O ciberpunk, xénero no que se ambientan as novelas de Félix Carreira, coñécese por reflectir visións distópicas do futuro, onde a ciencia, e particularmente, a cibernética, adoitan provocar algún tipo de cambio de paradigma social que se reflicte nunha sociedade en crise. Nas tramas deste subxénero o argumento adoita estar centrado nos hipotéticos conflitos entre hackers, intelixencias artificiais emegacorporacións, situados nun futuro próximo do planeta Terra.
Respecto ás novelas que xa leva publicadas o noso convidado, e ás que nos vai introducir durante a charla, ambas foron publicadas por Mablaz.
- 850 aniversario, que foi finalista do II Premio Somnium de Ciencia Ficción e Fantasía 2016, convocado pola editorial Libros Mablaz, paséanos pola cidade de A Coruña no ano 2058 que, disposta a celebrar o 850 aniversario do súa refundación, vese sorprendida por unha serie de atentados.
- No seu segundo traballo: Lágrimas de neón, o autor trasládanos esta vez ao ano 2059 á cidade de Nox City, no que "as políticas neoliberais levaron a un mundo dominado por grandes corporacións". Nese mundo onde a xustiza privatizouse, a protagonista vese envolvida no roubo dun importante proxecto da corporación Quick Z, que non reparará en gastos no seu empeño por recuperar esa información. Este proxecto comezouno o autor no ano 2009 para finalizalo en 2012 e esperou ata o 2017 para ve-la luz xunto a dous relatos –unha precuela e secuela- na editorial Libros Mablaz.
Félix Carreira Viso nace na Coruña en 1985. Na súa adolescencia afecciónase aos xogos de rol, e no contexto de escribir as crónicas das partidas comeza o seu blog: The attitude is everything, que paulatinamente vai gañando en contido literario. Os xéneros nos que se atopa máis cómodo na súa producción narrativa son: ciberpunk, fantasía escura, ciencia-ficción e novela negra.
O acto terá lugar o Venres 3 de novembro ás 20:00h., na CASA DA CULTURA de REDONDELA, e se programa no eido das actividades colaborativas de animación á lectura que empezaron a organizar conxuntamente as Bibliotecas municipais de Redondela e a Biblioteca de Pazos de Borbén durante este ano 2017. Nesta ocasión tamén colabora activamente a Asociación Amigos das Bibliotecas de Redondela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.