martes, 30 de xuño de 2020

DRAGAL V: O SEGREDO DO DRAGÓN


DRAGAL V: O SEGREDO DO DRAGÓN
Autor: Elena Gallego Abad
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI?

Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura. Pero os inimigos do dragón non descansan: o achado dun pergamiño que desvela a existencia das catacumbas poder supor o desastre.

Que sabían os trobadores do tesouro de Dragal?

Intensa, sorprendente, máxica, adictiva... Dragal V explora os límites entre realidade e ficción científica para satisfacer os fans máis esixentes do universo dragaliano e conquistar novos lectores.

ISBN: 978-84-9121-540-0
Nº de páxinas: 393
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 21 cm

luns, 29 de xuño de 2020

QUOKKA MOKA


QUOKKA MOKA
Autor: María Solar
Ilustrador: Víctor Rivas
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +9 anos

Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. É unha especie australianan de marsupiais que está en perigo de extinción. Imaxinas un animal que sempre sorrí, pero que é realmente insoportable?

Pois esa é a nosa Quokka Moka. Insoportable ata fartar. Un día, sen querer, extermina a súa especie e só sobreviven ela e mais a súa riseira avoa, que queda moi enfadada. As dúas, coa axuda do espírito do sapo Roco, deberán ir ao Antiuniverso na procura dos quokkos para tentar de recuperar a especie.

Unha divertida aventura vivida entre o mundo do dereito e o mundo do revés.

ISBN: 978-84-9121-483-0
Nº de páxinas: 144
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19

domingo, 28 de xuño de 2020

FLIS-FLI-RIS-FLÁS


FLIS-FLI-RIS-FLÁS
Autores: Araceli Gonda e Francisco C. Díaz Rei
Ilustrador: Xosé Tomás
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Conto

Idade recomendada: +6 anos

E, claro, aparecen os soños e os monstros dos soños e os señores escuros dos soños...

Pero non te preocupes. Hai palabras máxicas que poden facer que todo iso desapareza para sempre.

Martiño pensa cousas que non debe pensar antes de ir durmir.

Nº de páxinas: 62
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15,5 x 19 cm

sábado, 27 de xuño de 2020

OS BOLECHAS COIDAN A CURMÁ SALADINA


OS BOLECHAS COIDAN A CURMÁ SALADINA
Autor: Pepe Carreiro
Edita: Bolanda Ediciones y Marketing

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Os bolechas van a casa da tía Lupa e quedan o coidado da súa curmá Saladina, que é un bebé.

De pronto, ponse berrear e ningún dos bolechas sabe que facer.

ISBN: 978-84-09-01821-5
Nº de páxinas: 18
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 16,5 cm

venres, 26 de xuño de 2020

OS SERES CON RAÍCES NA CARA


OS SERES CON RAÍCES NA CARA
Autor: An Alfaya
Ilustrador: Xosé Cobas
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Adentrarse neste libro é facelo noutra forma de entender o mundo. Un mundo poboado de seres diferentes. Os seres con raíces na cara.

Como? Non sabes quen son?

Velaquí a porta de entrada ao lugar no que eles habitan.

ISBN: 978-84-7154-074-4
Nº de páxinas: 142
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

xoves, 25 de xuño de 2020

ROGER O RATO E O MISTERIO DAS MANCHAS


ROGER O RATO E O MISTERIO DAS MANCHAS
Autor: José Carlos Román
Ilustrador: David Lorenzo
Edita: Triqueta Verde Editora, SLU

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Esta noite creouse un gran balbordo na granxa. Mentres todos durmían, alguén entrou e, presuntamente..., roboulle as manchas a vaca!

Un novo casa para Roger, o rato, o detective máis audaz, ao que ninguén conseguiu xamais enganar.

ISBN: 978-84-949231-0-4
Nº de páxinas: 33
Encadernación: Tapa dura
Formato: 25,5 x 25,5 cm

mércores, 24 de xuño de 2020

MONICREQUEANDO



MONICREQUEANDO
Autores: Gloria Sánchez e Carme Domech
Ilustrador: Rodrigo Chao
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Teatro

Idade recomendada: +6 anos

Rato Pincho vai contento á escola por que vai celebra o Magosto cos seus compañeiros e compañeiras.

Pero hai un gato que non parece disposto a que Rato Pincho chege hoxe á clase. A verdade, poucas lle faltan a Rato para non acabar hoxe na barriga do gato.

Nº de páxinas: 62
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 15,5 x 19 cm

martes, 23 de xuño de 2020

UN CONTO CHEO DE LOBOS


UN CONTO CHEO DE LOBOS
Autor: Roberto Aliaga
Ilustrador: Roger Olmos
Edita: OQO Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Este conto está, literalmente, cheo de lobos. Son todos diferentes, pero teñen un problema en común. Non hai comida. 

Como farán para solucionalo? 

ISBN: 978-84-9871-244-5
Nº de páxinas: 33
Encadernación: Tapa dura
Formato: 25,5 x 24 cm

luns, 22 de xuño de 2020

¿QUEN VIVE AQUÍ?


¿QUEN VIVE AQUÍ?
Autor: Ana María Fernández
Ilustradora: Irene Fra
Edita: Editorial Galaxia, Sa

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +10 anos

O mundo é coma unha casa grande, repleta de habitacións. En cada cuarto habita alguén que nos pode contar a súa forma de entender a vida.

Na casa da selva, na casa do monte, na casa da cidade...

Hai alguén que agarda para falar contigo.

ISBN: 84-8288-678-9
Nº de páxinas: 45
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

domingo, 21 de xuño de 2020

ENDRINA E O SEGREDO DO PEREGRINO


ENDRINA E O SEGREDO PEREGRINO
Autor: Concha López Narváez
Ilustradora: Noemí López
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Onde irá aquel romeiro... Meu romeiro onde irá... Camiño de Compostela, van dous camiñantes. Un é vello e parece moi canso. O outro é mozo, forte e baril. A eles unirase nas montañas de Navarra Endrina, unha rapaza de apenas quince anos que coida os seus rabaños.

Facendo o Camiño de Santiago, coñecerá o mundo e descubrirá o amor. Todo iso mentres se pregunta cal pode ser o segredo que gardan os seus dous acompañantes.

ISBN: 84-8288-743-2
Nº de páxinas: 256
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

sábado, 20 de xuño de 2020

HAI UN TIGRE NO XARDIN


HAI UN TIGRE NO XARDÍN
Autora e ilustradora: Lizzy Stewart
Edita: Triqueta Verde Editora, SLU

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

"A miña avoa esta a tomarme o pelo. Xa son grandiña para estes xogos tan infantís! Todo o mundo sabe que os tigres viven na xungla, non nos xardíns.

Veña, vale, recoñezo que hai libélulas tan grandes coma paxaros e plantas que me poden engulir dun bocado, e tamén un oso polar moi, pero que moi rosmón. Pero de aí a pensar que no noso xardín hai un tigre é un pouco ridículo...

Non si?"

ISBN: 978-84-941860-4-2
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 30,5 cm

venres, 19 de xuño de 2020

O NENO PEIXE


O NENO PEIXE
Autor: Lucía Belarte
Ilustrador: David Rodríguez Lorenzo
Edita: Triqueta Verde Editora, SLU

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Se algunha vez che fala un neno e che di que o seu pai é humano e a súa nai unha serea... Non o mires mal.

Estas perante o neno peixe!

ISBN: 978-84-949231-5-9
Nº de páxinas: 37
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 29,5 cm

xoves, 18 de xuño de 2020

OS XOGOS OLÍMPICOS DE NINGURES


OS XOGOS OLÍMPICOS DE NINGURES
Autores: Pinto e Chinto
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

Así empeza este divertidísimo libro que tes nas mans:

"Outros Xogos Olímpicos pasarán a Historia por ser os mellor organizados. Outros Xogos Olímpicos pasarán a Historia por ser os que viron bater o maior número de records. Pero os Xogos Olímpicos de Ningures pasarán a historia por ser os máis estrambóticos e divertidos, escenario de situacións realmente curiosas. 

Como país organizador, Ningures puido presentar os seus atletas, que ata entón nunca participaran nunhas Olimpíadas. O equipo olímpico ningurense estaba formado por un grupo de deportistas, cadaquén máis estrafalario, protagonistas dunha presa de anécdotas que a continuación pasamos a relatar".

ISBN: 978-84-9865-416-5
Nº de páxinas: 74
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

mércores, 17 de xuño de 2020

CONTOS AZUIS


CONTOS AZUIS
Autor: Fernando Cabeza Quiles
Ilustradores: RuÁn
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Azuis e de moitas outras cores -a cor da lembranza, a cor da nostalxia, tamén a cor da aventura e da ilusión- están tinguidos estes relatos cos que has de viaxar polo tempo, polos sentimentos e pola literatura.

ISBN: 978-84-9865-198-0
Nº de páxinas: 170
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

martes, 16 de xuño de 2020

O HABANERO / MARMELADA DE AMORAS


O HABANERO / MARMELADA DE AMORAS
Autores: Xabier P. Docampo e Ana Romaní
Ilustrador: Sergio Casas
Edita: Convenio Tren Caixa Galicia

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Este libro conten dous relatos curtos de Xabier P. Docampo e Ana Romaní, que inicia as súas armas literarias na literatura infantil e xuvenil.

Disfruta da mellor literatura destes dous grandes escritores!

ISBN: 84-89231-39-7
Nº de páxinas: 45
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 18,5 cm

luns, 15 de xuño de 2020

OUTRO NOME PARA DANIEL


OUTRO NOME PARA DANIEL
Autor: Ramiro J. Álvarez
Ilustradora: Mariel Méndez
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Nin Cabalo do Vento, nin Touro Sentado, nin Frecha Veloz. Daniel quere un nome de seu pero non dá acabado.

Enriba está a lea da separación dos pais, que implica, entre outras cousas, deixar a casa e afastarse de Avelino Raposo Vello. Mira ti que son ganas de amolar. 

Parece que a mala sorte, cando vén, chega toda por xunto.

ISBN: 978-84-7154-053-9
Nº de páxinas: 144
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

domingo, 14 de xuño de 2020

UNHA PANTASMA BRANCA


UNHA PANTASMA BRANCA
Autor: Fina Casalderrey
Ilustradora: Cristal Reza
Edita: Baía Edicións, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Unha sombra escura rompe a tranquilidade da noite en Penagrande como unha aparición que viñese do Outro Mundo e a brisa comeza a sacudilo todo. Nese intre, un prolongado e agudo sesear cae baixo as árbores. Parece unha chamada, ou quizais unha queixa que se expande axiña pola aldea.

De súpeto, uns berros inesperados estoupan coma estralos na torre de auga. O pobo enteiro permanece á espreita, sen voz, atemorizado.

Por que eses sons asustan tanto a veciñanza?

Por que din que anuncia unha traxedia?

Diego e Paula no se deterán ata atoparen as respostas e descubriren un dos seres máis fascinantes da noite: unha pantasma branca.

ISBN: 978-84-9995-310-6
Nº de páxinas: 104
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 19 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger