venres, 27 de setembro de 2019

FIN DE POEMA


FIN DE POEMA
Autor: Juan Tallón
Edita: Edicións Sotelo Blanco

Xénero: Literatura Galega - Narrativa.

Fin de Poema  afonda no derradeiro día de vida de Cesare Pavese, Anne Sexton, Gabriel Ferrater e Alejandra Pizarnik, tecendo un relato fragmentario e desordenado sobre as vidas dos catro poetas. As súas existencias acurraladas pola desesperación confiren unidade ao caos no que o autor organiza cada historia, ata compoñer un friso das pantasmas que roen a cada un dos protagonistas.

Todos levan algo dentro do que non conseguen fuxir. Lonxe de ser unha novela sobre e suicidio e morte, Fin de Poema é un relato sobre a fenda do poeta que un día fica en silencio, acabado, sen versos aos que agarrarse, e ese baleiro propicia a súa fin.

ISBN:978-84-7824-634-2
Nº de páxinas: 134
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 14 cm




mércores, 25 de setembro de 2019

TECENDO PANOS


TECENDO PANOS
Autores: Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé Luís Álvarez, Manuel Riveiro Loureiro e David Pérez Iglesias.
Edita: Edicións Laiovento.

Xénero: Literatura Galega - Narrativa.

Tecendo Panos reúne nas súas páxinas os catro relatos galardoados no Certame de Narración Breves "Manuel Murgía" nas suas VII e VIII convocatorias (1998-1999), concurso que convoca anualmente o Concello de Arteixo e que coordina desde a súa creación en 1991 o escritor Henrique Rabuñal, tamén responsábel da edición desde libro. Este volume sumase aos intitulados relatos (1995) e Airadas de palabras (1998) editados tamén por Laiovento.

Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé Luís Álvarez, Manuel Riveiro Loureiro e David Pérez Iglesias, son autores xa coñecidos dos lectores que nos brindan, desde estéticas e perspectivas complementarias, unha nova oportunidade de desfrutar da maxia concentrada e sublime de que se nutre o relato breve.

ISBN: 84-89896-71-2
Nº de páxinas:124
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 14 cm



luns, 23 de setembro de 2019

VERBAS DE CHUMBO


VERBAS DE CHUMBO
Autor: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Edita: Edicións Sotelo Blanco

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Escrita durante a Guerra Civil española, o texto apareceu no xornal que os exiliados galegos publicaban en Madrid, Nova Galicia, entre xullo de 1937 e setembro de 1938, co título de Verbas de Chumbo, excepto a primeira que apareceu co título Nós.

Estes textos publicaronse de novo en Nova Galicia de Barcelona tamén entre os anos 1937 e 1938. Castelao pensou en publicar un libro con estes textos co título Verbas de Chumbo, pero o desarrollo da guerra impedíu que se editara. Tras a derrota da República, Castelao modificou o texto para acomodalo a nova situación política.

O libro xira arredor do problema político galego e da sua resolución, a consideración de Galicia como nación e o repaso ao posicionamiento dos diferentes grupos políticos ante o problema nacional e analiza as ventaxas dunha república federal, a historia do galeguismo e do Estatuto.

ISBN: 84-7824-129-9
Nº de páxinas: 214
Encadernación: Tapa branda
Formato: 19 x 13 cm



sábado, 21 de setembro de 2019

MAXINA OU A FILLA ESPÚREA

MAXINA OU A FILLA ESPÚREA
Autor: Marcial Valladares
Edita: El Correo Gallego.

Xénero: Literatura Galega - Narrativa.

Maxina ou a filla espúrea é unha novela de Marcial Valladares Núñez.

Públicada en 1890 (pero editada en forma de folletín ao longo de 1880 e cuyo manuscrito data de 1870), se trata da primeira novela en língua galega.

Maxina (Título co que se a coñece abreviadamente) é unha novela romántica, de asunto contemporáneo, con episodios truculentos e trama folletinesca, que termina cun desenlace sorprendente.

ISBN: 84.85553.36
Nº de páxinas: 93
Encadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 15 cm


GALEGAS NO MUNDO con OS PIÑEIRIÑOS


Por último e para rematar as actividades deste mes teremos con nós o Venres día 27 de setembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello a ANDREA VÁZQUEZ acompañada dos irmáns Fuco e Xela "OS PIÑEIRIÑOS" co seu espectáculo "GALEGAS NO MUNDO" a través do que queremos facer visibles as figuras de diversas mulleres galegas referentes na nosa historia, poñer en valor os seus méritos e transmitir valores fundamentais para educar en igualdade e salientar os aspectos máis relevantes da nosa cultura Galega.

Nesta ocasión participaran neste evento os alumnos de 1º a 4º de Primaria e Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os da EEI "A Galeriña" de Nespereira, xunto con algúns usuarios da Asociación ASPAVI.

Esta actividade enmarcase no programa de narración oral para a promoción e dinamización da lingua galega promovido pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal e patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Entrada de balde ata completar o aforo do local. 
Obrigatoria inscrición previa no teléfono da Biblioteca nº 986 497 273

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!

xoves, 19 de setembro de 2019

SETE PALABRAS


SETE PALABRAS
Autor: Suso de Toro.
Edita: Edicións Xerais de Galicia

Género: Literatura Galega - Narrativa

Esta novela tómanos da man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dos humildes onde se acrisolan os diferentes xéneros literarios para achegarnos a esencia da vida. 

O autor fainos pasar da reflexión ao sorriso, con bravura e con ternura, atopando nas experiencias da pobreza e da vida máis humilde as referencias primeiras que fundan a cultura occidental. Os lectores e lectoras agardan que Suso de Toro corra riscos con cada libro e afronte novos desafíos estéticos e temáticos. Esta novela sorprendente non defrauda estas expectativas xa que o autor, como fixera en Polaroid, Tic-Tac ou Trece Badaladas, traza unha nova fronteira literaria.

ISBN: 978-84-9914-029-2
Nº de páxinas: 317

Encuadernación: Tapa Blanda
Formato: 22 x 14 cm




IGUAIS, DIFERENTES


Continuamos coas actividades de animación á lectura, esta vez con outra actividade enmarcada no programa LER CONTA MOITO que se realizará o Mércores 25 de setembro, ás 13:00 horas na Sala de Lectura de BiblioPazos.

Nesta ocasión contaremos con Manuel Solla Barragáns de Expresión producións que nos traerá o espectáculo "IGUAIS, DIFERENTES" para promover a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero.

"Para tomar conciencia de que somos iguais cos mesmos dereitos e deberes o mellor é facelo de forma lúdida, amena e divertida coa axuda dos contos, xogos, a maxia e a participación."

Nesta ocasión están convidados a participar desta actividade os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

VEN A BIBLIOPAZOS A PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES!

martes, 17 de setembro de 2019

CÍRCULO


CÍRCULO
Autor: Suso de Toro.
Edita: Edicións Xerais de Galicia.

Xénero: Literatura Galega - Narrativa.

Círculo é un libro continuo e pechado sobre si mesmo, como a serpe Uroboros que se morde o rabo, e que encerra o mundo terrible e maravilloso, múltiple e repetido. Un libro como unha burbulla, un vaso hermético que contén nun éter de melancolía as historias que forman o argumento da vida.

Círculo reflicte o transcorrer do tempo, a vida que acepta a existencia da morte dentro de si.

