CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
mércores, 31 de marzo de 2021
NOVO MUNDO
martes, 30 de marzo de 2021
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2021 - "A MÚSICA DAS PALABRAS"
Tradución de María Canosa |
EL LIBRO DE GLORIA FUERTES PARA NIÑAS Y NIÑOS
- Un prologuillo escrito por Gloria Fuertes a mediados de los 80 para una antología que jamás se publicó.
- Cartas de las niñas y niños que Gloria recibió a lo largo de los años en su buzón.
- Una carta abierta a todos los maestros firmada por la poeta.
- Una selección de algunos de los poemas escritos por las niñas y niños que participaron en el Premio de Poesía Infantil Gloria Fuertes a lo largo de todas sus ediciones.
- Fotografías personales de la autora junto a sus fans más pequeños.
- Historias y episodios de la vida de Gloria Fuertes narrados especialmente para los niños, y un consultorio, «Pregúntale a Gloria», para que conozcan la vida y la filosofía de la autora de su propia voz.
luns, 29 de marzo de 2021
GELSOMINO NO PAÍS DOS MENTIRÁNS
domingo, 28 de marzo de 2021
DICIONARIO ILUSTRADO DA RECICLAXE NO FOGAR
sábado, 27 de marzo de 2021
SUS MEJORES CUENTOS
venres, 26 de marzo de 2021
PASANDO A BÓLA
xoves, 25 de marzo de 2021
OS BOLECHAS: CASTELAO
mércores, 24 de marzo de 2021
¡NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES!
martes, 23 de marzo de 2021
NATA Y CHOCOLATE
luns, 22 de marzo de 2021
"CONTOS POR TELÉFONO" con Ana Facchini para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil
A primeira delas, que terá lugar o xoves e venres 8
e 9 de abril de 17:00 a 21:00 horas, virá da man da contadora viguesa ANA FACCHINI, que nos traerá o
seu espectáculo "CONTOS POR TELÉFONO".
Contos por teléfono! Última chamada!
Aínda non reservaches a túa praza!
A que esperas?
Só tedes que facer a reserva, xa que as PRAZAS SON LIMITADAS, e teredes unha historia especialmente pensada para vós, ao outro lado do fío.
Esta actividade recolle a idea da coñecida
obra de Gianni Rodari e nace a partir da participación da
contadora nun proxecto de voluntariado, dirixido aos maiores e diversos
colectivos en risco de exclusión social, para acompañalos nos duros momentos de
soidade e confinamento vividos pola COVID-19.
Na tradición máis antiga as comunidades escoitaban contos e lendas arredor dunha lareira. Os tempos mudaron e hoxe o encontro prodúcese a través de pantallas e teléfonos, pero a maxia das historias compartidas, esa, permanece e sempre, sempre será a mesma.
A sesión iníciase cun xogo introdutorio, que procura a complicidade co oínte, seguido da narración propiamente dita e unha fórmula de despedida que convida a descubrir novos mundos e aventuras a través dos libros.
As persoas interesadas deberán achegarse á biblioteca entre o 26 de marzo e o 7 de abril, ou chamar ao teléfono 986 497 273, en horario de 09:00 a 14:00 horas, para inscribirse na actividade e escoller a hora aproximada á que queren recibir o seu conto.
Ana Facchini levaravos a un tempo e a un espazo máxicos, os da infancia e os soños, nos que con cada historia se nos propón unha viaxe diferente.
E hai historias e viaxes para todas e todos, GRANDES, Medianos e pequenos, porque esta é unha proposta dirixida ao público de calquera idade, desde os 5 aos 150 anos.
ANÍMATE!!!
PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSTE!!!
A QUE CHEIRAN AS CORES?
domingo, 21 de marzo de 2021
RIMALETRAS
12 POEMAS DE FEDERICO GARCÍA LORCA
sábado, 20 de marzo de 2021
"A HORA MÁXICA" - 3ª e última sesión - Día Internacional do Teatro
O Venres día 26 de Marzo, ás 13:00 horas teremos a 3º e última sesión do espectáculo "A HORA MÁXICA" na que participarán os alumnos de 4º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, e coa que rematamos neste mes de marzo de pandemia do ano 2021 as conmemoracións do DÍA MUNDIAL DEL TEATRO.
Neste espectáculo de maxia online a través da plataforma Zoom varios magos de diversos puntos da xeografía española farán as delicias dos nenos e nenas cos seus xogos de maxia.
Con "A HORA MÁXICA" promovese a cultura segura xa que os asistentes poderán gozar e participar dun show en vivo e en directo sen saír das súas casas, aulas, etc.
Un espectáculo divertido, participativo, máxico, ilusionante, sorprendente e, sobre todo, seguro.
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSTE!!!