RIO ABAIXO
Autor: Luís Bugarín Pereira
Autor: Luís Bugarín Pereira
Editorial Galaxia S.A.
Colección Costa Oeste
Colección Costa Oeste
Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa
A Chiño non lle gusta moito o colexio. Prefire pelexar cos seus compañeiros ou estar co seu tío-avó, un vello cura que loita contra a venda dun monte comunal. Un día, un amigo do cura preséntalle a Chiño un home misterioso que di que vén doutra época e empeza a contar a súa vida. Chamase Adoa e foi adaíl dun pobo que xa non existe.
Rio Abaixo é unha novela de aventuras na que os tempos antigos cobran vida no relato da loita dos primitivos habitantes de Galicia, refuxiados nun castro contra o pobo invasor.
Moitos anos máis tarde no mesmo sitio, a beira do Rio Miño, os perigos son diferentes pero non menos ameazadores...
Nº de páxinas: 241
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.