sábado, 9 de maio de 2020

BOA NOITE, SONO


BOA NOITE, SONO
Autor: Anne Crahay
Edita: Grupo Editorial Luis Vives - Tambre

Xénero: Literatura Infantil en Castellano - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Este libro propón catro exercicios de relaxación, con palabras e movementos, que funcionan como pequenos rituais para prender no sono.

Cada exercicio consta de dúas partes:

-Unha introducción explicativa e práctica dirixida aos pais.

-Un texto ilustrado que detalla as sensación do exercicio, para ler cos nenos.

ISBN: 978-84-9046-329-1
Nº de páxinas: 43
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 23 cm

venres, 8 de maio de 2020

NATURIZO, UN CHEIRO PICANTE


NATURIZO, UN CHEIRO PICANTE
Autor: Alba de Evan
Ilustrador: Javier Domínguez
Edita: Ediciones Linteo, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

É un tranquilo día de verán e Naturizo descansa cando un cheiro picante invade o seu fociño. Todo está a piques de cambiar para sempre...

Descúbreo!

ISBN: 978-84-945800-5-5
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

xoves, 7 de maio de 2020

O CAN


O CAN
Autor: Monste Ganges
Ilustradora: Anna Clariana
Edita: Combel Editorial, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Zooloxía

Idade recomendada: +3 anos

Este libro axudará aos pequenos a distinguir os cans de diferentes tamaños.

ISBN: 978-84-9825-697-0
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 21,5 cm

mércores, 6 de maio de 2020

INDÓMITA E A SEMENTE DA INMORTALIDADE


INDÓMITA E A SEMENTE DA INMORTALIDADE
Autor: Álex Mene
Ilustrador: Ana Boquete
Edita: Editorial Bululú, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

"O meu nome é Indómita. Teño case trece anos e medio e estou escribindo este diario para deixar constancia das cousas que acontecen por aquí. Eu son a exploradora desta aldea sen nome."

Indómita está disposta a arriscar a vida para salvar a súa aldea, un lugar especial que mesmo podería non existir, pois até o de agora ninguén logrou entrar nin saír dela. A rapaza deberá abandonala e baixar os seus escarpados e neboentos barrancos na procura dunha solución aos males que a asolan.

O diario de Indómita, cheo de referencias a grandes clásicos da literatura infantil e xuvenil, supón unha viaxe única, a inmersión nun lugar repleto de misterios, con personaxes tan extravagantes como divertidos.

ISBN: 978-84-945494-9-6
Nº de páxinas: 83
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

martes, 5 de maio de 2020

NATURIZO, UN FOGAR PARA MARMELO


NATURIZO, UN FOGAR PARA MARMELO
Autor: Alba de Evan
Ilustrador: Javier Domínguez
Edita: Ediciones Linteo, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

O canciño Marmelo aparece na serra un día de sol de outono. Treme de frío e estraña o seu fogar. Naturizo axudarao a atopar un novo.

Conseguirano?

ISBN: 978-84-947728-7-0
Nº de páxinas: 16
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

luns, 4 de maio de 2020

LOS ESCRIBIDORES DE CARTAS


LOS ESCRIBIDORES DE CARTAS
Autor: Beatriz Osés García
Ilustrador: Kike Ibáñez
Edita: Ediciones SM

Género: Literatura Infantil en Castellano - Narrativa

Edad recomendada: +8 años

El río, o la culebra, cruza el pequeño pueblo de Noaberri. Federico, el cartero, está a punto de perder su empleo. Iria, su nieta, tiene un plan para salvarlo. Pero don Isidoro, el alcalde, odia el río y también a Federico.

Mientras las cartas se están muriendo, todos ellos guardan un secreto... ¿Adivinas cuál?

ISBN: 978-84-9182-671-2
Nº de páginas: 117
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 15,5 x 24,5

domingo, 3 de maio de 2020

UN MUNDO QUENTIÑO


UN MUNDO QUENTIÑO
Autor: Mónica Inés Varela Gestoso
Ilustrador: Amalia López Brea "Luchi"
Edita: Edicións Fervenza - Técnicas & Gramaxe, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +9 anos


Poemario infantil no que, explorando o que nos rodea descubrimos un mundo sorprendente en todo aquilo que está ao noso carón: caracois nos estantes dos libros, landras e bugallos na alfombra do salón, formigas no chineiro da cociña...

Buscamos tesouros nas cortizas das árbores, detrás das follas, nos balados...

A fada da chuvia vén a mollarnos, collemos leña para acender o lume e asamos as castañas...

Todo un mundo quentiño que descubrimos cada día e que nos permite coñecer a maxia do cotián.


Este fermoso libro de poemas expresa nas súas verbas todo o amor que se pode ter polos seres queridos. 

"Estendo as mans para acariñar o mundo
e o mundo é quentiño.
Un regueiro de formigas peitea a herba,
un paxara nunha póla espreita o ceo...
No acubillo do teu riso hai paxaros que fan niños,
na tua pel, almofada de soños.
Acariñote,
doce de amorodo e mel.
Sei que o mundo é quentiño
porque ti estás nel."

ISBN: 978-84-17094-52-2
Nº de páxinas: 52
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

sábado, 2 de maio de 2020

GUENDUFE O ANANO


GUENDUFE O ANANO
Autor: Juan Andrés Fernández Castro
Ilustrador: Gabriel Iglesias
Edita: Edicións Fervenza - Técnicas & Gramaxe, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +9 anos

Os ananos, dende épocas remotas practican nas súas fraguas o oficio do fol e da zafra, no que son extraordinariamente hábiles.

Guendufe, o protagonista, será enviado ao mundo da superficie polos seus conxéneres, onde deberá completar a súa formación na casa dun Ferreiro. Alí vivirá grandes aventuras e encontrará a amizade.

ISBN: 978-84-17094-41-6
Nº de páxinas: 44
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 22,5 cm

venres, 1 de maio de 2020

NATURIZO, O RETORNO DAS FLORES


NATURIZO, O RETORNO DAS FLORES
Autor: Alba de Evan
Ilustrador: Javier Domínguez
Edita: Ediciones Linteo, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Na primavera volve a vida á serra. Cando esta se enche de xente, Naturizo e Amelia deben investigar por que.

Que serán os maios?

Ven a descubrilo!

ISBN: 978-84-945800-6-2
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

xoves, 30 de abril de 2020

RECEITAS PEQUERRECHAS


RECEITAS PEQUERRECHAS
Autor: Rocío Garrido Caramés
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Ciencias Aplicadas - Economía doméstica

Idade recomendada: +9 anos

50 receitas para que a cativada da casa se fagan chefs de primeira.

Velaquí receitas saborosas para que as nenas e os nenos fedellen na cociña e experimenten cos alimentos.

Propostas moi doadas de facer para pasar agradables momentos na cociña en familia.

Quen sabe se, a partir do que aprendan aquí, terminan facéndose recoñecidos cociñeiros dignos dunha estrela (ou dúas!) Michelin.

Pero aínda que iso non pase, o que queda garantido son momentos moi doces, como as sobremesas que aquí se atopan, e moi alimenticios, co mollo de pratos que Rocío, a cociñeira máis divertida de Galicia, nos propón dentro deste gorentoso menú!

ISBN: 978-84-9151-260-8
Nº de páxinas: 111
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 19,5 x 23,5 cm

mércores, 29 de abril de 2020

RUSKY TE CUENTA "LA CASA DE LOS BESOS"



Hoy es un día muy especial para la Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos- y para todos sus amigas/os, socias/os e usuarias/os ya que nuestra amiga Ruth Galindo, acompañada de su marioneta ITí, ha grabado en video el cuento "LA CASA DE LOS BESOS" de la autora Claudia Bielinsky editado por Edelvives y se lo ha dedicado al Concello de Pazos de Borbén y, en especial, a los usuarios de BiblioPazos.

Ruth Galindo es escritora, titiritera, animadora cultural y Directora de la Biblioteca Pública Municipal de Híjar-Las Gabias (Granada). Es la autora del libro "Los cuentos de ITí" editado por Ediciones Dauro en el año 2014.

Como muchos de vosotros recordareis ITí es una marioneta, una hermosa criatura que ha venido desde un universo lejano. Todos los seres fantásticos de la tierra la llamaron para que nos enseñara a los humanos las maravillas de nuestro mágico planeta. Y digo lo de recordareis porque durante los días 6 al 10 de junio del año 2017 Ruth Galindo estuvo haciendo una gira por los ayuntamientos de Pazos de Borbén, Redondela y Soutomaior gracias a la colaboración mutua de las bibliotecas de estos tres ayuntamientos en un programa conjunto de animación a la lectura.

Podéis ver todos los cuentos de Ruth Galindo (Rusky) en su canal de Youtube o en su página de Facebook en los siguientes enlaces:



Gracias Ruth Galindo (Rusky) por el gran trabajo de animación a la lectura que estás realizando en la Biblioteca de Híjar-Las Gabias, con los niñ@s de las estrellas y a través de las redes sociales para que todos los niños y niñas de tu municipio, de Pazos de Borbén, del mundo, y los que te seguimos en las redes pasemos de la mejor forma este confinamiento por culpa del COVID-19.

Un fuerte abrazo desde Pazos de Borbén donde te recibiremos siempre con los brazos abiertos.

A COMER... ¡CON LOS MONSTRUOS!


A COMER... ¡CON LOS MONSTRUOS!
Textos e ilustraciones: Agnese Baruzzi
Edita: Editorial Vicens Vives, SA

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +3 años

Este vistoso y divertido libro enseñará a los niños a reconocer los números del 1 al 10.

¡Consigue un tenedor y siéntate a la mesa con los monstruos y sus diferentes y extraños bocados!

ISBN: 978-84-682-5084-7
Nº de páginas: 24
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 23 cm

martes, 28 de abril de 2020

VASOIRAS BARREIRO


VASOIRAS BARREIRO
Autor: Francisco Álvarez "Koki"
Ilustrador: Antonio Rodríguez "Cachi"
Edita: Edicións Fervenza - Técnicas & Gramaxe, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +7 anos

Vasoiras Barreiro, é un tándem infantil de tres nenos que fan un soño real, como nas películas de aventuras que ollan na televisión.

Migración dos máis necesitados, bancos que estafan a xente. Ladróns sen conciencia que non contan coa inxenua xustiza de tres nenos que non teñen outro interés que un mundo mellor: Unha vasoira que barre todo e un motor Barreiro, o mellor motor do mundo, que chega ata o creo e convirte un soño nunha realidade.

ISBN: 978-84-17094-39-3
Nº de páxinas: 50
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 16,5 x 23,5 cm

luns, 27 de abril de 2020

FRIDA KAHLO


FRIDA KAHLO
Autor: Mª Isabel Sánchez Vegara
Ilustradora: Gee Fan Eng
Edita: Alba Editorial, SLU

Género: Literatura Infantil en Castellano - Biografía

Un nuevo título de Pequeña&GRANDE, la colección de cuentos con la que niñas y niños descubrirán quiénes eran y que lograron las figuras más destacadas del arte, la ciencia, la literatura, el deporte, la música, la filosofía...

Personas únicas y maravillosas de las que aprender y con las que identificarse. Mujeres y hombre que, como Frida, convirtieron un pequeño sueño en una gran historia.

ISBN: 978-84-9065-081-3
Nº de páginas: 28
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 24,5 cm

domingo, 26 de abril de 2020

U LA LÚA?


U LA LÚA?
Autor: Celtia Figueiras
Ilustrador: Marcelo P. Fernández
Edita: Guindastre Edicións

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Libro ilustrado con letra ligada para favorecer a lectura en nenas e nenos coa historia da pequena Lúa.

Esta gatiña lévanos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

ISBN: 978-84-09-04755-0
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 21 x 21 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger