NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 20 de decembro de 2019

UBÚ Teatro presenta "O VIXILANTE DOS SOÑOS" unha proposta teatral dirixida a público familiar con cativada




AUDITORIO DO CONCELLO
DE
PAZOS DE BORBÉN

XOVES 2 DE XANEIRO DE 2020

ÁS 18:00 HORAS

A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) pon en marcha unha nova edición do programa NADAL EN REDE destinado a promover o uso do galego no lecer destas datas e tamén a galeguizar a súa celebración e os motivos típicos do Nadal. 

O Concello de Pazos de Borbén foi elixido para acoller actividades deste programa e, neste caso a peza “O VIXILANTE DOS SOÑOS”, unha proposta teatral dirixida a público familiar con cativada que conta a historia do bebé Sonólicus e da súa amizade coa Lúa. Chegará da man de Ubú Teatro a dez concellos desde finais de decembro ata o 7 de xaneiro. 

“Sonólicus quere chegar á Lúa desde pequeno e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara a ela que remata por converterse nun ser solitario e deforme. Pero unha noite acaba de medrar e non só acada o seu obxectivo de acompañar á Lúa senón que se converte para sempre en vixilante do sono e dos soños infantís.” 

O espectáculo está baseado no libro “O vixilante dos soños” de Ana Carreira, ilustrado por Noemí López e que foi editado pola Editorial Galaxia en 2006 na súa colección de “Os duros”. 

Na adaptación deste conto Ubú Teatro non só fixo unha adaptación do orixinal para a escena senón que tamén aborda algunhas realidades sociais que non se tiveron en conta no orixinal. Por exemplo, que certas profesións muden o xénero para facer fincapé na normalidade das opcións de traballo de calquera persoa; ou que actividades que por costume patriarcal se lle outorgan á muller sexan realizadas por pai e mai. Nesta adaptación o médico será á médica e pai e mai coserán e terán o mesmo compromiso no coidado do fillo.

No espectáculo combínanse a interpretación actoral co traballo con obxectos e a posta en escena será levada a cabo por un actor e unha actriz que interpretarán diferentes personaxes. O protagonista, Sonólicus, será desenvolvido segundo as fases por diferentes monicreques no que se mesturan técnicas de muppet, marote e boneco de fíos. 

A duración da función está arredor de 45 minutos. 

A ENTRADA É LIBRE E DE BALDE ata completar o aforo do auditorio.

ESPERÁMOSVOS!!! 

NON VOS ESQUEZADES!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger