xoves, 27 de agosto de 2020

RENACER Á DESCUBERTA DAS PALABRAS


RENACER Á DESCUBERTA DAS PALABRAS
Autores: Fina Casalderrey, Montse Pena Presas, Marta Dacosta Alonso, Susana Sánchez Arins, Mercedes Queixas Zas, Antonio García Teijeiro, Eli Ríos e Carme Vidal Laxe
Edita: Sermos Galiza, SA

Xénero: Literatura Galega - Ensaio

Coordinado por Mercedes Queixas e Cesáreo Sánchez, secretaria e presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), sae do prelo o segundo número de De Nós. Monografías con perspectiva galega, a nova cabeceira edita por Sermos Galiza, S.A. con motivo do inicio de 2018.

A través de oito textos, preténdese achegar unha idea de conxunto de quen foi María Victoria Moreno, explica Mercedes Queixas, quen sinala que o monográfico recompila un breve argumentario expositivo dun perfil humano e literario moi amplo, moi diverso e moi vizoso que pode axudar a entender a calquera persoa cales foron as razóns que levaron a Academia a decidir que o Día das Letras Galegas de 2018 se centrase no coñecemento e na recuperación da figura de María Victoria Moreno, a cuarta muller en 55 anos de historia do Dia das Letras Galegas.

A coordinadora deste volume pon de manifesto que esta é unha oportunidade histórica para recuperar unha voz da literatura galega que marcou moito o propio sistema literario e advirte de que quen a descobre por primeira vez percibe unha voz absolutamente en tempo presente, co cal se conclúe o seu carácter pioneiro, vangardista, adiantado do seu momento vital e de creación literaria. Unha muller culta que era coñecedora dos procesos de escritas e das inquedanzas culturais doutros países e que ela sempre intentaba importar para reactualizar conforme o noso propìo criterio para a literatura galega.

ISBN: 978-84-09-02583-2
Nº de páxinas: 78
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 21 x 30 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger