domingo, 5 de xaneiro de 2020

NATURIZO, UNHA CASA PARA O INVERNO


NATURIZO, UNHA CASA PARA O INVERNO
Autor: Alba de Evan
Ilustrador: Javier Domínguez
Edita: Ediciones Linteo, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Ola! Chámome Naturizo, son un ourizo cacho e vivo na serra de San Mamede.

Chega o outono e ando na procura dunha casiña para o inverno

Acompañasme?

ISBN: 978-84-945800-2-4
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm


sábado, 4 de xaneiro de 2020

ENTRE PAPOULAS


ENTRE PAPOULAS
Autor: María Canosa
Ilustradora: Marta Rivera Ferner
Edita: Everest Galicia, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Unha comunidade tinguida de cores brillantes e envolta en harmonía. As papoulas non son unhas flores calquera, son moi presumidas pero tamén son sensibles e solidarias con veciños cos que comparten os meses máis cálidos do ano. Enchen de vida os campos co seu continuo bulebule e gozan das cousas pequenas porque saben que nelas se agocha o segredo da felicidade.

ISBN: 978-84-403-1119-1
Nº de páxinas: 56
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 12,5 x 19,5 cm


venres, 3 de xaneiro de 2020

O QUE NUNCA CHE CONTARON


O QUE NUNCA CHE CONTARON
Autores: María Canosa e Kike Gómez
Ilustrador: Dani Padrón
Edita: Santillana Infantil y Juvenil, SL e Edicións Obradoiro, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? nunca te preguntaches por que o solpor pode ter tantas cores como imaxines? miraches ben o ceo pola noite e non es quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... De onde sacan a inspiración os magos? Despois de descubrir os segredos que gardan estas páxinas non volverás a mirar ao teu redor do mesmo xeito.

Seis historias que che abrirán os ollos e as portas da maxia e da ilusión, coma o mellor dos cofres dos tesouros.

ISBN: 978-84-16834-80-8
Nº  de páxinas: 93
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 20 cm


O FRESCO: MEMORIAS DUN FUXIDO (1936)


O FRESCO: MEMORIAS DUN FUXIDO (1936)
Autor: Víctor F. Freixanes
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Galega - Ensaio

Uns din que o mataron os falanxistas e a Garda Civil nos montes do Confurco. Outros, que houbo traizón, que foron os seus propios compañeiros. Sucedeu na Noiteboa de 1936, logo de andar fuxido polos montes do sur de Pontevedra con 223 homes que loitaban pola República. Manuel González "o Fresco" era un señorito desclasado nas organizacións da Fronte Popular. Daqueles días arrepiantes da Guerra Civil deixou escritas unhas memorias que, preparadas por Víctor F. Freixanes, viron a luz por primeira vez en Xerais en 1980, despois dun silencio de máis de corenta anos. Presentado pola revista triunfo, o libro foi finalista ese ano do Premio Internacional de Prensa en Niza.

Catro décadas despois daquela primeira edición, volven publicar O Fresco: Memorias dun Fuxido (1936), obra pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida por arrepoñeren á sublevación militar franquista na defensa dos ideais republicanos e por un sistema máis xusto de convivencia.

ISBN:978-84-9121-531-8
Nº de páxinas: 173
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 14,5 x 22 cm


xoves, 2 de xaneiro de 2020

MATÍAS, UN PITO DE CAMPIONATO


MATÍAS, UN PITO DE CAMPIONATO
Autor: María Canosa
Ilustrador: David Soler
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Matías é un pito de campionato. Curioso dende antes de nacer, estaba chamado a vivir mil e unha aventuras marabillosas...

ISBN: 978-84-9865-276-5
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 21 cm



mércores, 1 de xaneiro de 2020

CANDO CAE A LUZ


CANDO CAE A LUZ
Autor: María Canosa
Edita: Urco Editora

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

"Moitas veces ouvín dicir que os lobos non atacan as persoas. E isto non e certo", así dicía Anxel Fole. Claro que arredor dunha lareira, coas tebras da noite caendo sobre as costas, as lapas bailando na negrura e debuzando monstros na cara, as palabras dos relatos podían vestir de negro os pensamentos máis agochados. Naquela escena resultaba máis críbel e aterrador.

Noites de inverno nas que as palabras, o caldo e o viño quecían máis que o propio lume. Traballar pola fresca da mañá e xuntarse para falar ao cabo do día eran os fitos que marcaban o calendario. Falar. Comunicar. Transmitir. Compartir.

Os radiadores, a calefacción, quentaron os corpos e arrefriaron os corazóns.

Claro que os lobos seguen a existir. Non son tan doados de ver. Ocúltanse no monte e baizan silandeiros, en forma de sombras, ruídos, bicos traizoeiros, treboadas, badaladas... Transformáronse co paso do tempo, mais os lobos habitan o mundo e acoden a nós... Cando cae a luz.

ISBN: 978-84-15699-97-2
Nº de páxinas: 121
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 21 cm


martes, 31 de decembro de 2019

GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS


GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS
Autor: Claudia Castro
Ilustracións: Emanuel Lomeña
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía

Idade recomendada: +10 anos

Velaquí unha nova visión, insólita, divertida e poética, sobre Galicia. É unha viaxe por toda a nosa xeografía, chea de trampas e tesouros. Abre o libro. Dentro hai unha aventura ben fermosa...

ISBN: 978-84-9151-386-5
Nº de páxinas: 55
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm


luns, 30 de decembro de 2019

MURIEL


MURIEL
Autor: María Canosa
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

A Muriel custáballe prender o sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e o seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro.

Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, Muriel foi definida polo xurado como "unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa".

ISBN: 978-84-9121-274-4
Formato: 13,50 x 19,00 cm

Encadernación: Rústica cosido a fío
Nº de Páxinas: 192


domingo, 29 de decembro de 2019

BRAMIDO MAINO


BRAMIDO MAINO
Autor: María Canosa Blanco
Edita: Edicios Do Castro

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade Recomendada: +9 anos

Bramido Maino é unha sinxela historia que escribiu María Canosa Blanco cando contaba trece anos, reflexando nela as súas xentes, as paisaxes rurais,... Coas que ela disfrutaba. Unha tarde de verán pechou de néboa penetrante e húmida mentres ela percorría un camiño estreito en bicicleta. Ó regreso, sentou sobre as follas secas que caeran dos eucaliptos e deixou que a súa mente voase, nacendo así esta fantasía que plasmou en papel.

ISBN: 84-7492-836-2
Nº de páxinas: 71
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 12,5 x 18,5 cm


sábado, 28 de decembro de 2019

FAÍSCAS


FAÍSCAS
Autor: María Canosa
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil Galega - Narrativa

Como Faíscas que se desprenden dunha fogueira nacen estes relatos. Como moxenas que salfiren de puntos de luz a noite, ese tempo feito para o acougo, para os soños ou para escoitar e ler historias.

ISBN: 978-84-9865-163-8
Nº de páxinas: 151
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 21 cm



venres, 27 de decembro de 2019

BICOS E NON BALAS


BICOS E NON BALAS
Autor: Antonio García Teijeiro
Ilustradora: Bea Gregores
Edita: Editorial Galaxia, SA

Género: Literatura Infantil Galega - Poesía

Idade recomendada: +6 anos

Pola nosa boca paden saír balas pero tamén bicos. Poden saír versos e beixos. Podemos reclamar, a berroversos, a paz.

Velaquí unha antoloxía de poemas sobre a paz de Antonio García Teijeiro, un dos poetas galegos que máis e mellor entenderon que non hai camiño para a paz, senón que a paz (e a poesía) é o camiño.

ISBN: 978-84-9151-396-4
Nº de páxinas: 107
Encadernación: Tapa dura
Formato: 14,5 x 28 cm


xoves, 26 de decembro de 2019

¿A QUÉ ALTURA ESTÁ O CEO?


¿A QUÉ ALTURA ESTÁ O CEO?
Autor: Jorge Mira
Ilustrador: Dani Padrón
Edita: Alvarellos Editora

Xénero: Información - Ciencias Puras - Astronomía

Idade recomendada: +9 anos

Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano dende os albores da súa existencia: ¿A qué altura está o ceo? Este libro vainos dar resposta. A esta cuestión... E a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia Clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.

Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: ¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? ¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? ¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia? ¿Cal é a idade do universo? ¿E o seu tamaño?...

ISBN: 978-84-16460-02-1
Nº de páxinas: 128
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 23 cm


mércores, 25 de decembro de 2019

LA NAVIDAD DEL PEQUEÑO NICOLÁS


LA NAVIDAD DEL PEQUEÑO NICOLÁS
Autor: René Goscinny
Ilustrador: Jean-Jaques Sempé
Edita: Santillana Infantil y Juvenil, SL

Género: Literatura Juvenil Castellana - Narrativa

El pequeño Nicolás es un chico buenísimo y generoso y siempre piensa en los demás. Es capaz, incluso, de pedir regalos de Navidad solo para la gente que quiere. ¡Montones y montones de regalos!

ISBN: 978-84-9122-255-2
Nº de páginas: 265
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 20


martes, 24 de decembro de 2019

VICUS: UN LUGAR AQUELADO


VICUS: UN LUGAR AQUELADO
Autor: Beto Luaces
Edita: Edicións Bolanda, SL

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Vicus: Un lugar aquelado é a segunda entrega da serie de novela negra denominada Vicvs e iniciada co libro Un lugar común. Aquela primeira novela foi a quilómetro cero da historia ideada por Beto Luaces. Desta volta, o protagonista é o detective privado Manuel Peixoto, amigo inseparable do arquitecto vigués Senén Barreiro, o protagonista principal do primeiro libro e que pasa a un segundo plano.

A trama actual atinxe o mundo da conserva viguesa e a cidade olívica volve a ser novamente un personaxe máis da historia e, por suposto... A enigmática serra do Suído.

ISBN: 978-84-17702-63-2
Nº de páginas: 373
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 17 x 24 cm



luns, 23 de decembro de 2019

O VIXILANTE DOS SOÑOS


O VIXILANTE DOS SOÑOS
Autor: Ana Carreira Varela
Ilustracións: Noemí López
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Árbore

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: A partir dos 6 años

Desde bebé Sonólicus durmía ben pegadiño á fiestra, e o último que vía antes de pechar os ollos era unha faciana redonda e resplandecente...

E como será a Lúa? 
Dura ou branda? Fría ou quente? 
Áspera ou suave?

Ana Carreira é titulada superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia pola ESAD de Galicia, actriz, dramaturga, contacontos, monitora de teatro e presidenta e actriz do grupo "Ubú Teatro".

Especializada en adultos e, sobre todo, nenos, actuou en campañas de animación á lectura e a campaña "Creadores de Contos" da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia. Ademais, actuou en feiras de ensino en Lugo e Ferrol, en feiras do libro por toda Galicia, centros de ensino, librerías, bibliotecas, centros comerciais, locais de hostalería e todo tipo de festas. Participou en programas de TeleLugo e TVG como "Luar", "Isto é noticia", "Contacontos".

ISBN: 978-84-8288-956-6
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 20 cm

domingo, 22 de decembro de 2019

EL BOSQUE SABE TU NOMBRE


EL BOSQUE SABE TU NOMBRE
Autor: Alaitz Leceaga
Edita: Penguin Random House Grupo Editorial, SAU

Género: Literatura Castellana - Narrativa

A finales de los años veinte del siglo pasado , Estrella y su hermana gemela, Alma, llevan una vida privilegiada como hijas de los marqueses de Zuloaga, propietarios de una casa solariega y una mina de hierro en un pequeño pueblo suspendido sobre el Cantábrico. Crecen rodeadas de fiestas y lujos, pero también marcadas por un poderoso misterio. Porque Estrella y Alma no son como las otras niñas: herederas de un extraño don que pasa de generación en generación entre las mujeres de su familia, viven a la sombra de una maldición según la cual una de las dos morirá antes de cumplir los quince años.

Así arranca esta historia llena de magia y pasión, que nos lleva por medio mundo tras los pasos de su protagonista, una mujer inolvidable que no dudará en hacer todo lo necesario, sin miedo al peligro ni a las convenciones sociales, por defender su tierra y el legado que lleva escrito en la sangre.

ISBN: 978-84-666-6292-5
Nº de páginas: 626
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 15,5 x 23,5 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger