venres, 31 de outubro de 2014

PROGRAMA "XUNTOS POLO NADAL"

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaria Xeral de Política Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas, xa sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.


Prazas e destinos:
Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
  • 120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.
  • 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán para as persoas solicitantes das provincias de Ourense e A Coruña.
Datas e servizos:
Este programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro de 2014 e o 2 de xaneiro de 2015, e comprende os seguintes servizos:
  • Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
  • Aloxamento, en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa.
  • Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 2 de xaneiro despois do xantar.

Persoas beneficiarias:
Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 60 anos (telos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes).
b) Estar empadroado nalgún dos concellos galegos.
c) Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto - contaxiosa activa
nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia.
d) Non estar acollido/a en ningún centro residencial.
Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
-Realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.
-Teñan máis idade.
-Teñan un menor nivel de ingresos económicos.
-Non participaran en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal nin este ano no de Benestar en balnearios ou nos de Termalismo e/ou Vacacións do IMSERSO. 
Solicitudes:
As solicitudes, acompañadas do informe social e a declaración responsable, formularanse nos modelos deseñados ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda en cada caso.

Poderanse presentar ata o 15 de novembro, incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

Custo da praza:
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros/mes), asistirán de forma GRATUÍTA ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.

Unha vez efectuado o ingreso de dito importe, só se lles efectuará a súa devolución se non se incorporan ao programa e o comunican por escrito polo menos con 10 días de antelación ao seu comezo ou o día anterior ou o mesmo día en caso de forza maior: enfermidade ou falecemento dun familiar; situacións que terá que acreditar coa solicitude da devolución. Non se lles devolverá ningún importe se abandonan a estadía ou non se encontran nos supostos anteriores.

Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos seleccionados ata o lugar que se sinale de saída nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.

Documentación:
As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e,no momento de incorporarse ao programa ir provistas de:
  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial (control sanitario tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
  • Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
  • Roupa adecuada e cómoda.
Para mais información pódense dirixir a:
  • Teléfono Social 900 333 666 (de forma gratuíta).
  • Páxina web da Consellería de Traballo e Benestar: http://benestar.xunta.es
  • Os servizos sociais comunitarios dos concellos e/ou departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais.
  • As xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

xoves, 30 de outubro de 2014

LA BIBLIA DE NEÓN - Literatura Adultos

La Biblia de neón 
Autor: John Kennedy TOOLE
Traducción: Jordi Fibla
Editorial Anagrama S.A.
Círculo de Lectores S.A.

Género: Literatura contemporánea 

David, el protagonista de La Biblia de neón, es un adolescente que vive en una población miserable del profundo Sur.

Una Biblia de neón ilumina el cielo por las noches, y durante el día el fanatismo religioso y la malevolencia hacen estragos en la vida de los ciudadanos. El padre de David pierde su trabajo, no puede seguir pagando su contribución a la Iglesia, y esto marca el inicio de una decadencia que les convertirá en parias dentro de la pequeña comunidad.

No hay muchas alegrías en la vida de David, excepto las que llegan de la mano de tía Mae, una hermana de su madre que tras una fantasmal carrera como cantante, y ya con sesenta años, escandaliza a los bienpensantes con su pelo teñido de rubio, sus vestidos de colores chillones y sus decrépitos novios.

Tras una decepción amorosa y un sangriento y escalofriante episodio, el joven David se apresta a una nueva vida en otros horizontes.

ISBN: 978-84-226-3477-5
Encuadernación: Tapa dura con sobrecubierta
Formato: 21 x 13 cm.
Nº de páginas: 188

martes, 28 de outubro de 2014

LA RECLUSIÓN SOLITARIA - Literatura Adultos

La reclusión solitaria
Autor: Tahar Ben Jelloun
Traducción: Malika Embarek
Modadori España S.A., 1992
Colección: Narrativa Mondadori

Tahar Ben Jelloun ha escrito una historia de amor entre un trabajador emigrado y una imagen de mujer, nacida del sueño y de la ausencia, que se mezcla en su memoria y le provoca los recuerdos: el pueblo de origen, la tierra empobrecida, la desertización humana del país, la revuelta de los campesinos, hombres en prisión, un niño abandonado y la miseria.

Para romper con LA RECLUSIÓN SOLITARIA, para escapar del vértigo del fantasma de la melancolía, destruya la imagen creada y emerge en lo real. En la calle encuentra la violencia, el odio y el racismo. También conoce a Gazelle, una palestina, huérfana de su tierra. De ese modo espera salir de la soledad a la que le han condenado la emigración y el exilio.

ISBN:84-397-1819-5
Encuadernación: Tapa dura con sobrecubierta
Formato: 22 x 15 cm.
Nº de páginas: 103

luns, 27 de outubro de 2014

Xornada "E POR QUÉ NON MONTAMOS UNHA COOPERATIVA?"

Dende a Axencia Local de Emprego e Desenvolvemento Local do noso Concello nos envían esta información que esperamos sexa do voso interese:


O próximo día 3 de novembro terá lugar no Edificio Multiusos da Xunqueira en Redondela, a Xornada “E POR QUE NON MONTAMOS UNHA COOPERATIVA?” enmarcada no programa de actuación 2014 da Rede Eusumo.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar par ao fomento do cooperativismo e a economía social.

A través da Rede Eusumo:
  • Foméntase o espírito emprendedor a través da fórmula cooperativa.
  • Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
  • Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego colectivo.
Que finalidade ten a xornada?
  • Dar a coñecer o cooperativismo de traballo asociado como alternativa de emprendemento colectivo.
A quen vai dirixido?
  • Persoas desempregadas.
  • Persoas interesadas en por en marcha unha actividade empresarial.
  • Persoas que queren cambiar a súa situación laboral.
  • Persoas interesadas en coñecer o cooperativismo como opción apra a inserción o u mellora laboral.
A xornada ten carácter gratuíto.

O prazo de inscripción é ata o día 29 de outubro.

Pódese inscribir chamando ao teléfono 986 402 664 ou a través do enderezo electrónico: ofi.cooperativismo@maiv.org ou en info@eusumo.coop

Máis información en:

domingo, 26 de outubro de 2014

LA CITACIÓN - Literatura Adultos

La citación
Autor: John Grisham
Traducción: Mª Antonia Menini
Ediciones B S.A., 2002

Género: Novela negra, intriga, terror

Un juez muere y deja tras de sí un sorprendente secreto.

El señor Atlee, un hombre mayor y muy enfermo, vive solo en la casa familiar de Clanton, Mississippi. Había sido un juez temido y apreciado que había estado por encima de la ley y la política local durante cuarenta años. Ahora casi se ha vuelto un recluso.

Al ver de cerca su fin, el juez Atlee manda llamar a su hijo Ray, un profesor de Derecho en la Universidad de Virginia, para acordar los detalles de la herencia. Su hijo se encamina, reticente, hacia el sur, pero el encuentro familiar no tiene lugar. El juez muere demasiado pronto. Y con ello, deja tras de sí un secreto sorprendente que solo llega a conocer Ray. Y quizá alguien más.

«Un narrador de paso firme con un dominio innegable de la trama, el ritmo y el tono.»
The New York Times Book Review

ISBN: 978-84-666-0651-3
Encuadernación: Tapa dura con sobrecubierta
Formato: 24 x 15 cm.
Nº de página: 414

sábado, 25 de outubro de 2014

LOLITA - Literatura Adultos

Lolita
Autor: Vladimir Nabokov
Traducción: Enrique Tejedor 
Ediciones Grijalbo S.A.
Círculo de Lectores S.A.
Género: Romántica, erótica

La historia de la obsesión de Humbert Humbert, un profesor cuarentón, por la doceañera Lolita es una extraordinaria novela de amor en la que intervienen dos componentes explosivos: la atracción "perversa" por las nínfulas y el incesto.

Un itinerario a través de la locura y la muerte, que desemboca en una estilizadísima violencia, narrado, a la vez con autoironía y lirismo desenfrenado, por el propio Humbert Humbert.

Lolita es también un retrato ácido y visionario de los Estados Unidos, de los horrores suburbanos y de la cultura del plástico y del motel.

En resumen, una exhibición deslumbrante de talento y humor a cargo de un escritor que confesó que le hubiera encantado filmar los pic-nics de Lewis Carrol.

ISBN: 978-84-226-6832-7
Formato: 22 x 15 cm.
Encuadernación: Tapa dura con sobrecubierta
Nº de páginas: 331

venres, 24 de outubro de 2014

DIA DA BIBLIOTECA 2014

Hoxe venres 24 de outubro celebraráse en toda España o DÍA DA BIBLIOTECA.

É unha iniciativa promovida dende o ano 1997 pola Asociación española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de concienciar a nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os nenos e mozos, e como homenaxe e recoñecemento da extraordinaria labor dos bibliotecarios e bibliotecarias

Para conmemorar este día se ten editado un cartel conmemorativo que se distribuíu por todas as bibliotecas de España. O pregón homenaxe a Ana Maria Matute é obra do escritor Antonio Rodríguez Almodóvar e o deseño do cartel da ilustradora Carme Solé.

https://www.dropbox.com/s/coijzsdhn4widap/2014%20Dia%20de%20la%20Biblioteca.JPG?dl=0

Este ano os actos centrais se celebrarán en Madrid na "CASA DEL LECTOR" coa colaboración da Fundación Germán Sánchez Ruipérez e co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. 

Para conmemorar este día en BIBLIOPAZOS leeremos públicamente o PREGÓN homenaxe a ANA MARIA MATUTE en todas as actividades que se realicen ese día na biblioteca.

PREGÓN DÍA DE LA BIBLIOTECA 2014
HOMENAJE A ANA MARIA MATUTE 

¡Ana María, despierta!

El príncipe se quedó contemplándola. Era guapa, el pelo negro, los ojos grandes, la boca carnosa. Luego la sacudió suavemente, por un hombro.
Insistió: - Vamos, mujer, que ya es hora.

Ana María, solo después de un rato, empezó a moverse. Primero movió un dedo, luego una ceja, luego entreabrió un ojo.

-¿Y tú... quién... eres?–preguntó, no sin gran esfuerzo.

-¡Soy el Príncipe Azul!

-¿El qué?

-El príncipe... ¿No te acuerdas? Tenemos que amarnos.

-¿Es obligatorio?

-Claro, lo manda la tradición.

-¡Pues entonces vete a hacer gárgaras!

Ana María se giró hacia un lado y volvió a dormirse. El príncipe quedó sumamente desconcertado. Se incorporó del filo del lecho y se puso a pasear la estancia. Vio las telarañas del tiempo colgando de los pesados cortinajes, vio a un par de alabarderos durmiendo de pie, la nariz del uno apoyada en la nariz del otro. Vio, o mejor dicho, escuchó la estridente sinfonía de ronquidos que le llegaban de todas partes de aquel palacio encantado; ronquidos atronadores de guardianes forzudos, ronquidos silbantes de cocineros exquisitos, ronquidos trascendentes de capellanes gordinflones, ronquidos, ronquidos... Como que tuvo que taparse las orejas para no ser víctima de aquel terremoto sónico... y entonces se dio cuenta: ¡el fuego de la chimenea también dormía! Se acercó, aproximó una mano a aquellas llamas petrificadas y quedó ensimismado... Luego de un tiempo incontable, levantó la vista y vio sobre la repisa una hilera de libros. Eran libros de cuentos, los únicos objetos de aquel lugar que no habían acumulado polvo ni telarañas. Con un temblique en el dedo índice de la mano derecha, impropio de todo un príncipe, fue recorriendo los títulos: Cuentos de antaño, de Charles Perrault, Cuentos de los hermanos Grimm, Cuentos de H. C. Andersen, Cuentos de Ana María Matute... Al leer este último, el corazón empezó a repicarle. Sacó el libro y lo abrió. Al azar fue leyendo: “Todos nos acostamos con el lobo, pero lo que no podemos hacer es confundirlo con la abuelita.” “La infancia es más larga que la vida”. “El que no ama está muerto”.

Justo al acabar esta frase, cesaron los ronquidos y el fuego de la chimenea cobró repentina vitalidad. El príncipe se apartó.

-Eso, ahora ponte a curiosear en mis cosas -oyó a sus espaldas.

Levantó un poco más la vista y vio, en el espejo de la chimenea, cómo se  incorporaba en su magnífico lecho una dama todavía más magnífica. Casi cien años de edad, el pelo totalmente blanco y la sonrisa totalmente pura.

-¿Se puede saber qué día es hoy?

-¿Hoy? -El príncipe no tenía ni la menor idea.

-¡Me acabo de acordar! -Exclamó ella-. ¡Es 24 de octubre, día de la Biblioteca! ¡No te quedes ahí pasmao, que los niños nos están esperando!

¡Vamos, Príncipe Azul, mueve el culo!

Antonio Rodríguez Almodóvar

Os Fantasticos Libros Voadores de Mr. Morris Lessmore

"Os Fantásticos Libros Voadores de Mr. Morris Lessmore" ten o Óscar á mellor curta de animación en 2011. Foi realizada por William Joyce e os seus colaboradores de Moonbot Studios, baixo a dirección de Brandon Oldenburg. Se queres ver detalles de cómo o fixeron, o Sr. Morris Lessmore ten a súa propia web. 

A película de animación está inspirada na mesma medida, polo huracán Katrina, Buster Keaton, O Mago de Oz, e un amor polos libros. 

É unha historia de persoas que dedican a súa vida aos libros e libros que lles devolven o favor. É unha alegoría humorística conmovedora acerca dos poderes curativos da historia. 

Tamén dicir que se trata dunha película muda que o di todo sobre o universo da lectura e a escritura.

Invítovos a que o vexades e voedes nese mundo máxico. Son quince minutos sen palabras, cheos de música preciosa, dunha animación perfecta… pero sobre todo, quince minutos para contarte que os libros iluminan a nosa vida.

Unha perfecta homenaxe ao libro nun día tan especial como hoxe:

DIA DA BIBLIOTECA

Seguro que en clase ou en casa pasamos un bon rato vendo a curta cos rapaces … Qué comentarán despois de velo?

 

 

martes, 21 de outubro de 2014

LA VIDA SECRETA DE AURORA - Literatura Adultos

Hoy en BIBLIOPAZOS presentamos en exclusiva, a través de nuestro blog el primer libro escrito por Lourdes García Vazquez.

Le deseamos a Lourdes los mayores éxitos en esta nueva aventura literaria.

Próximamente lo pondremos a vuestra disposición en nuestro catálogo.


La vida secreta de Aurora
Autora:  Lourdes Gárcía Vázquez
Colección Relatos
Primera edición: Septiembre 2014

Ana es una joven estudiante de Historia del Arte, que una mañana, se sienta en un banco del parque ocupado por una anciana llamada Aurora.

Ante la sorpresa de Ana, la anciena le empieza a contar la historia de su vida. Al principio, la joven no muestra interés pero, poco a poco, se van enganchando al relato de la anciana. Al finalizar la mañana, se emplazan para que el día siguiente Aurora siga contando su vida, pero las dos mujeres nunca más se vuelven a encontrar.

Ana siente tanta curiosidad por saber como acaba la historia, que decide investigar La vida secreta de Aurora.

Lourdes García Vázquez nació en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), en 1978. Es educadora infantil en la E.I. "Marisma de Santa Mariña" de Redondela. Aficionada a la lectura, nunca se había planteado escribir, pero un día, sin proponérselo, la historia surgió en su cabeza y decidió plasmarla. La vida secreta de Aurora es su primer libro.

ISBN: 978-84-9076-795-5
Formato: 21 x 15 cm.
Encuadernación: Tapa blanda con solapas
Núm. páginas: 155

sábado, 11 de outubro de 2014

BIBLIOPAZOS RENOVA O EQUIPAMENTO INFORMÁTICO

Renovación do equipamento informático 
Dende fai uns días xa está a pleno rendemento o novo equipamento informático da Aula Informática do Centro Antena - Biblioteca Pública Municipal BIBLIOPAZOS co que o concello renovou as instalacións.

Aula Informática
O Concello de Pazos de Borbén moderniza este servizo público coa adquisición de quince ordenadores que sustituíron aos existentes dende fai 8 anos, e segue apostando firmemente polo uso de internet e a difusión, mellora e fomento das novas tecnoloxías a través da posta a disposición gratuíta deste equipamento e da organización de actividades de formación e alfabetización dixital para a poboación do municipio.

Ademais tamén se dotou ao edificio bibliotecario dunha impresora-escáner-fotocopiadora láser en branco e negro conectada en rede con todos os ordenadores.
Este ano organizáronse sete cursos de formación dentro do Programa de Formación Cidadán 2014 do concello dirixidos á poboación en xeral maior de 16 anos, ademáis dos organizados en colaboración coa Asociación ASPAVI e co Centro Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos nos que participaron os alumnos de Primaria do colexio e os usuarios da asociación.

http://bibliopazos.blogspot.com.es/2013/12/cursos-de-formacion-2014.htmlXa se levaron a cabo 5 deles (Mecanografía, Informática Básica -Word e Excel-, Internet e correo electrónico, Presentacións con PowerPoint, e Busca Activa de Emprego) coa participación de 99 alumnos.

Nos próximos días terá lugar o inicio do curso de Redes Sociais: Facebook e Twitter e o de Creación de Blogs con Blogger nos que figuran inscritas 54 persoas de diferentes idades.

O nivel de aceptación destas actividades formativas foi, como en edicións anteriores, moi elevado cubríndose todas as prazas ofertadas e as expectativas de asistencia aos mesmos, tendo que facer grupos para poder ofrecer unha formación máis personalizada e que cada alumno puidera dispoñer individualmente dun ordenador.


Curso Busca Activa de Emprego
Estas actividades son impartidas por persoal da Biblioteca e son gratuítos para os asistentes ás mesmas.

Das novas actividades formativas que se están preparando para o ano 2015 informaremos puntualmente a través do blog de BIBLIOPAZOS, do Facebook e dos medios habituais de publicidade do concello.

¡ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS!

xoves, 2 de outubro de 2014

ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CURSOS DE FORMACIÓN EN BIBLIOPAZOS


Mañán venres día 3 de outubro, a partir das 20:30 horas, terá lugar o acto de entrega de diplomas das actividades formativas realizadas dende setembro de 2013 a xuño de 2014 na BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "BIBLIOPAZOS". 

O acto se celebrará na Sala de Lectura de BIBLIOPAZOS no edificio do antigo Concello en Pazos.
Edificio da Biblioteca Pública Municipal
"BIBLIOPAZOS"
As actividades formativas realizadas foron as seguintes:

  • MECANOGRAFIA.
  • INFORMÁTICA BÁSICA (Word e Excel)
  • BUSCA ACTIVA DE EMPREGO.
  • INTERNET E CORREO ELECTRÓNICO.
  • REDES SOCIALS: FACEBOOK E TWITTER.
  • PRESENTACIÓNS CON POWERPOINT.

Nestes cursos participaron 103 alumnos e finalizaron a súa formación máis dun 80% dos mesmos con aproveitamento.

Con estas actividades o Concello pretende ofrecer aos veciños e veciñas a posibilidade de formarse en alfabetización dixital e aprender a utilizar as novas tecnoloxías de comunicación e información.

Actualmente está impartindos unha nova edición do curso de BUSCA ACTIVA DE EMPREGO na que participan 13 alumnos, e próximamente se impartirá outra edición do de REDES SOCIAIS: Facebook e Twitter, e un novo curso de CREACIÓN DE BLOGS CON BLOGGER.

Para ampliar esta información podes dirixirte á Biblioteca, ou a Axencia de Emprego Local nas oficinas do Concello.

OBRADOIRO "ACTIVANDO O TEU FUTURO" PARA FACILITAR A BUSCA DE EMPREGO ENTRE A XUVENTUDE

O Concello de Pazos de Borbén organiza un obradoiro para facilitar a busca de emprego entre a xuventude.

A Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Pazos de Borbén convoca un obradoiro relacionado co autoemprego e a busca activa de traballo. Trátase do obradoiro práctico "ACTIVANDO O TEU FUTURO" e está dirixido aos xóvenes do concello que desexen incorporarse ao mercado laboral. 

O obradoiro está incluido no programa "Activa 2014" da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e será impartido por técnicos da Consellería de Traballo e Benestar.

É totalmente gratuíto, de dúas horas de duración, e terá lugar o próximo día 13 de outubro de 15:45 horas ata as 17:50 horas, no salón de actos do Concello

A temática do obradoiro será a seguinte:
  1. Define o teu obxectivo. 
  2. Simplifica o teu curriculum.
  3. A proba das redes sociais. 
  4. Adquire formación. 
  5. A importancia da educación non formal e o voluntariado. 
  6. Empresas especialistas nas redes sociais. 
  7. Descubre a túa vocación e activa a túa creatividade. 
  8. Creación de rede de contactos Emprego.
As PRAZAS son LIMITADAS, polo tanto será necesario que os interesados que desexen asistir realicen a súa INSCRICIÓN no Rexistro Xeral do Concello de Pazos de borbén ata o día 8 de outubro de 2014.
 
 
Para máis información podes dirixirte á Oficina Municipal de Información á Xuventude do Concello en horario de 9:00h a 14:00 horas, de luns a venres ou tamén chamando aos teléfonos: 986 498 934 / 986 497 035 e preguntar por Isabel.
 
 

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger