domingo, 19 de febreiro de 2017

COUSAS DE NENOS


COUSAS DE NENOS 
Unha aproximación á representación da
infancia en Cousas da vida de Castelao
Autor: Diana Vilas Meis
Prólogo: Valeriano Bozal 
Editorial: Deputación de Pontevedra

Xénero: Belas Artes

Castelao mostrou un amplo abano de diferentes tipos de nenos galegos, o inquedo, infeliz e rebuldeiro que corre detrás dun automóbil sen poder alcanzlo nunca; o que supón un consolo aos final da vida dos pais; o neno forte, de corpo e de alma, ou os atribulados e enfermos; o neno negro que trae un indiano e que, logo de facerse galego, sente morriña ao volver a Cuba.

Os nenos na obra do rianxeiro universal son auténticos estudos psicolóxicos. Reflicten a súa inocencia, graza, picardía e agudeza, vista sempre dende a tenrua e dunha irredutible querencia cara a eles.

Os profesores Diana Vilas e Óscar Rodríguez fan agora neste libro un rigoroso e documentado estudo, que é unha aproximación á representación da infancia en Cousas da vida e unha inescusable referencia nos estudos sobre o autor.

Porque o seu traballo vén profundar, de modo exemplar, nunha faceta da obra do autor de Sempre en Galicia, ata agora escasamente abordada. Co valor engadido que supoñen as achegas técnicas de Valeriano Bozal, un dos máis prestixiosos críticos e historiadores da arte.
    
ISBN: 978-84-8457-428-6
 Nº de páxinas: 129
Encadernación: Tapa blanda

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger