O vindeiro día 17 de Maio celebramos un novo DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende que o 20 de
marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez
Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran
nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada
ano "DIA DAS LETRAS GALEGAS" como data para "recolle-lo latexo
material da actividade intelectual galega". Por iso cada ano, nesta data,
Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.
No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES
GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data
da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu
libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se
instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data
porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego
que tivo unha significación universal.
Neste ano 2022 o autor homenaxeado é o poeta valdeorrés FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN:

FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN nace en Córgomo,
Concello de Vilamartín de Valdeorras, en agosto de 1903, no seo dunha familia
valdeorresa abastada. Súa nai Consuelo Gurriarán Díaz proviña de ferróns
vasco-navarros con dedicación á vitivinicultura e aos labores ferreiros nas
bocarribeiras do Sil e do Leira desde a Idade Media. Pola póla de seu pai, seu
avó Constantino Delgado Gurriarán era agrimensor e propietario de terras. O pai
de FDG, tamén Florencio, que era perito agrónomo, obrigou a familia a continuos
traslados, desde que «Florenciño» tiña seis anos: Ourense, Palencia e
Valladolid. Nesta última cidade comeza estudos universitarios de dereito. Alá
espertou cara ao «protonacionalismo» ao ler o xornal A Nosa Terra, voceiro
das Irmandades da Fala. Estamos a falar do treito temporal entre 1918 e 1924.
Anteriormente lera a Rosalía, Curros e Cabanillas na biblioteca familiar de
Córgomo, onde tan só acudía os veráns. Estas lecturas espertaran a súa vocación
poética...
Para saber máis da biografía da autora, fai clic AQUÍ.
Para coñecer mellor a vida e obra de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, autor homenaxeado este
ano 2022 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas webs un
montón de documentos e actividades para imprimir e para facer en
liña:
-Web do Seminario Galán para os rapaces e
rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.
-Web da Real Academia Galega con propostas
lúdicas e didácticas para todas as idades.
-Web
O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que atoparedes moitísimos recursos e información sobre o autor: exposicións, actividades dinamizadoras, videos, etc.
-Web
Primaveira das Letras da
Real Academia Galega que podedes visitar e que dispón dun montón de actividades para coñecer mellor á vida e obra do protagonista das Letras Galegas de 2022.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.