Círculo é tamén o retorno de Nano, ese parvo lúcido que coa súa ollada melancólica e desconcertante ilumina ángulos escuros da existencia. Con esta obra, Suso de Toro sorpréndenos unha vez máis, consegue outra volta de torca e vólvenos a atrapar no seu mundo tecido cos fíos invisibles de emocións profundas e perturbadoras

ISBN:84-8302-317-2
Nº de páxinas: 239
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 14 cm



domingo, 15 de setembro de 2019

UNHA POUCA DE CINZA


UNHA POUCA DE CINZA
Autor: Suso de Toro
Edita: El Correo Gallego

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Nas páxinas de Unha Pouca de Cinza está Santiago na súa historia pasada e no seu presente, na súa dimensión de capital política, cidade universitaria e espazo cotián de xentes anónimas. Rúas, prazas, lugares diversos: escenografía urbá, santiaguesa, poboada de figuras habita nestas páxinas. De entre elas, "Aquí somos así, positivamente", semella contar entre o mellor que ofrece o narrador. Un narrador de hoxe, cada vez con mais oficio no seu labor, dotado dunha intensa forza expresiva, dunha prosa viva, ateigada de coloquialidade. Un escritor que está a acadar a súa madurez, que está a anovar espacios, temas e linguaxe na narrativa galega. Un escritor con proxección de futuro desde un presente no que é unha interesante realidade. Pero podemos agardar moito maís del. É agardámolo.

ISBN:84.85553.112
Nº de páxinas: 92
Encadernación: Tapa branda

Formato: 21 x 15 cm


sábado, 14 de setembro de 2019

OS CAZATESOUROS DA REDE - Intérnate no mundo dixital


Continuamos coa programación de actividades de Animación á Lectura e o Venres 20 de setembro, contaremos cunha nova actividade impartida polos monitores de EDUVÍA Xestión, Cultura e Lecer S.L., que baixo o título "OS CAZATESOUROS DA REDE" fará que nos internemos no mundo dixital para conseguir atopar as pistas dun mapa que nos levarán a atopar un tesouro.

Este divertido xogo de pistas promove a aprendizaxe a través de internet dunha forma lúdica e segura.

Realizarase na Aula de Informática de BiblioPazos ás 13:00 horas e a ela están convidados os alumnos de 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Esta actividade enmárcase no programa de dinamización lingüística no medio natural e novas tecnoloxías para a promoción e dinamización da lingua galega promovido pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal e patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

VEN A BIBLIOPAZOS A PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES!

LA VOZ SOLA


LA VOZ SOLA
Autora: Ana María Martínez Sagi
Edita: Fundación Banco Santander
Colección: Obra Fundamental

Género: Literatura en Castellano - Poesía - Crítica Literaria.

Fundación Banco Santander pretende contribuir al ámbito literario redescubriendo y recuperando, a través de la colección Obra Fundamental, a aquellos escritores contemporáneos en lengua española a los que la desmemoria histórica injustamente ha conducido al olvido, siendo casi imposible por diferentes razones encontrar actualmente su obra publicada. En este caso nos referimos Ana María Martínez Sagi.

El escritor Juan Manuel de Prada realiza esta edición antológica como revindicador de la figura de esta deportista, feminista y escritora olvidada, que recuperó hace ya dos décadas en su novela las Esquinas del Aire.

ISBN: 978-84-17264-10-9
Nº de páginas: 602
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 17 cm


venres, 13 de setembro de 2019

NOVE CONTOS


NOVE CONTOS
Autor: Jerome David Salinger
Edita: Sotelo Blanco Edicións

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Nove contos é unha colección de relatos curtos do escritor estadounidense J. D. Salinger.

O libro inclúe dous dos relatos máis famosos do autor, Para Esmé, con amor e sordidez e Un día perfecto para o pez banana, protagonizado este último por Seymour Glass, o maior dos irmáns Glass.

ISBN:84-7824-214-7
Nº de páxinas: 249
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 14 cm




xoves, 12 de setembro de 2019

UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar ás árbores)


Continuando coa programación de animación á lectura de BiblioPazos para estes últimos meses do ano, presentamos unha nova actividade de narración oral que terá lugar na Sala de Lectura ás 13:00 horasmércores día 18 de setembro coa actuación de ANXO MOURE "O Carballo con botas" e o seu espectáculo "UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar ás árbores)" e á que están convidados os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

"Chegan á biblioteca os teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, buxos..., para contar as súas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos... para plantar unha árbore que conte contos, en defensa do futuro."

Pasaremos un bo rato gozando dos contos de Anxo Moure mentras aprendemos a coidar a natureza.

Esta actividade enmarcase na programación de LER CONTA MOITO, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA DAS SÚAS ACTIVIDADES!!!


mércores, 11 de setembro de 2019

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA MES DE SETEMBRO 2019

Unha vez finalizada a programación do primeiro semestre do ano e despois do descanso polas vacacións do verán, retomamos de novo as actividades na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BiblioPazos" coas que, como sempre, queremos contribuír á promoción da lectura como vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir, mediante a realización dun conxunto de actividades para achegar á cidadanía a lectura e a información dun xeito lúdico e atraente.

As actividades deste período iniciaranse o mércores día 18 de setembro coa actuación de ANXO MOURE "O Carballo con botas" co seu espectáculo de narración oral "UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar ás árbores)" que terá lugar na Sala de Lectura ás 13:00 horas e á que están convidados os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

"Chegan á biblioteca os teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, buxos..., para contar as súas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos... para plantar unha árbore que conte contos, en defensa do futuro."

Pasaremos un bo rato gozando dos contos de Anxo Moure mentras aprendemos a coidar a natureza.

Esta actividade enmarcase na programación de LER CONTA MOITO, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.


De seguido, o Venres 20 de setembro, contaremos cunha nova actividade impartida polos monitores de EDUVÍA Xestión, Cultura e Lecer S.L., que baixo o título "OS CAZATESOUROS DA REDE" fará que nos internemos no mundo dixital para conseguir atopar as pistas dun mapa que nos levarán a atopar un tesouro.

A actividade realizarase na Aula de Informática de BiblioPazos ás 13:00 horas e a ela están convidados os alumnos de 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Este divertido xogo de pistas promove a aprendizaxe a través de internet dunha forma lúdica e segura.

Esta actividade enmárcase no programa de dinamización lingüística no medio natural e novas tecnoloxías para a promoción e dinamización da lingua galega promovido pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal e patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Continuaremos con outra actividade enmarcada no programa LER CONTA MOITO que se realizará o Mércores 25 de setembro, ás 13:00 horas na Sala de Lectura de BiblioPazos.


Nesta ocasión contaremos con Manuel Solla Barragáns de Expresión producións que nos traerá o espectáculo "IGUAIS, DIFERENTES" para promover a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero.

"Para tomar conciencia de que somos iguais cos mesmos dereitos e deberes o mellor é facelo de forma lúdida, amena e divertida coa axuda dos contos, xogos, a maxia e a participación."

Nesta ocasión están convidades a participar desta actividade os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Por último e para rematar as actividades deste mes teremos con nós o Venres día 27 de setembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello a ANDREA VÁZQUEZ acompañada dos irmáns Fuco e Xela "OS PIÑEIRIÑOS" co seu espectáculo "GALEGAS NO MUNDO" a través do que queremos facer visibles as figuras de diversas mulleres galegas referentes na nosa historia, poñer en valor os seus méritos e transmitir valores fundamentais para educar en igualdade e salientar os aspectos máis relevantes da nosa cultura Galega.

Nesta ocasión participaran neste evento os alumnos de 1º a 4º de Primaria e Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os da EEI "A Galeriña" de Nespereira, xunto con algúns usuarios da Asociación ASPAVI.

Esta actividade enmarcase no programa de narración oral para a promoción e dinamización da lingua galega promovido pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal e patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

En todas elas a entrada é de balde ata completar o aforo dos locais onde se celebran e hai que facer a inscrición previa no teléfono 986 49 72 73 da Biblioteca.

NON VOS ESQUEZADES!

VINDE Á BIBLIOPAZOS A PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES!!!

luns, 9 de setembro de 2019

ESTIRPE



ESTIRPE
Autor: Xose Luis Méndez Ferrín
Edita: Edicións Xerais de Galicia, S.A
Edición especial conmemorativa para o Concello de Redondela: Xuño 2019

Género: Literatura en galego - Poesía

Premio Crítica, 1994 (poesía) - Premio Losada Dieguez, 1995 (Creación Literaria)

É a poesía que afunda as suas raices na terra a que explica, marca, expresa, canta e reclama as nosas diferencias, o noso devir tantas veces frustrado ou demitido. Esta é a poesía que atopamos en Estirpe, o libro que agora aparece como abalón das conciencias e motivo de reflexión poética.

Coma unha luz que ilumina as conciencias, en Estirpe emerxe unha voz poética actualizadora, que xorde das raíces profundas da terra, da historia da patria oprimida, da diferenza e do relato ficcional ateigado de referentes literarios e culturais, coa intención de intervir no presente. X.L. Méndez Ferrín escribiu estes versos con esa vocación da épica e da razón ancestral creando unha poesía polifónica, con múltiples rexistros, que converte o libro nunha obra mestra da literatura galega.

ISBN: 978-84-9121-564-6
Nº de páginas: 141
Encuadernación: tapa blanda
Formato: 14,5 x 22 cm.


venres, 6 de setembro de 2019

CUÉNTAME OTRO, POR FAVOR


CUÉNTAME OTRO, POR FAVOR
Autora: Raquel Rodríguez García
Ilustraciones: Silvina Eduardo
Fun Readers Editorial C.B.
1ª edición diciembre 2018

Edad recomendada: +5 años

Género: Literatura Infantil en castellano - Cuentos

Raquel Rodríguez y Silvina Eduardo nos hacen llegar este precioso álbum ilustrado en el que la ternura, los recuerdos y la música se entremezclan con un resultado sorprendente.
¿Qué es un recuerdo?
Es aquello que hueles, que sientes, que vibra en una canción.
Es algo tan ligero que vuela por cada rincón,
se esconce en tu maleta o en un pequeño cajón.
Es aquello que un día aparece o desaparece,
algo efímero, pero que deja huella en tu corazón.
Esta es una historia llena de amor y de inocencia que nos acerca a las personas mayores y nos permite agradecerles de alguna manera todo lo que algún día hicieron por nosotros.

Muestra a los niños el valor de la empatía, de la generosidad y les lleva a descubrir de una manera sutil la enfermedad del Alzheimer o los distintos tipos de demencias.

Es un álbum lleno de sentimientos, música y cuentos en el que cada detalle cuenta el verdadero valor de un recuerdo.

Hemos creado un juego de parejas ‘Memory’ totalmente gratuito para este álbum. Listo para imprimir por duplicado y comenzar a jugar, desarrollar la memoria y potenciar la coordinación de pequeños y mayores. ¿Juegas?

Para ello, tan solo debes hacer CLICK AQUÍ:




ISBN: 978-84-948413-3-0
Nº de páginas: 36 a todo color
Encuadernación: Tapa Dura
Formato: 23,5 x 25,5 cm



xoves, 1 de agosto de 2019

EL CLUB DE TEA EN PELIGRO


EL CLUB DE TEA EN PELIGRO
Autora: Tea Stilton
Edita: Editorial Planeta, S.A
Colección: El Club de Tea

Edad recomendada: +7 años

Género: Literatura Infantil en Castellano - Narrativa

El Club de Tea está formado por cinco alumnas de la Universidad de Ratford, situada en la Isla de las Ballenas. Son vivaces y divertidas, y quieren ser periodistas. Entre clases y amistades, amores y pequeñas rivalidades, ¡la vida en Ratford es emocionante!

Hiena, el amigo superdeportista de Tea, imparte un curso de técnicas de supervivencia en la Universidad de Ratford. Los alumnos tendrán que pasar dos días solos en plena naturaleza...

¡Una aventura superratónica para todos!

ISBN: 978-84-08-10232-8
Nº de páginas: 128
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 19 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger