Continuamos informando das actividades que forman parte do programa de animación á lectura e dinamización do uso da lingua galega para o último cuadrimestre deste ano 2022 organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén “BiblioPazos” e que complementan á convocatoria do “IV CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN”.
Seguindo coa nosa programación e obxectivos; e para animar á escrita en galego a todo o alumnado organizamos varios "OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA".
Nel participará todo o alumnado de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e terá lugar nas instalacións escolares en seis sesións dunha duración de hora e media cada unha nas seguintes datas e horarios:
Martes, 27 de setembro:12:30 a 14:00 - 1º de PrimariaMércores, 28 de setembro:12:30 a 14:00 - 2º de PrimariaXoves, 29 de setembro:09:30 a 11:00 - 3º de Primaria11:00 a 12:30 - 4º de PrimariaVenres, 30 de setembro:09:30 a 11:00 - 5º de Primaria11:00 a 12:30 - 6º de Primaria
O obradoiro está concibido coma un xeito de estruturar e dar forma aos procesos de creación que teñen lugar na forma de afrontar o proceso da escrita do escritor que os imparte.
A múltiple condición de escritor-poeta, conta contos e docente fai que xogue con diversas variables: o uso da palabra, a inclusión de elementos (que da en chamar de contada), as imaxes e as actividades asociadas ao libro dirixidas a reforzar a mensaxe que se desexa transmitir á rapazada. Na maioría das veces actividades que buscan fomentar a creatividade, o amor pola arte en xeral e pola lingua galega.
Todas estas variables xogan un papel relevante no intre de pórse diante da folla en branco.
O obradoiro que está pensado para os escolares e cada sesión está adaptada non só a idade senón tamén ao grupo, persegue os obxectivos que se indican a continuación e estrutúrase nos niveis que se detallan:
- Incentivar a creatividade.
- Estimular a creación de historias vencelladas co noso contorno.
- Dar a coñecer diferentes propostas narrativas: narrativa breve, relato curto, microrrelato, prosa poética ou conto.
- Asociar a escrita ao xogo.
- Enlazar elementos escritos e de narración visual.
- Conectar a escrita e a narración oral.
- Incentivar a lectura como motor da escrita.
- Iniciar no xogo das palabras.
- Escribir como ferramenta de expresión dun mesmo.
- Fomentar o uso da lingua galega.
- Pequenas historias.
- Narrar a través da imaxe.
- O cómic. A idea.
- Un pequeno guión.
- A palabra e a imaxe.
- Xogo da escrita.
- Cazadores de ideas.
- O nacemento dos personaxes.
- Un mundo en menos de 200 palabras.
- O título.
- Unha pequena gran historia.
- Ser creativos? Exercicio da "pedra".
- Técnicas de escrita.
- O binomio fantástico.
- Comezamos a contar.
Esta actividade enmárcase no programa de "Obradoiros e Certame de Creación Literaria" do Proxecto de Actividades de Dinamización da Lingua Galega da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra.
Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.