martes, 13 de xaneiro de 2026

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO VII CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN


O pasado Xoves día 18 de decembro de 2025 ás 11:15 e 13:00 horas tivo lugar no Auditorio do Concello o acto de entrega de premios do VII CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN no que participaron 149 persoas, todas elas escolares do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, da EEI "A Galeriña" de Nespereira e usuarios da Asociación ASPAVI.

O acto estivo presidido polo Alcalde-Presidente do Concello Xosé Luciano Otero Camiña e nel contouse coa presenza da concelleira de Cultura Mª Victoria Couñago Corujeira e dos membros do xurado Mª Eugenia Porritt Lueiro, Manuel González Pastoriza, Andrea Barreira Freije, Miguel Angel Alonso Diz e José Manuel Soto Virulegio.

Iniciouse a gala ás 11:15 horas coa intervención da mestra do CPI "Curros Enríquez" de membro do xurado Mª Eugenia Porritt Lueiro quen lles deu a benvida aos asistentes agrandecéndolles a súa participación nesta 7ª edición do certame comentándolles ademais que o xurado gozou moitísimo vendo os debuxos e lendo os relatos presentados ao concurso.

Mª Eugenia Porritt Lueiro mestra do CPI "Curros Enríquez"
durante a súa intervención

Finalizada esta intervención iniciouse a lectura polo Secretario do Xurado á lectura da relación de galardoados nesta VII edición do Certame:

CATEGORÍA B: EDUCACIÓN INFANTIL 
(Para ver os traballos premiados facer CLIC nos títulos)

Participantes da categoría de Educación Infantil co xurado, profesorado e autoridades

O PRIMEIRO premio foi outorgado ao traballo titulado AS VOCES DAS PEDRAS presentado baixo o pseudónimo de “O LOBIÑO” por RAÚL AMOEDO MARTÍNEZ, estudante de 6º de Educación Infantil.

1º Premio categoría Infantil entregado a Raúl Amoedo Martínez
pola escritora Andrea Barreira Freije

O SEGUNDO premio correspondeu ao traballo titulado MORCEGO DAS HISTORIAS DE MEDO e o pseudónimo “MOMIA” presentado por ENZO GÓMEZ BOUZÓN, estudante de 6º de Educación Infantil.

A mestra do CPI Mª Eugenia Porritt Lueiro entrega
o 2º Premio a Enzo Gómez Bouzón

O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría aos traballos seguintes:

Traballo titulado FRANKESTEIN E A PANTASMA SE SAÚDAN e o pseudónimo de “FANTA” presentado por ABEL GIL RODRÍGUEZ, estudante de 6º de Educación Infantil.

Traballo titulado NON Á VIOLENCIA e o pseudónimo de “TINTIÑO” presentado por MARTÍN BARRAL MELIO, estudante de 4º de Educación Infantil.

Traballo titulado PETROGLIFOS DE AMOEDO e o pseudónimo de “CAPITAN AMIGO” presentado por GAEL COUÑAGO SOMOZA, estudante de 6º de Educación Infantil.

Traballo titulado COIDANDO A NATUREZA BEN e o pseudónimo de “LÁPIZ” presentado por DYLAN BOUZÓN DOPAZO, estudante de 6º de Educación Infantil.

Traballo titulado ARCOIRIS e o pseudónimo de “ASLY” presentado por KAYLA LÓPEZ RODRÍGUEZ, estudante de 6º de Educación Infantil.

Entrega de premios aos galardoaos con accésits na Categoría de Educación Infantil

Unha vez finalizada a entrega aos premiados chamouse un por un ao resto dos participantes para entregarlles a cada un deles un Diploma acreditativo da súa participación no Certame e un libro de agasallo e tamén varios lotes de libros para as aulas do alumnado participante.

Entrega de lotes de libros ás aulas de Educación Infantil

CATEGORÍA C: 1º E 2º DE PRIMARIA
(Para ver os traballos premiados facer CLIC nos títulos)

Participantes da categoría de 1º/2º de Primaria co xurado, profesorado e autoridades

PRIMEIRO premio foi outorgado ao traballo titulado O GATO ESPECIAL e o pseudónimo de “LUNA” presentado por CINTHIA DOPAZO PÉREZ, estudante de 2º de Educación Primaria.

O Alcalde entrega o 1º Premio da categoría C:
1º/2º de Primariaa Cinthia Dopazo Pérez

SEGUNDO premio correspondeu ao traballo titulado A FOLLA VOADORA e o pseudónimo de “SUPERPOLIÑO” presentado por ANA RODRÍGUEZ IGLESIAS, estudante de 1º de Educación Primaria.

Ana Rodríguez Iglesias recibe o 2º Premio que lle entrega o
mestre Manuel Gonzalez Pastoriza
Nesta categoría o xurado considerou premiar con accésit aos traballos seguintes:

Traballo presentado baixo o título “O OURIZO DE ALGODÓN” e o pseudónimo de “SPIDERMAN” da autoría de ENZO FREAZA GONZÁLEZ, estudante de 1º de Educación Primaria.

Traballo presentado baixo o título “A TORMENTA E O LEOPARDO” e o pseudónimo de “CHARMANDER” da autoría de ROI ÁLVAREZ CASTRO, estudante de 1º de Educación Primaria.

Traballo presentado baixo o título “UNHA XOANIÑA E UN PAXARO” e o pseudónimo de “LARA” da autoría de MELANIA RODRÍGUEZ OLARTE, estudante de 2º de Educación Primaria.

Traballo presentado baixo o título “O NENO QUE SALVOU O MAR” e o pseudónimo de “LEÓN” da autoría de ALEJANDRA CASTRO LUSQUIÑOS, estudante de 2º de Educación Primaria.

Traballo presentado baixo o título “O PORQUIÑO BAIXIÑO” e o pseudónimo de “ROSI” da autoría de EMMA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, estudante de 2º de Educación Primaria.

Entrega premios aos galardoados con accésits categoría C: 1º/2º Primaria

Ao final da lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes non premiados na categoría para facerlles entrega dos seus diplomas e libros de agasallo; e entregouse tamén uns lotes de libros para as aulas correspondentes.

Entrega lotes de libros as aulas de 1º/2º Primaria

CATEGORÍA D: 3º E 4º DE PRIMARIA
(Para ver os traballos premiados facer CLIC nos títulos)

Participantes da categoría D: 3º/4º de Primaria co profesorado, xurado e autoridades

PRIMEIRO premio correspondeu ao traballo presentado baixo o título “O MISTERIO DA FONTE DE DÚAS CARAS” e o pseudónimo de “RIFO” presentado por LUCAS RIVAS FONTÁN, estudante de 4º de Educación Primaria.

O Alcalde entrega o 1º Premio a Lucas Rivas Fontán

SEGUNDO premio foi para o traballo presentado baixo o título "A BRUXA E O ESQUELETO"  e o pseudónimo de “BRUXA” presentado por ARIADNA RAMÍREZ PÉREZ, estudante de 4º de Educación Primaria.

Entrega do 2º Premio a Ariadna Ramírez Pérez polo
escritor Miguel Anxo Alonso Diz

O xurado premiou con accésit nesta categoría aos traballos seguintes:

Traballo titulado “OS CHICOS PODEN TER FALDA” e o pseudónimo de “GARNACHO” presentado por LUCA DA SILVA JUAN, estudante de 3º de Educación Primaria.

Traballo titulado “A BRUXA BOA” e o pseudónimo de “MARGARITA” presentado por ELENA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, estudante de 4º de Educación Primaria.

Traballo titulado “O TESOURO DO MONTE DE SEQUEIROS” e o pseudónimo de “O GALEGO 18” presentado por RAÚL CARRERO MARTÍN, estudante de 4º de Educación Primaria.

Traballo titulado “O MOUCHO QUE CREÍASE UN CORVO” e o pseudónimo de “CAROL” presentado por CAROLINA LAGO CAMIÑA, estudante de 4º de Educación Primaria.

Traballo titulado “A CUCARACHA PASTELEIRA” e o pseudónimo de “IAGO ASPAS” presentado por ANXO FRAGUEIRO OTERO, estudante de 4º de Educación Primaria.

Entrega de premios aos galardoados con accesits da categoría D: 3º e 4º de Primaria

Unha vez entregados os premios nesta categoría procedeuse a chamar ao resto de participantes non premiados para entregarlles os seus diplomas e agasallos. Entregáronse tamén uns lotes de libros para as aulas.

Entrega de lotes de libros para as aulas de 3º e 4º de Primaria

Nos próximos días seguiremos publicando as novas coa información da entrega de premios do resto de categorías que se presentaron ao certame.

Este evento enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2025 "OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA E CERTAME DE RELATO CURTO" organizado pola Biblioteca Pública Municipal e que conta coa financiación do Concello de Pazos de Borbén e do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger