RAÍZ E CANTO - II VOAR DE FONDO
NOMES PARA UNHA CRÓNICA VITAL E LITERARIA
Autor: Xulio López Valcárcel
Ilustracións: Carlota Bueno e Pedro Bueno
Editorial: Sociedad de Cultura Valle-Inclán
Ano de edición: 2014
Xénero:Narrativa
Da man de Xulio Valcárcel sabemos da problemática concepción do corpo na poética de María do Cebreiro; a obsesión metaliteraria de Ramiro Fonte, delicioso lector corsario; o activo labor de embaixador galego na lusofonía de Xosé Lois García.
Os versos de gume cortante e imaxes provovadoras de Lupe Gómez; a rebeldía liberadora e o sereno intimismo da lírica de María do Carme Kruckenberg; as lúcidas epístolas do sempre reflexivo Manuel Xosé Neira; a explosión amorosa e a pureza instintiva de Pilar Pallarés; a delicadeza e fondura humana e artística de Miguel Anxo Fernán-Vello.
O compromiso infatigable dun emprendedor como Valentín Paz-Andrade; o abalar mareiro e de afirmación feminina de Xohana Torres; o luminoso enigma de ollar interior e cicatriz que non estiña de Eva Veiga; a alta voz, sensual e toda espírito, de Luz Pozo Garza; o amplo rexistro e as infindas modulacións poéticas de Manuel María; por descontado, tamén os versos abismais, cosmopolitas e autodestrutivos dese poeta senlleiro que foi Lois Pereiro.
ISBN: 978-84-92597-31-4
Encadernación: Tapa branda.
Formato: 21 x 15 cm
Nº de páxinas: 225