ONDE OS ALACRÁNS
Editorial: Deputación de Pontevedra
Colección: Cíes
Xénero: Literatura en Galego - Poesía
O obradoiro é a terceira edición dun encontro, ideado por Yolando Castaño, que reúne durante unha semana a sete poetas, seis de fóra de Galicia, co obxectivo de traduciren reciprocamente unha selección de poemas a través do inglés.
En 2014 por orde alfabética, Alvin Pang, de Singagur; Catharina Gripenberg, de Finlandia; Cosmin Perta, de Romanía; Karlis Verdins, de Letonia, Katerina Rudcenkova, da República Checa; Leire Bilbao, do País Vasco; e Marilar Aleixandre, de Galicia; ademais de Yolanda Castaño, a nosa coordinadora. Aínda que nalgúns casos a lingua orixinal dos poemas pode ser obvia, cómpre sinalar que Alvin Pang escribe en inglés e chinés -e foi a esta segunda lingua á que traduciu os poemas dos demais- e que Catharina Gripenberg pertence á minoría finesa de fala sueca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.