Desde a Concellería de
Servizos Sociais envíannos a seguinte información que publicamos desde á
biblioteca para difundir entre as nosas/os seguidoras/es,
usuarias/os e a poboación en xeral:
EN
NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS
O Concello de Pazos de Borbén adheriuse este ano 2017 á campaña “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”, dentro
da programación que vai desenvolver en relación ao prevención da violencia de xénero
e fomento da igualdade.
Neste enlace pódese atopar mais información sobre a campaña:
Neste enlace pódese atopar mais información sobre a campaña:
Fundamentación da campaña:
O 17 de decembro de 1999 a
Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro
como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres,
convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non
gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación
respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.
A violencia machista é a
expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo
de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de o seren, unha
desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada. Segundo os
datos da última Macroenquisa de violencia contra as mulleres realizada no 2015
polo Ministerio de Sanidade, Servizos Socias e Igualdade, un 13% das mulleres
residentes en España de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física
ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou exparella, un 26%
violencia psicolóxica de control —celos, control de horarios e actividades,
etc.— e un 20% violencia psicolóxica emocional —insultos, intimidacións,
ameazas verbais, etc.—. Dende 2003 ata maio do 2017, a Delegación de Goberno
rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 en España.
Co obxectivo de promover e
facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia
contra as mulleres, no 2015, o Concello de Santiago puxo en andamento a campaña
de sensibilización Compostela, en Negro, na que se implicaron arredor de 300
establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron
en embaixadores da mesma.
A acción consistiu en tinguir de
negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo;
vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia
machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.
Partindo
desta boa práctica, e coa finalidade de multiplicar e estender a incidencia
social desta campaña, no 2016, dezaseis concellos máis uníronse para
desenvolveren conxuntamente a campaña de sensibilización En negro, contra as
violencias, e formaron parte da acción: A Coruña, Ames, Cangas, Carballo,
Compostela, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Santiago de
Compostela, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas. Este ano xa somos máis de
cincuenta os concellos que queremos situar na axenda política, con contundencia
e para sempre, a loita contra as violencias machistas.
Na
actualidade, e neste ano 2017, hai 75 concellos e máis de 3.300 establecementos
e axentes sociais que participan na acción nun mes de novembro para seguir
sumando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.