Relato titulado "Quero coñecerte" de Antía Cernadas Alfonso - 10 anos - 5ºA de primaria.
Premiados da categoría C: 5º e 6º de Primaria co Sr. Alcalde, a Concelleira de Cultura e varios membros do xurado do certame |
Galardoado cun accésit na categoría C: 5º/6º de Primaria.
No ano 2000 naceron unhas xemelgas, Alicia e Diana.
Alicia era alta, tiña o pelo louro e os ollos azuis. Diana era alta, o pelo castaño e os ollos marróns.
Cando só tiñan nove meses déronas en adopción. Adoptáronas unha parella chamada Carmen e Carlos. Os pais biolóxicos déronas en adopción porque non tiñan cartos para mantelas, nin lle podían dar un futuro adecuado.
Carmen e Carlos eran de cartos. Tiñan unha casa enorme, con oito habitacións, dúas asistentas e un porteiro. Tiñan a vida soñada de moita xente.

Cando empezaron en quinto de primaria querían escapar a buscar aos pais biolóxicos pero eran moi pequenas. Cando cumpriron os quince buscaron información sobre seus pais, e mentres facían isto Carmen e Carlos estaban de viaxe.
Unha noite baixaron ao despacho e puxéronse a buscar. Elas quedaron coas asistentas.
Buscaron e buscaron a carpeta coa información e despois dun bo rato atopárona. Mentres a collían caiulle outra, e fixo moito ruído. As asistentes baixaron correndo, as nenas escondéronse nun armario. As mulleres que baixaron e non viron nada foron outra vez para a cama.
Diana e Alicia subiron a súa habiación e planearon escapar mañá pola mañá, pero había un problema, as asistentas! Planearon escapar decíndolles que podían ir de vacacións. As mulleres creéronas e marcharon.
Na información puña isto:
María Álvarez Soto e Manuel Couñago Rodríguez. Viven en Larín. Na casa número 15b.
Colleron o tren e foron rumbo a Larín. A viaxe pasóuselles voando xa que quedaron durmidas.
Larín era un pobo que quedaba a dúas horas donde elas vivían. Era un pobo pequeno. Empezaron a buscar a casa número 15b. Despois dun bo rato camiñando atopárona e gritaron: "María, Manuel!".
A parella saíu asustada e tardaron en reaccionar, pero cando o fixeron empezaron a chorar. Déranse conta que eran súas fillas, as que non habían visto fai 15 anos. Invitáronas a pasar e cando entraron falaron, falaron da súa vida, a vida duns pais e dunhas fillas, separados. Chegou a hora de marchar. As nenas dixéronlle que non sabían como pero que iban a axudalos.
Chagaron a casa e os días pasaron ata que volveron Carlos e Carmen. As nenas dixeron que tiñan que contratar outras asistenta e outro porteiro. Os pais preguntaron porque e contestaron porque estes non lles gustaban. Os pais aceptaron. Como eles non coñecían a Manuel e a María dixéronlles que contrataran xa a dúas persoas; unha asistenta e un porteiro. Que elas xa fixeran entrevistas cando eles estaban de viaxe.
Inventáronse nomes para Manuel e María por si acaso se acordaban. Puxéranlles Verónica e Hugo. Deixaron de vivir na casa de antes e viviron con suas fillas. E así foi como a fammilia estivo xunta.
FIN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.