Participantes e premiados da categoría E: 3º e 4º de ESO II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019) |
Relato galardoado cun accésit na categoría E: 3º e 4º de ESO do II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (2019).
"FUNERAL INESPERADO" de LUCÍA ACUÑA AMIL - 14 anos - 3º de ESO.
O meu nome é Cristina, e dende sempre fun unha persoa tíma, aínda que extremadamente curiosa. Dende que era cativa gústanme os libros e as películas de terror, pero nunca pensei que a miña vida se convertería nunha delas.
Cando tiña catorce anos mudeime cos meus pais a unha casa moi preto do bosque. A min non me gustaba, pero aos meus pais encantoulles porque era un lugar moi tranquilo; aos poucos días de instalarnos, empezáronme a pasar cousas moi estrañas naquela casa: escoitaba un sons estraños que viñan do corredor e parecían dicir o meu nome, espertábame tódolos días as 3:33 da mañá...
A cada día que pasaba atopábamepeor naquela casa e o que menos me gustaba, é que os meus pais non crían nada do que lles dicía; pasaron os días e todo ía moi mal, non só non paraban de pasarme fenómenos estraños, senón que agora tamén estaba moi mal fisicamente.
Levantábame cunha dor moi forte de cabeza, e sangrábame moito o nariz, sen ningunha razón aparente, cada día que pasaba, atopábame con menos forzas, os meus pais leváronme en varias ocasións ao médico, pero non atoparon ningunha causa ao meu malestar; a situación non melloraba, seguía escoitando as voces do corredor tódalas noites, pero non só iso, había varias sombras que parecían seguirme, algunhas das miñas cousas parecían cambiar de sitio, e o peor, os últimos días encontrara unhas pegadas con sangue en dirección ao meu cuarto e cando ía a ensinarllas a miña nai, parecían desaparecer.
Unha noite de tormenta espertei com ode costume ás 3:33, pero esta vez notei que había algo mirándome fixamente, eran uns ollos vermellos como as pegadas que aparecían no cuarto días atrás. esa figura comezou a camiñar na miña dirección e nese momento comecei a gritar con todas as miñas forzas, pero parecía que ninguén podía escoitarme. De súpeto, esa figura desapareceu e naquel momento unha especia de po entroume na gorxa. Comecei a tusir pero un gran cansanzo se apoderou de min e quedei durmida ao instante.
A mañá seguinte todo parecía normal, ate que no almorzo me embargou unha sensación enorme de ira cando os meus pais entraron á cociña. Non entendía o porque desta rabia, pero a miña mente só pensaba nunha cousa: facerlles dano a eles. Sentíame moi mal porque non era capaz de quitar da miña cabeza eses pensamentos.
Co paso das horas todo parecía ir a peor. Tiña unha sensación rara, de pesadez e non podía deixar de pensar no acontecido a noite anterior. Que era aquel ser? E aquela especie de po que inhalei? Non entendía nada, decicín volver á miña habitación en canto terminei de almorzar. Necesitaba descansar un pouco a cabeza; espertei de súpeto á hora de comer e, como se algúen me empurrara, levanteime de maneira automática e fun ao baño. Era unha sensación horrible, porque non era capaz de controlar os meus movementos; non baño collín uns medicamentos que tiña a miña nai e que supostamente eran para poder durmir. Metín o bote no peto e fun ata a cociña. Alí os meus pais estaban rematando de facer a comida, e en canto a mimña nai me mirou, mandoume poñer a mesa; cando rematei de poñela, o meu pai serviu o viño nas copas, e eu como acto reflexo, aproveitando que o meu pai volvera á cociña, boteilles nas copas unhas gotas do medicamento que collera no baño. A comida transcorreu con moi pouca normalidade, os meus pais comezaron a sentir mal despois de beber uns poucos tragos, e ao pouco tempo comezaron a marearse de maneira forte. Aos poucos minutos desmaiaran no chan; aproveitei que estaban inconscientes e ateinos de mans e pés cunhas cordas que atopara uns días antes na casa.
Despois fun ata o garaxe, collín unha pa e cavei dous grandes buracos, facía todo impulsada por unha forza sobrenatural e a miña mente non era capaz de procesar todo o que o meu corpo estaba facendo.
Por iso, fun capaz de arrastrar ós meus pais ata os seus buracos; daquela fun incapaz de parar, incluso cando os meus pais espertaron metidos naquel buraco. E tampouco fun capaz de determe cando, mentres eles intentaban quitar as cordas, empecei a botarlles terra por riba, enterrándoos vivos. Cando rematei de facelo, senteime esgotada na herba e nese instante sentín como aquela sensación de pesadez que levaba sentindo días e días íase, e pouco a pouco voltei a ter control dos meus actos, pero pouco puiden facer cando mirei as dúas tumbas dos meus pais.
Esta historia cóntovola dende o hospital psiquiátrico, que é onde estou agora despois de que os veciños me atoparan intentando desenterrar os meus pais.
FIN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.