A Dina lle encantaba ler, e tódolos días ía ao bar que estaba en fronte da súa casa a ler o periódico e a xogar as cartas cos señores maiores aos que ela chamaba avós, aínda que non o foran, ela os consideraba parte da familia.
Dina tiña un can chamado chispas, o cal acompañabaa a todas partes, era un fiel compañeiro. Mágoa que un día Dina e o seu can Chispas tiveron que marchar do seu fogar, debido a un tema de traballo dos seus pais, Lía e Andrés.
A Dina lle custou un montón despedirse dos seis avós, xa que eran os seus únicos amigos. Chispas, tamén tiña bastantes amigos, ¡se ata tiña noiva! chamábase Canela, era a cadeliña da casa da esquina, aínda que non pensou que non a volvería a ver, cría que só ían a dar unha volta e voltarían. Chispas sempre foi un can moi inocente, pero tamén moi fiel e protector coas persoas que coñecían.
Mentres ían de camiño ao novo pobo, Dina colleu unhas fotos dos seus avós porque sabía que moi probablemente non os volvería a ver, debido a súa idade.
-Os meus pais son persoas sen sentimentos- dicía entre bágoas. Dina só tiña seis anos e aínda non era o suficientemente adulta coma para saber que fora unha decisión moi importante para eles, só pensaba que eran persoas sen sentimentos.
Ao chegar ao pobo, saltaba á vista que estaba moi desolado, non se vía a ninguén pola rúa só gatos callexeiros aos que Chispas lle tiña moitas ganas, e non ganas de xogar.
De súpeto Lía, a nai de Dina gritou:
-Freaaaaaaaaaaaaaaa!
Andrés, o pai, lle preguntou: que pasa?! -Lía indicou co dedo un neno tiredo no medio da estrada, todos quedámonos atónitos, pero Chispas, aproveitou para saltar pola fiestra do coche e correu cara ó neno, lle comezou a lamber a cara e conseguiu espertalo.
O neno preguntou: pero, que facedes aquí?! Non vedes que estou durmindo?!
Os pais de Dina quedaron loucos, como pode ser que durmira no medio da estrada?
Dina pensou: Cada un ten os seus gustos.
Todos volveron ao coche excepto Chispas, que tiña moitas ganas de correr, así que atáronlle un extremo dunha corda moi longa ao colar e o outro extremo ao coche. Pasouno pipa.
-Ao fin chegamos- dixo Andrés- Fora unha viaxe moi longa, pero xa estamos na nosa casa.
Dina desatou a Chispas, colleu o seu equipaxe e marchou cara a súa habitación. Era bastane máis pequena ca da súa antiga casa, pero tiña unha cor amarela que lle encantaba.
Lía díxolle a Dina que había unha biblioteca enorme, chea de libros con historias por descubrir, pero, cando chegaron, levouse unha desilusión tremenda, estaba pechada, ademais, había un cartel que poñía: prohibido cans, así que Dina descartou a biblioteca, xa que nunca deixaría ao seu mellor amigo só por un par de libros de pacotilla. Aínda que no fondo, Dina quería ir, aínda que só fora un momento.
Ao día seguinte, Dina e os seus pais marcharon camiño ao seu novo colexio. A encher uns papeis.
O importante foi que había uns nenos no patio, así que Dina acercouse a eles e dixo: -Ola!, ninguén lle contestou así que volveu a dicir: -Ola!
Coma ninguén lle devolveu a palabra, deuse a volta e pensou: Esa nena que hai alí é idéntica a min, así a simple vista a única diferenza que lle vexo a esa cicatriz tan grande que ten na cabeza...
De súpeto, a nena agarroulle do ombro e lle dixo: Ola Dina! -cunha voz tenebrosa. Dina quedouse louca, como podía ser que aquela nena soubese o seu nome, sería unha coincidencia?
- Non, non é ningunha coincidencia, o sei todo de ti.- Dixo a nena.
Como pode ser, se non falei contigo na miña vida?
- Porque eu son ti e ti es eu.
De súpeto apareceu ao carón dos seus pais. Dina pensou: -Seguro que é o cansancio, seguro.
Esa mesma noite, Dina estaba xa na cama e de detrás da porta, saíu un gran bicho negro, tiña os ollos coma os dun gato e dunha cor amarela que se vía na escuridade.
O gran bicho, mirou fixamente a Dina e acerouse a ela, lle agarrou un pé e llo comezou a apretar, cada vez máis forte, Dina quedouse atónita non cría o que estaba vendo. Intentou espertar a Chispas, que estaba ao seu carón, pero foi imposible, estaba coma un tronco. Así que morta de medo, deu un tirón seco e conseguiu desprenderse do gran bicho, correu pola casa aterrorizada e coma era nova e non a coñecía, tropezou cunha mesa que había no salón.
Espertou no hospital, e os seus pais abrazárona, pensaban que morrería, pois tiña unha brecha na cabeza bastante grande. Dina lles contou o sucedido, e de súpeto os seus pais comezaron a sorrir de unha forma sobrenatural e dixeron: che quedarás aquí para sempre, connosco, ha, ha, ha...
Dina pensou: Ao mellor aquela nena que se parecía tanto a min, son eu, pero como o pode saber?
Dina, aterrorizada deu un grito de desesperación.
De súpeto, Dina apareceu na súa casa vella, non o cría, fora un soño.
Baixou as escaleiras correndo, e saíu da súa casa. Cruzou a estrada sen mirar (por sorte non pasou ningún coche) entrou no bar chorando e atopou a Chispas, coa súa noiva Canela, xogando.
Pero o máis importante, estaban os seus avós! Correu cara eles e lles deu moitas apertas.
Dina volveu a ser feliz cos seus avós.
FIN.