venres, 30 de abril de 2021

BUSCA DINOSAURIOS, PIRATAS Y MONSTRUOS

 
BUSCA DINOSAURIOS, PIRATAS Y MONSTRUOS
Ilustraciones: Carrie Hennon y Dan Crisp
Editorial Susaeta

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +3 años

En cada página de este libro hay dinosaurios escondidos...

Pero estas páginas están cortadas, y combinándolas se pueden encontrar además piratas, alienígenas, zombis y monstruos.

¿Puedes verlos?

ISBN: 978-84-677-6923-4
Nº de páginas: 10
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 26 cm

xoves, 29 de abril de 2021

ONDE ESTARÁ A MIÑA GARAVATA?

ONDE ESTARÁ A MIÑA GARAVATA?
Autor: José Carlos Román
Ilustracións: Canizales
Tradución: Maruxa Zaera Landeira
Editorial Bookolia 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Unha divertida historia de extravíos inesperados e achados inesperados, de traballo en equipo e amizade.

Unha divertida historia cargada de ritmo. O saltón inicia a búsqueda da súa garavata que se perdeu nun dos seus saltos. No seu camiño vai atopándose otros amigos que perderon tamén outros obxetos. O saltón perdeu a súa garavata, o cempés o seu zapato, o caracol a súa bufanda...

De estructura acumulativa, un a un vanse sumando á búsqueda do que extraviaron sen ser conscientes do que o que un perdeu otro o atopou. Vaia enleada que se armou!

Finalmente percátanse do erro, pero… Onde estará a garavata? Unha historia de enredo trepidante.

Un libro que anima á colaboración e o traballo en equipo.

ISBN: 978-84-18284-06-9
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 22 cm

mércores, 28 de abril de 2021

XELA ARIAS - DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

O vindeiro día 17 de Maio celebramos un novo DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada ano "DIA DAS LETRAS GALEGAS" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Por iso cada ano, nesta data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.

Neste ano 2021 a autora homenaxeada é XELA ARIAS


XELA ARIAS (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) Filla de Amparo Castaño López e Valentín Arias López, nace en Ortoá, en Sarria o 4 de marzo de 1962, é a maior de cinco irmáns. Os tres primeiros anos de vida decorren na contorna da Granxa de Barreiros. A actividade laboral do pai está vinculada ao proxecto pedagóxico creado por Antonio Fernández López do que xermolaría tamén o Colexio Fingoi de Lugo, no que inicia Xela Arias estudos de primaria. En 1969 a familia trasládase a Vigo, cidade decisiva na biografía e na obra dunha “nena de barrio e vida proletaria”, nas súas palabras. Completa ensino primario na Escola Nacional Graduada de Sárdoma en Moledo (logo Colexio Público de Sárdoma- Moledo) onde o seu pai exerce como mestre.

Para saber máis da biografía da autora, fai clic AQUÍ.

Para coñecer mellor a vida e obra de XELA ARIAS, autora homenaxeada este ano 2021 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas webs un montón de documentos e actividades  para imprimir e para facer en liña: 


-Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.


-Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.


-Web O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que atoparedes moitísimos recursos e información sobre o autor: exposicións, actividades dinamizadoras, videos, etc.

-Web Primaveira das Letras da Real Academia Galega que podedes visitar e que dispón dun montón de actividades para coñecer mellor á vida e obra da protagonista das Letras Galegas de 2021.



DANIELA Y LAS CHICAS PIRATA

 
DANIELA Y LAS CHICAS PIRATA
Autora: Susanna Isern
Ilustraciones: Ana Gómez
Nubeocho
Colección: Egalité

Género: Literatura Infantiles en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +4 años

Hay un nuevo barco pirata surcando los mares: ¡el barco de las Pirañas Intrépidas!

Se están haciendo famosas, han salvado a gente en peligro y han conseguido tesoros fabulosos…

ISBN: 978-84-17123-26-0
Nº de páginas: 44
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 28 x 24 cm

martes, 27 de abril de 2021

¡MENUDO PÁJARO!

 
¡MENUDO PÁJARO!
Autor: Roció Bonilla Raya
Editorial Algar

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +3 años

Carrasco es un niño curioso y espabilado al que le asaltan las dudas el día que su vecina se le queda mirando fijamente y le dice: «¡Menuda cara de pájaro tienes!».

¿Qué ha querido decir la señora Manolita? ¿Qué se parece a un pájaro? Entonces, ¿podrá volar? Resolver este misterio requerirá de todo su ingenio...

No te pierdas el booktrailer de ¡Menudo pájaro!:

ISBN: 978-84-9142-383-6
Nº de páginas: 32
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 21,5 x 29 cm

luns, 26 de abril de 2021

CUENTOS PARA UNA NUEVA REALIDAD

 
CUENTOS PARA UNA NUEVA REALIDAD
Autor: Begoña Ibarrola
Ilustraciones: Marisa Morea
Destino

Género: Literatura en Infantil Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +3 años

Cuatro cuentos que ayudarán a los más pequeños a gestionar la vuelta a la nueva normalidad.

Los niños y niñas llevan unos meses complicados y extraños: encerrados en casa, escuchando palabras duras, obligados a estar lejos de algunos de sus seres queridos y sus amigos… Y la vuelta a la «nueva normalidad», con la vuelta al cole, también los tiene preocupados.

Este recopilatorio de cuentos es una gran herramienta para trabajar las emociones ante lo que se avecina: recuperar las rutinas, expresar y gestionar miedos que han tenido ocultos (miedo al contacto, miedo al exterior, miedo a las nuevas medidas de seguridad, miedo a la muerte, miedo a estar lejos de parte de la familia...), adquirir nuevos hábitos de higiene... Pero también para recalcar y mantener todo lo positivo que nos han dejado estos meses: la creatividad, la sencillez, estar en familia, la solidaridad entre vecinos...

ISBN: 978-84-08-23250-6
Nº de páginas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 28 cm

domingo, 25 de abril de 2021

ROGER E O MISTERIO DA VOZ DO PAPAGAIO

ROGER E O MISTERIO DA VOZ DO PAPAGAIO
Autor: Jose Carlos Román
Ilustracións: David Lorenzo
Tradución: Iolanda Mato
Triqueta Verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Nun recóndito recuncho da selva, todos os animais espertan sobresaltados ao escoitar uns estraños xemidos… Ao papagaio Roxelio roubáronlle a voz!

Volve o Rato detective máis intrépido e afouto para resolver un novo caso.

Conseguirá Roger atrapar o ladrón?

ISBN: 978-84-121186-7-4
Nº de páxinas: 34
Encadernación: Tapa dura
Formato: 25 x 25 cm

sábado, 24 de abril de 2021

MIÑA GUÍA, MEU CAPITÁN

MIÑA GUÍA, MEU CAPITÁN
Autor: Gonzalo Moure
Ilustracións: María Girón
Tradución: Manuela Rodríguez
Kalandraka Editora
Colección: Maremar

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Emoción e beleza, o fondo amor entre un pai e unha filla, ou a capacidade para ver máis aló das limitacións visuais están presentes neste libro, que transmite a tenrura e a admiración entre os protagonistas.

ISBN: 978-84-1343-030-0
Nº de páxinas: 40
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 24,5 cm

venres, 23 de abril de 2021

UN FERMOSO OVO BRANCO

UN FERMOSO OVO BRANCO
Autora: Paula Carballeira
Ilustracións: Miguel Cerro
Triqueta Verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

“Un fermoso ovo branco” é unha historia sobre como volve nacer a alegría, sobre como a vida sempre se abre paso, igual cá galiña protagonista: correndo, berrando, cantando.

Os que primeiro a perseguen son os nenos e as nenas, valentes, desexando bailar sen límites, pero detrás van as familias, propias e alleas.

Mesmo logra desconcertar os soldados.

E todo por unha galiña, que ata nos peores tempos nos regala “un fermoso ovo branco”.

ISBN: 978-84-122468-2-7
Nº de páxinas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 27 cm

xoves, 22 de abril de 2021

SOÑOS DE CAJAMARCA

SOÑOS DE CAJAMARCA
Autores: VV.AA. (An Alfaya, Miguel Ángel Alonso Diz, Rebeca Álvarez, Concha Blanco, María Canosa, Paula Carballeira, Ramón Caride, Xavier Estévez, Antonio M. Fraga, Antonio García Teijeiro, Carlos Labraña, Iria Misa, Pere Tobaruela e Antía Yáñez)
Portada: Iván R.
Antela Editorial

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos - Teatro - Poesía

Idade recomendada: +8 anos

Soños de Cajamarca reúne nun só volume catorce relatos de Literatura infantil e xuvenil obra de destacados autores do noso panorama nacional. A través das súas verbas coñeceremos historias fantásticas que farán voar a nosa imaxinación á vez que alentan as ilusións de centos de nenas e nenos que residen en apartadas rexións dos Andes, no Perú.

Porque este proxecto colectivo nace con alma solidaria: apoiar o traballo que a "ONG Aulas Abiertas" está a levar a cabo no país andino a través da cesión de tódolos beneficios que os escritores participantes perciban por esta obra.

Súmate a esta aventura e coñece os marabillosos mundos que albergan as súas páxinas.

ISBN: 978-84-09-24120-0
Nº de páxinas: 150
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 14 cm

mércores, 21 de abril de 2021

O MISTERIO DO SORRISO DE LUCAS

O MISTERIO DO SORRISO DE LUCAS
Autora: Carmen Gil
Ilustracións: Silvia Álvarez
Tradución: Iolanda Mato Creo
Triqueta Verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Nunha cidade afastada, aló onde nacen os ecos e caen as estrelas fugaces, ten lugar un misterio máis grande ca un campo de margaridas ou ca un ceo sen nubes.

É o misterio do sorriso de Lucas, que se debuxa na súa cara de día e de noite, no verán e no inverno, os 365 días do ano. Bo, 366 os bisiestos.

Científicos de todo o mundo acoden a estudar o fenómeno sen éxito.

Cal será a causa de tan luminoso e enigmático sorriso?

Quen conseguirá por fin desvelar o secreto marabilloso que se esconde tras del?

ISBN: 978-84-122468-0-3
Nº de páxinas: 41
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 27 cm

martes, 20 de abril de 2021

UNHA MESTRA EN APUROS 2. ISTO É OUTRO MUNDO

UNHA MESTRA EN APUROS 2. Isto é outro mundo
Autor: Pilar Serrano
Ilustracións: Jorge Campos
Tradución: Maruxa Zaera Landeira
Editorial Bululú

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Banda deseñada

Idade recomendada: + 9 anos

A nosa mestra de infantil é nova pero sobradamente preparada e con moita experiencia en lidar coas trasnadas, as inquietudes e a persoal visión do mundo dos seus alumnos. Surrealismo por milleiros e diversión ao máximo, a creatividade dos nosos peques para crear situacións imposibles permítenos presentar o segundo número desta que, estamos seguros, será unha longa saga de cómics.

e lembrade, baseado en feitos reais, a realidade sempre supera á ficción.

Un cómic que fará as delicias de nenos e adultos; os primeiros veranse reflectidos no seu día a día e os segundos valorarán e, seguro, gozarán coñecendo o traballo dos profes dos seus fillos.

ISBN: 978-84-121848-3-9
Nº de páxinas: 64
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 17 x 24 cm

luns, 19 de abril de 2021

SOS MONSTROS VERDADEIROS AMEAZAN O PLANETA

SOS MONSTROS VERDAEIROS AMEAZAN O PLANETA
Autor e ilustrador: Marie G. Rohde
Tradución: Iria Taibo
Baía Edicións

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: + 6 anos

SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos.

Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente.

Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos.

ISBN: 978-84-9995-338-0
Nº de páxinas: 50
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 30 cm

domingo, 18 de abril de 2021

A ALMA PERDIDA

A ALMA PERDIDA
Autor: Olga Tokaeczuk
Ilustracións: Joanna Concejo
Tradución: Ana Garrido González
Thule Ediciones
Colección: Fuera de Órbita

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +8 anos

«Era unha vez un home que traballaba moi duro e moi rápido e que xa había tempo deixara en algures, lonxe, a súa vagarosa alma.»

A alma perdida é unha conmovedora historia sobre a espera, a paciencia e a reflexión, concibida como un libro de arte para todas as idades que obtivo o Premio Bolonia Ragazzi 2018, Mención Especial en Ficción. Segundo o xurado, «O tema filosófico deste libro, a propia cuestión da alma, explórase a través dunhas ilustracións que transpiran unha sensación de paz e meditación. A artista Joanna Concejo representa a melancolía e a ledicia evocadas pola memoria con trazos finos e debuxos minuciosos».

ISBN: 978-84-16817-63-4
Nº de páxinas: 52
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 27 cm

sábado, 17 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR 2021


Este ano, como en anos anteriores, o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR celébrase en todo o mundo o próximo 23 de abril.

Desde BIBLIOPAZOS convidámosvos a celebrar este día durante todo o mes de Abril no que se conmemorou tamén o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL (2 de Abril), reservando libros na túa biblioteca, na túa librería e fomentando a accesibilidade, produción e difusión de actividades sobre libros. Acude ás actividades que se realicen no entorno da teu domicilio.

Xima Awada Yakub, de cuatro años (izquierda) y su hermana, Zamai, leen libros en la biblioteca recientemente
restaurada del Centro Cultural en El Fasher, en Darfur del Norte. FOTO: ONU/Albert González Farran
O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, celébrase o 23 de abril e foi decretado pola UNESCO co obxectivo de fomentar a lectura, ademais de dar a coñecer o dereito da propiedade intelectual para o autor da súa propia obra literaria.

Antecedentes:

O Día Mundial do Libro, tivo a súa orixe o día 15 de novembro do ano 1995 como unha maneira de render unha homenaxe a grandes escritores universais como Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega, Williams Shakespeare, Vlamidir Nabkov, Josep Pla, Manuel Mejías Vallejo, entre outros.

Foi a través da UNESCO que se decretou o día 23 de abril xa que nesa data celébrase o natalicio ou morte destes ilustres personaxes da literatura. Isto logrouse grazas á colaboración da Unión Internacional de Editores e cuxo fin foi, non só fomentar a cultura e as letras no mundo, senón tamén, buscar unha maneira de protexer a propiedade do dereito de autor.

A partir desta data, búscase render unha homenaxe universal aos libros e autores, así como fomentar e descubrir o pracer da lectura, valorar toda a achega cultural e o legado dos grandes escritores tanto do pasado como do presente.

Que son os dereitos de autor?

Os dereitos de autor, refírense a un conxunto de principios e normas xurídicas que establecen os dereitos morais, patrimoniais e universais que teñen todos os autores e escritores de obras literarias, científicas, musicais, artísticas ou de carácter didáctico.

Nesta categoría tamén están os creadores de programas informáticos, os anunciantes e publicistas, os produtores da cinematografía, etc. Está considerado como un dos dereitos humanos fundamentais na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Os libros como rica fonte de sabedoría

Os libros son fonte inesgotable de sabedoría, que axudan ao ser humano para transformar o seu mundo interior e exterior. Os libros son ferramentas para a apertura cara a novos coñecementos e valiosos recursos que axudan no desenvolvemento da creatividade e das capacidades cognitivas dos nenos.

Doutra banda, unha boa lectura, pode chegar a transformarse nunha excelente terapia para a nosa saúde e é un método para forxar a imaxinación tanto dos nenos como os adultos, ademais de ser un instrumento universal para forxar valores entre os máis novos.

Un bo libro pode servir como unha chave para expandir a diversidade cultural entre os distintos pobos do mundo.

Os libros máis lidos no mundo

A través da historia, moita foi a literatura que marcou un antes e un despois en toda a historia universal dos seres humanos. Nos cinco continentes, grandes escritores da talla de Homero, Shakespeare ou Miguel de Cervantes deixaron un gran legado á humanidade, con todo, aquí faremos mención ás obras máis relevantes.

A Biblia, foi o libro máis universal e vendido en todo o mundo. A súa influencia foi incuestionable e hoxe segue sendo un dos máis importantes e influentes no planeta enteiro.

A Iliada, de Homero é considerada unha das grandes obras literarias de todos os tempos, onde se mestura toda a historia cultural e social da antiga Grecia, con personaxes mitolóxicos envoltos nunha fascinante historia de amor.

Obras completas, de William Shakespeare. Toda a súa obra literaria é universal. Traducida a case todos os idiomas e representadas nos mellores escenarios e teatros de todo o mundo.

Don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes. Esta maxistral obra da literatura española foi traducida a moitos idiomas. Chea dunha gran xenialidade logrou cativar ao público lector de todas as idades.

Harry Poter, de J. K. Rowling. Este libro foi toda unha revolución; con case 400 millóns de copias vendidas, está entre os máis buscados e aceptados por grandes e pequenos.

O Diario de Ana Frank. Un dos relatos máis conmovedores e alecionadores, contado por unha nena durante o exterminio nazi. Foi traducido a moitos idiomas ao redor do mundo.

Cen Anos de Soidade, de Gabriel García Márquez. É considerada unha verdadeira obra mestra da literatura hispanoamericana e universal.

Como celebrar o Día Mundial do Libro?

Para celebrar o Día Mundial do Libro e os Dereitos de Autor, este 23 de abril, realizaranse, nos distintos países do mundo, unha serie de actividades que atraerán a atención de persoas dedicadas ao mundo das artes e as letras, así como fanáticos da lectura.

Se queres formar parte deste importante evento, convidámosche a fomentar de maneira individual ou colectiva a cultura e o hábito da lectura.

Tamén podes regalar un libro a un ser querido ou simplemente utiliza as distintas redes sociais para que compartas a túa opinión ou experiencia sobre este interesante tema a través do hashtag #DíaMundialdoLibro.


Cada ano a UNESCO e as organizacións profesionais internacionais do mundo do libro que forman parte do comité consultivo da Capital Mundial do Libro (Foro Internacional de Autores, Asociación Internacional de Editores, e a Federación Internacional de Asociacións e Institucións Bibliotecarias) elixen unha capital mundial do libro cuxo mandato empeza cada 23 de abril.

TIFLIS (GEORGIA) foi nomeada Capital Mundial do Libro para o ano 2021 pola Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, seguindo a recomendacón do comité consultivo da Capital Mundial do Libro, que se reuniu en Suiza en xuño de 2019.

O programa proposto por TIFLIS, cuxo lema é "Ok, entón o teu próximo libro é…?" céntrase no uso de tecnoloxías modernas como ferramentas poderosas para promover a lectura entre os mozos.

O programa inclúe varias actividades importantes, a gran escala e sostibles. Entre os eventos e actividades haberá bibliotecas e un festival do libro infantil, un proxecto dixital de última xeración para transformar libros en xogos e a reconstrución da primeira editorial xeorxiana.

Deseñado especificamente para nenos, novos e lectores que teñen acceso limitado aos libros, o programa de actividades centrarase na innovación. O obxectivo principal da cidade é popularizar a lectura e aumentar a accesibilidade aos libros para toda a sociedade.

O ano de celebracións comezará o 23 de abril de 2021, Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor.

As cidades designadas como Capital Mundial do Libro da UNESCO comprométense a promover os libros e a lectura e a organizar actividades durante o ano. Tiflis será a vigesimoprimera cidade en ter o título desde 2001, despois de Kuala Lumpur (2020) e Sharjah (2019). Entre os gañadores anteriores figuran Madrid (2001), Alexandría (2002), Nova Deli (2003), Anveres (2004), Montreal (2005), Turín (2006), Bogotá (2007), Ámsterdam (2008), Beirut (2009), Liubliana (2010), Buenos Aires (2011), Ereván (2012), Bangkok (2013), Port Harcourt (2014), Incheon (2015), Breslavia (2016), Conakry (2017) e Atenas (2018).

EL RATÓN DE BIBLIOTECA III

 
EL RATÓN DE BIBLIOTECA III
Autora: Miya Kazuki
Ilustraciones: Suzuka
Traducción: Raquel Viadel
Kitsune Manga

Género: Literatura en Castellano - Banda deseñada

Edad recomendada: +11 años

Myne continúa su aventura libresca y lo intenta todo para elaborar papel mientras ayuda a Otto en la puerta de la ciudad y se prepara para el bautismo de su hermana, Tuuli. Intenta manufacturar papiros falsos con fibras vegetales durante el invierno y hornear tablillas de barro durante la primavera, pero fracasa estrepitosamente.

Sin embargo, su amor por los libros no es tan débil como para dejarse vencer tan fácilmente. ¡Es hora de idear un plan C y convertir su sueño de vivir rodeada de libros en una realidad!

Una historia dulce que hará las delicias de los amantes de la lectura y de los ratones de biblioteca.

ISBN: 978-84-16788-88-0
Nº de páginas: 192
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 18 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger