domingo, 30 de setembro de 2018

A CEO ABERTO


A CEO ABERTO
Autor: Xosé Fernández Ferreiro
Edicións do Castro

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

A ceo aberto é unha novela emotiva, suxestiva e profundamente testemuñal. O Cándido, personaxe central e maxistralmente conformado, é sufridor do destino de moitos miles de galegos (a emigración), e a sua capacidade nostálxica cara á Terra e que lle dá toda a dimensión dramática e humana á novela.

Son excelentes os capítulos onde se reflexa o drama da guerra, inda que o verdadeiro drama está nas circunstancias abafantes polas que Cándido ten que deixar Fontefría e irse a traballar de uniforme e pistola ao cinto polas abouxantes rúas de Madrid.

A ceo aberto podería definirse como a novela da "morriña e da carraxe": morriña do galego por estar lonxe da sua terra, e carraxe por sentirse importante diante dunhas estructuras sociais que o obligan a marchar a unha terra pior.

ISBN: 84-7492-094-9
Nº de páxinas: 116
Encadernación: Tapa branda
Formato: 12,5 x 18,5 cm.

O CAMIÑO Á CASA


O CAMIÑO Á CASA
Autora: Katie Cotton
Ilustradora: Sarah Jacoby
Edita: Hércules de Edicións

Colección: Novas lecturas de Hércules

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +6 anos

Cando chega o inverno, un paxaro foxe coa súa cría, un rato constrúe un niño para o seu fillo e os coellos escapan dos lobos que vagan polos bosques ao escurecer.

O camiño á casa é longo e duro, pero os animais téñense os uns aos outros nesta meditación poética sobre a natureza, a supervivencia e o amor.

ISBN: 978-84-946502-9-1
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 26,9 x 19,7 cm.

sábado, 29 de setembro de 2018

LATITUDE AUSTRAL


LATITUDE AUSTRAL
Autor: Xabier Alcalá
Editorial Galaxia, S.A.

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Unha novela feita co tecido de varias historias que nos contan distintos episodios desa epopeia sen fin en que consistiu a consquista de América. Nese marco grandioso, un conxunto de crioulos descendentes de galegos e mais de galegos forzados á aventura sofren, aman, odian. É dicir, viven.

ISBN: 84-7154-808-9
Nº de páxinas: 161
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm.

O XIGANTE SECRETO DO AVÓ


O XIGANTE SECRETO DO AVÓ
Autor e ilustrador: David Litchfield
Edita: Hércules de Edicións

Colección: Novas lecturas de Hércules

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +5 anos

- Ten mans do tamaño de táboas -dixo o avó-, pernas longas coma as baixantes dos tellados das casas e pés tan grandes coma botes pesqueiros. Sabes de quen falo?
- Si! -suspirou Billy-. Do xigante secreto. Pero non é real!

Billy non cre a seu avó cando lle conta que hai un xigante na vila que se dedica a facer boas obras para todo o mundo. El sabe que un xigante é demasiado grande como para manterse oculto. E porque querería manterse en segredo?

Pero, segundo pasa o tempo, Billy aprenderá que algúns segredos son grandes de máis para mantelos en segredo por moito tempo...

Un historia xigante que fala da necesidade de encaixar e do valor da amizade, e que foi creada por David Lichfield, gañador do Waterstones Children's Book Prize en 2015 na categoría de libro ilustrado por O Oso e o Piano.

ISBN: 978-84-946502-7-7
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 30 cm.

venres, 28 de setembro de 2018

PROMOCIÓN DO ÉXITO CON XÓVENES EN EDUCACIÓN NON OBRIGATORIA DE CRUZ VERMELLA XUVENTUDE (VIGO)


Cruz Vermella Xuventude pon en marcha un proxecto de "Promoción do éxito con xóvenes en educación non obrigatoria", unha nova iniciativa que ten como obxectivo incidir en todos aqueles factores de índole persoal, económico e do entorno que infúen no acceso ou continuidade dos estudos.

O perfil dos xóvenes entre 16 e 30 anos que queiran participar no proxecto comprende:

  • Comezar ou continuar os seus estudos na ensinanza non obrigatoria, ESA, FP...
  • Encontrarse con barreiras económicas para facer fronte aos gastos derivados (pago de taxas, matrículas, material específico, etc.)
  • Necesidade de apoio educativo nas materias cursadas.

Máis información:
Rúa Teófilo Llorente, 8
986 42 36 66
vigo@cruzroja.es


EXPRESIÓN E IMPRESIÓN: Obradoiros de expresión plástica para a interacción e a integración da Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela


Dende a Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela envíannos esta información que consideramos de interese.

Acaban de por en marcha unha nova edición do programa gratuito de talleres de plástica para a integración:

Expresión e Impresión. Obradoiro de expresión plástica para a interacción e a integración.


Destinado a nenos e nenas a partir de 6 anos

no

Multiusos de Redondela

os

Xoves de Outubro e Novembro

de

17:45 a 19:00 horas

Inscrición de balde:

contacto@tallerabierto.info (ata o 1 de outubro)

Máis información: 


LA RANA GLOTONA


LA RANAGLOTONA
Autor: Little Tiger Press
Ilustrador: Jack Tickle
Edita: Combel Editorial

Colección: Cu- Cú Sopresa

Género: Literatura Infantil - Cuentos

Edad recomendada: +3 años.

La rana está muy contenta porque ha visto en el jardín una mosca suculenta y quiere darse un festín.

Los animales del jardín llegan para dar un paseo y llenar de vida este libro desplegable, ¡Que los más pequeños adorarán!

ISBN: 978-84-9101-053-1
Nº de páxinas: 12
Encardernación: Tapa dura
Formato: 24, 5 x 26, 5 cm.

xoves, 27 de setembro de 2018

"CONTOS POP-UP" E "OS CONTOS DA NAI DA MIÑA NAI" CON FÁTIMA FERNÁNDEZ


Continuamos coas actividades de dinamización da lectura...


VENRES 28 de SETEMBRO

na

SALA DE LECTURA
DE
BIBLIOPAZOS

visitanos a contacontos

FÁTIMA FERNÁNDEZ

que nos presentará dous espectáculos:

Ás 11:00 horas

CONTOS POP - UP

dirixido ós alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enriquez" e a usuarios da Asociación  ASPAVI.


Ás 13:00 horas

OS CONTOS DA NAI DA MIÑA NAI

dirixido ós alumnos de 5º e 6º de primaria do CPI "Curros Enríquez" e a usuarios da Asociación ASPAVI.

*Entrada de balde ata completar afoto
*Obrigatoria inscripción previa na Biblioteca - 986 497 273

ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS!!!

O BAÚL DE DOMINGOS QUINTAS



O BAÚL DE DOMINGOS QUINTAS
Autor: Xoán Babarro
Ilustradora: Estefanía Padullés
Edita: Hércules de Ediciones

Colección: Novas lecturas de Hércules

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +9 anos

"Afíxenme a ver aquel cofre antigo abandonado nun lugar inaccesible e empecei a enchelo cos soños do meu bisavó. Imaxinábaos flotando coma bolboretas sobre minúsculas nubes. Que podería ocorrer se erguésemos a tapa? Escaparían os soños voando? Así, cando chegou o momento decisivo de abrilo, sorprendeume ver no seu interior inha morea de poemas escritos sobre cortizas de bido. Serían realmente os soños do bisabó encantados en forma de versos? Grazas a eles puiden descubrir o recuncho reservado para as miñas ilusións".

Le este libro e intenta encontrar o lugar ideal para as túas.

ISBN: 978-84-947023-8-9
Nº de páxinas: 80
Encadernación: Tapa dura
Formato:14,5 x 21 cm.

UN DISPARO


UN DISPARO (Jack Reacher)
Autor: Lee Child
Edita: RBA Libros, S.A.

Colección: Serie Negra

Género: Literatura en Castellano - Novela

A las cinco de la tarde de un viernes nadie se fija en otra cosa que no sea el camino que le lleva a casa, así que no es difícil que alguien pueda pasar desapercibido detrás de sus gafas de sol y sus guantes. Aunque lleve consigo un rifle. Sin embargo, esa persona en la que nadie se había fijado no tarda en darse a conocer descargando su arma contra la multitud. Seis certeros disparos y cinco muertos.

La policía no tarda en atrapar a un asesino que ha dejado un rastro fácil de seguir. Su nombre es James Barr, así es que,  aparentemente, el caso está resulto... O quizá realmente lo estaría si el acusado no insistiera en que él no es realmente el hombre al que buscan, no conociera a Jack Reacher, ni solicitara su presencia.

Reacher es un ex militar, un tipo duro que vive al margen de las normas establecidas, que por mucho que busque relajarse no puede estar inactivo durante mucho tiempo. Así que, con apenas ayudas externas, Reacher comienza su investigación particular que pronto le lleva a nuevas y sorprendentes conclusiones.

ISBN: 978-84-9006-461-0
Nº de páginas: 429
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 14 x 21 cm.

mércores, 26 de setembro de 2018

A CASA GRANDE


A CASA GRANDE
Autor: Joäo Manuel Ribeiro
Ilustrador: Ricardo Rodrigues
Edita: Hércules de Edicións

Colección: Novas Lecturas de Hércules

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Ética

Idade recomendada: + 6 anos.

Un día, un home tivo o soño de construir una Casa Grande, sen portas nin ventás, onde puidesen vivir os homes e as mulleres de todas as linguas, cores, razas, relixións e latitudes.

En A Casa Grande, Joäo Manuel preséntanos un "Manifesto de Cidadanía". Aborda temas plurisignificativos, como as distintas linguas, culturas, cores e crenzas relixiosas . O escritor apela aos pequenos lectores para que compartan sentimentos como o amor, a verdade e o perdón. Convídaos a participar neste desafío que é o combate pola conquista dunha linguaxe universal, nova e común a todos aqueles que respectan a diferenza.

A Casa Grande é un albúm metafórico onde se pode aprender a ser un maiúsculo cidadán que soña sen medo de envellecer e vive con intensidade. As ilustracións de Ricardo Rodrigues, dunha forma particularmente feliz, recrean os momentos clave do texto, así como contemplan aspectos que o compoñente verbal non inclúe, enriquecéndoo.

(Gabriela Sotto MAyor, Casa da Lectura)

ISBN: 978-84-947770-4-2)
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 20 cm.

GALICIA INMATERIAL, GALICIA MÁXICA


GALICIA INMATERIAL, GALICIA MÁXICA
Autores: José Luis Casteleiro Santos e Miguel García Seoane
Ilustrador: Carlos Sardiña
Edita: Hércules de Ediciones

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Galicia conta cun amplo e diverso patrimonio cultural, do cal forman parte abundantes elementos inmateriais: mitos, lendas, costumes ancentrais, festas (con grande importancia do elemento gastronómico), tradicións, supersticións, etc.

Con esta obra preténdese realizar un estudo -destinado ao público en xeral- do folclore galego na súa vertente máxico-relixiosa, mediante unha visión panorámica e un compendio universal dalgúns dos elementos máis sobranceiros desta parte tan importante da cultura galega. Búscase contribuír á súa difusión e divulgación co obxectivo de poñela en valor; dunha banda, para concienciar da súa salvagarda e evitar o seu esquecemento e, doutra, pola súa importancia como patrimonio inmaterial  e o seu potencial como produto cultural e turístico

ISBN: 978-84-947770-5-9
Nº de páxinas: 168
Encadernación: Tapa branda
Formato: 16,5 x 24 cm.

martes, 25 de setembro de 2018

O SEÑOR PÉSIMO É O MÁXIMO


O SEÑOR PÉSIMO É O MÁXIMO
Autor: Joäo Manuel Ribeiro
Ilustracións: Bolota
Edita: Hércules de Ediciones

Colección: Novas lecturas de Hércules

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos.

Pésimo é un pai de familia un pouco desconectado do mundo real. Como non puido ir de vacacións en verán, en outono programou uns días especiais en Galicia coa súa familia. O que non imaxinaba é que alí se verían sorprendidos por un terrible desastre ecolóxico, cando o buque Prestige derrama toneladas e toneladas de petróleo no mar.

Coa contaminación, a costa galega deixa de ser un destino de lecer, e a familia Pésimo, de común acordo, deseguida se dispón a axudar na limpeza das praias. Ao seu regreso das vacacións, transformados por esa experiencia, a familia decide cambiar algúns dos seus comportamentos e levar unha vida máis respectuosa co medio natural. Con eles tamén nós aprenderemos a ser o "máximo"! Con eles convertémonos en Ecoguerreiros!

ISBN: 978-84-947023-6-5
Nº de páxinas: 56
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21 cm.

O ANXO NEGRO


O ANXO NEGRO
Autor: Manuel Gago
Edita: Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi debotos.

A investigación emprendida polo capitán, xunto cos veciños da parroquia, levaraos a transitar pola trama dun sistema corrupto e a descubrir os incríbles vínculos da talla cun dos instantes decisivos da historia de Europa.

Unha novela trepidante coa que Manuel Gago se mergulla nas raíces profundas da cultura popular galega.



ISBN: 978-84-9914-985-1
Nº de páxinas: 495
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 22 cm.

luns, 24 de setembro de 2018

RING, RING...! QUEN RIMA?


RING, RING...! QUEN RIMA?
Autora: Ana María Fernández
Ilustrador: Enrique López López
Edita: Hércules de Ediciones

Colección: Novas Lecturas de Hércules

Xénero: Literatura Infantil en Galego -  Poesía

Idade recomendada: +6 anos

As nosas vidas están mergulladas nun mundo fermoso e variado. Tal idea é o punto de partida dos corenta e seis poemas que ofrece esta obra.

Os seus versos serven de guía para visitar espazos moi diferentes e para facer xermolar sensacións que axudan a contemplar a relidade circundante con novas perspectivas. Cabalgando sobre rimas, viaxaremos por infinidade de paixasea... Pola terra e pola serra, pola rúa e pola lúa, pola herba e pola néboa, con sombreiro e chuvasquerio, con miñocas e con focas, con estrelas e con velas, con amigas, con amigos, con piratas... e contigo! Con este libro poderás soñar, poderás sorrir poderás bailar, poderás sentir... Con Ring, ring...! Quen rima?... poderás vivir.

ISBN: 978-84-947770-9-7
Nº de páxinas: 56
Encadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 20 cm.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger