E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 17 de novembro de 2012

Inauguración do SENDEIRO POLO RIO BARRAGÁN

A ruta que se inaugura HOXE percorre un dos mellores exemplos de bosque oceánico da provincia - Recuperáronse oito muíños, pasos, pontes e un acueducto do século XVIII

De esq. a dta. os presidentes das comunidades de montes de Calvos, Alfonso Ventín; de Moscoso, Álvaro Martínez; de Traspielas, Jesús Costas, e de Xunqueiras, Antonio Giménez, antonte no río Barragán. // Faro
Catro comunidades de montes (Traspielas, Calvos, Moscoso e Xunqueiras) dos municipios de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes habilitaron un sendeiro de 17 quilómetros que percorre a fraga do río Barragán, un ámbito único dende o punto de vista natural posto que está considerado como un dos exemplos de bosque oceánico mellor conservados de toda a provincia. A senda inaugúrase mañá, cunha saída ás 9.30 horas dende o torreiro de Xunqueiras no que participarán os membros das distintas comunidades promotoras do proxecto.
 
Fervenza do Pozo Machado
no río Barragán
A actuación consistiu na posta en valor do patrimonio natural e cultural do ámbito da canle fluvial, unha ruta de sendeirismo circular de dificultade medio-baixa (denominada PR-gr 164), perfectamente sinalizada e con vinte paneis explicativos nos distintos puntos de interese. Ademais restauráronse distintos elementos do patrimonio etnográfico e cultural da zona, como a denominada "Casa dá Raíña", un acueduto construído no último terzo do século XVIII, oito muíños de auga, pasos e a antiga ponte de Pau, en Freaza. 

Pontella río Barragán
O presidente dos comuneros de Moscoso, Álvaro Martínez, destaca a importancia desta actuación para o uso e desfrute dunha zona de gran valor ecolóxico, pero aínda descoñecida para moitos. "Trátase dunha ruta cunha vexetación exuberante, onde o visitante poderá gozar dunha natureza salvaxe cunha gran diversidade paisaxística entre a que destaca a carballeira do Barragán. Pero ademais ten multitude de atractivos, con continuas mostras do patrimonio cultural e etnográfico como pasos, muíños e pontes que sorprenden a cada paso ao senderista," apunta.

Ribeiras río Barragán
A actuación contou cun presuposto de 225.684 euros, financiado na súa maior parte cunha subvención europea a través do programa Leader. Para promover este ámbito natural crearon unha páxina web www.sendadobarragan.com, ademais de editar 2.000 trípticos informativos.



Fonte: Faro de Vigo

Deixanos o teu comentario.
Fai clic no apartado "Sin comentarios" e empeza a escribir.
Grazas por participar

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger