martes, 8 de maio de 2012

Festival Internacional de Títeres de Redondela 2012 (Do 14 ao 20 de Maio)

De novo as rúas, prazas e xardíns redondeláns servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias. A organización do evento, compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais do Reino Unido, Bulgaria, Dinamarca, Murcia, Cantabria, Madrid Cataluña e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas. Seguindo a filosofía do seu creador, Juanjo Amoedo, o FESTIVAL continúa na liña de involucrar na súa celebración a maior cantidade posible de institucións, de sectores sociais e de xentes da vila, para manter este acontecemento como a maior manifestación cultural de Redondela... máis información
Segue o festival no Facebook

sábado, 5 de maio de 2012

Dia das letras Galegas 2012

O día 17 de maio de 2012 celébrase o Día das Letras Galegas que este ano está adicado a Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1899 - Vigo 1987), avogado, xornalista, poeta, home de empresa e persoa vinculada á política galeguista, personalidade multifacética.

Nos seguintes enlaces atoparás máis información:
 
 
Entra no seguinte enlace e realiza estas actividades para resolver en liña.
 
Se queres saber moito máis via á recopilación de recursos sobre Valentín Paz Andrade.
 
Algúns destes enlaces foron obtidos da páxina web do CEIP Nosa Sra. de Xuvencos:

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger