE SE CONVIERTE EN CARGA
UNA CARGA QUE SE CONVIERTE EN BATALLA

Una sola opción puede transformarte, o te puede destruir, pero siempre tiene consecuencias.

Con la oleada de disturbios en las distintas facciones, Tris deberá asegurarse de proteger a los que ama, mientras se enfrenta ainquietantes preguntas sobre la culpabilidad, el perdón, la identidad, la lealtad, la política y el amor.

El día de la iniciación de Tris debería haber sido una celebración de la facción elegida, en cambio, el día terminó con un gran problema. El conflicto entre las facciones se intensifica y las ideologías se enfrentan.

En tiempos de guerra, se eligen líderes y los secretos afloran… cada decisión tiene mayores consecuencias más potentes.
 
Nº de páginas: 464 
Encuadernación: Tapa blanda
ISBN: 978-84-2720-318-1


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger