venres, 30 de setembro de 2016

NECESITAS O GRADUADO EN E.S.O.?

Publicamos esta información que nos acaban de enviar da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Pazos de Borben. 

Si estás interesado en conseguir o 
Título Oficial
de
 GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA (E.S.O.)


 


INFÓRMATE!!!

Oficina de Información Xuvenil (OMIX)
 Concello de Pazos de Borbén
986 497 035 (Isabel)
Luns a  Venres de 9:00 a 14:00 horas

EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA "MAURICE SENDAK"


Exposición Bibliográfica
Maurice Sendak
3 - Outubro / 9 - Decembro - 2016

A Fundación Filomena Rivero Alonso xunto coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS", co fin de promover o hábito da lectura, inauguran o vindeiro luns día 3 de outubro unha Exposición bibliográfica sobre o autor Maurice Sendak, encadrada dentro do convenio asinado entre ámbalas dúas institucións.

Esta actividade que ten como fin incentivar a lectura entre os nenos independentemente dos recursos familiares, e así contribuír á formación integral da persoa, durará ata o venres 9 de decembro, e componse dunha exposición e de lecturas complementarias a través de material que a propia Fundación por medio da Biblioteca Pública de Pazos de Borbén pon a disposición dos educadores.

A partir da atractiva obra de diferentes autores, os nenos poderán iniciarse no mundo da lectura collendo así hábitos saudables e deste modo desenvolver o potencial cognitivo e o sentido crítico, principais beneficios da lectura. 

O calendario de exposicións entre as dúas institucións comeza coa obra de Maurice Sendak, soada por “Onde viven os monstros”, libro editado en USA con gran éxito e que marcou unha traxectoria chea de premios e recoñecementos a nivel mundial.

A mostra componse de paneis explicativos, tratando a vida e obra do autor, así como vitrinas nas que se exhiben edicións dos libros publicados e obxectos relacionados coas historias que se contan nos mesmos. 

O autor:
MAURICE SENDAK 
Brooklyn, Nova York (EEUU), 1928; Connecticut (EEUU), 2012 

Dende 1951 produciu máis de 90 libros infantís, unha traxectoria que o levou a recibir en 1970 o Premio Andersen e o Premio Laura Ingalls Wilder en 1983. 

En 1996 o Goberno dos Estados Unidos entregoulle a Medalla Nacional das Artes e en 2003 concedéronlle o Premio Internacional Astrid Lindgren de Literatura Infantil, xunto coa autora austríaca Christine Nöstlinger. 

Fillo de inmigrantes xudeus de orixe polaca, Sendak estudou pintura e debuxo no Art Students League de Nova York. Conseguiu o seu primeiro emprego como ilustrador para All América Comics e en 1951 comezou a traballar como ilustrador para a editorial Harper and Brothers. 

Impulsou unha auténtica revolución no panorama literario infantil polas ideas, a forma e o contido dos seus libros. A crítica especializada calificábao como "un dos homes máis influíntes dos Estados Unidos, porque darlle forma á fantasía de millóns de nenos é unha terrible responsabilidade”.

A ESTRAMBÓTICA ILLA DO TESOURO


A ESTRAMBÓTICA ILLA DO TESOURO
Autor: Carlos López (Pinto & Chinto)
Ilustracións: David Pintor                              
Editorial Bululú, 2015
Colección: Carambola

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +10 anos

Nunha das nosas viaxes por mar topámonos cun barco pirata pantasma. O barco pirata fantasma atravesaba os icebergs, e levaba unha gran bola de ferro en lugar de áncora. As velas eran sabas brancas, e divertíase asustando os pequenos. A bordo ía un pirata pantasma, que levaba no seu ombro un papagaio pantasmo. O papagaio pantasma só sabía dicir ¡Uhhhh! ¡Uhhhh!, á vez que levantaba as ás. O papagaio pantasma comía pipas pantasmas...

"A estrambótica Illa do Tesouro" é un álbum de personaxes, animais, é cousas fóra do común, divertidos e aloucados como non poden ser doutra maneira aqueles que buscan un tesouro pirata moi particular.

Pinto & Chinto son unha parella clásica e consolidada no panorama do humor gráfico e a ilustración do noso país. Os seus máís de 20 anos de experiencia, ademais de premios e recoñecementos, deron como froito multitude de álbums e libros para editoriais de todo o mundo.  

ISBN: 978-84-942917-7-7
Nº de páxinas:32
Encuadernación: Tapa dura

LA JUNGLA DE LOS LISTOS

LA JUNGLA DE LOS LISTOS 
Autor: Miguel Angel Revilla Roiz
Espasa Libros S.L.U., 2014

Género: Literatura en castellano - Ensayo 

Un relato que denuncia y analiza los casos de corrupción y mala práctica política más relevantes de los últimos tiempos.

Miguel Ángel Revilla combina como pocos el sentido del humor y la lucidez, dos cualidades que aplica al análisis de la realidad para denunciar sin tapujos los abusos de una clase privilegiada que ha sacado provecho del esfuerzo de todos para aumentar su patrimonio, alcanzar prebendas u ocupar o detentar cargos de responsabilidad desde los que perpetuarse en el engaño y el abuso sistemáticos. 

ISBN: 978-84-670-4047-0 
Nº de páginas: 240 
Encuadernación: Tapa blanda


xoves, 29 de setembro de 2016

OS OFICIOS DE XAN


OS OFICIOS DE XAN
Autor: Antonio Rubio
Ilustracións: Rebeca Luciani
Tradución ao galego: Xoán Couto
Kalandraka Editora, 2001
Colección: Demademora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos - Narrativa

Idade recomendada: + 6 anos

Xan, ao longo do día. vai mudando de oficios: feroz aeroporto, albanel de casas de ladrillos, médico de grilos, domador de migas de pan, fabricante de desertos, xigante de niños de cegoña, xogador de moito rato, invertor de escuma branca, cociñeiro de arco da vella, soñador..

Para leelo ven a buscalo a BIBLIOPAZOS.

ISBN: 978-84-8464-089-2
Nº de páxinas: 28
Encadernación: Tapa dura

ENFERMEDADES NEUROMUSCULARES


ENFERMEDADES NEUROMUSCULARES
Autores: J. Bethlem / C.E. Knobbout
Traducido y actualizado por: M. Baiget y Bastús / J. Casademont i Pou / E. Fernández Alvarez del Comité de Expertos de ASEM

Género: Ciencias Aplicadas - Medicina

La traducción y difusión de este libro fué promovida por el Comité de Expertos de la Asociación Española de Enfermedades Musculares (ASEM) al considerar que sería un excelente instrumento para difundir el conocimiento de las enfemedades neuromusculares.

Su objetivo es ofrecerlo a los profesionales españoles, con su misión de servicio a las personas con enfermedades neuromusculares y a todos aquellos lectores interesados en saber más sobre este tipo de enfermedades y su clasificación.

Depósito Legal: B 25800-1993
Nº de páginas: 162
Encuadernación: Tapa blanda


mércores, 28 de setembro de 2016

A PEDRA DO CERVO


A PEDRA DO CERVO
Autor: Buenaventura Aparicio Casado
Ilustracións: Pilar Castro Caamaño
Edicións do Cumio S.A.,2015                                 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Esta é a historia dun cervo moi especial. Unha invitación a coñecer os nosos PETRÓGLIFOS, esas figuras gravadas nas rochas que a ningn deixan indiferente. Una proposta con doses de tenrura, humor e fantasía. De agarimo pola nosa lingua e de louzanza dunha terra única inzada de tesouros en forma de megálitos, insculturas, castros... Os pícaros que non coñecen o seu país non o poden amar ben...

ISBN: 978-84-8289-517-7
Nº de páxinas:47
Encuadernación:Rústica

NADIE ES MAS QUE NADIE


NADIE ES MAS QUE NADIE
Autor: Miguel Ángel Revilla Roiz
Espasa Libros S.L.U., 2014
Colección Booket -1ª edición -3ª impresión, enero 2014

Género: Biografías - Memorias 

Las memorias de un político que no ha olvidado sus humildes orígenes ni calla lo que ha visto, aunque no sea políticamente correcto.

El muchacho listucu que en los años cincuenta pastoreaba ovejas en las laderas de Peña Labra se convertiría en 2003 en presidente de Cantabria. Esta es su historia. Y nos la cuenta con ese estilo único que lo ha hecho popular y querido, con sentido del humor y naturalidad.Miguel Ángel Revilla nos dibuja una España de penuria y esfuerzo que ya no existe. Y relata con viveza cómo, con tesón, animado por el amor a la tierra que lo vio nacer, consiguió alcanzar las más altas responsabilidades.

La semblanza que traza en estas páginas de personalidades como el rey Juan Carlos, José María Aznar, José Luis Rodríguez Zapatero o Emilio Botín huye de lo convencional y nos descubre la cara más humana y terrenal del poder. Pero Revilla describe también, de forma hilarante a veces, sus relaciones con los taxistas, sus «meteduras de pata» en la boda del Príncipe Felipe, su colaboración con Andreu Buenafuente...

Cuando aborda los temas que más preocupan, no se muerde la lengua: fustiga con dureza a los «listos» que han provocado la crisis económica y denuncia con crudeza y sin reservas a quienes han enfangado una actividad tan noble y vocacional como la política.

Pocos dirigentes, y menos aún en activo, se han atrevido a un ejercicio de sinceridad como el que recorre estas páginas. Pocos son los que tienen la chispa y la habilidad narradora de Miguel Ángel Revilla.

ISBN: 978-84-670-2538-5
Nº de páginas: 262
Encuadernación: Tapa blanda


martes, 27 de setembro de 2016

2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN"


2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
"Concello de Pazos de Borbén"

BASES

Participantes: 

Poderá participar no concurso calquera persoa, cun máximo de tres obras por participante.

Os participantes deberán informar dos seguintes datos: Nome e apelidos, dirección de correo electrónico de contacto e título da imaxe.
Tema: 

A temática é “Pazos, esencia e condición", a obra deberá estar localizada en calquera punto deste termo municipal.

Requisitos:

As fotografías deben ter formato electrónico, independentemente da forma en que foran capturadas. Os traballos terán que presentarse en formato JPG ou TIF e cun tamaño non superior a 10Mb.

No caso de enviar máis dunha imaxe, hai que envialas en diferentes correos, cos datos do participante en cada unha delas. Terán que ser imaxes orixinais, inéditas e non premiadas en concursos anteriores.
Presentación das obras:
As fotografías deberán enviarse preferentemente ao seguinte enderezo electrónico:


A organización presupón que o fotógrafo ten autorización e/ou permiso das persoas que aparecen nas imaxes presentadas. Sobre o autor recae toda responsabilidade relacionada co dereito á intimidade.
Prazo de presentación: 
Ata o 14 de outubro do 2016.

Non se admitirán as entregadas fóra de prazo.

A imaxe gañadora do primeiro premio aparecerá no calendario do Concello de Pazos de Borbén 2017, que será distribuído entre os habitantes do concello.

As demais fotografías premiadas serán portada da páxina oficial de Facebook do concello de Pazos de Borbén.
Premios:  
Haberá unha soa categoría e tres premios:
·      1º premio 200 €uros
·      2º premio 100 €uros
·      3º premio   50 €uros

Xurado:
Os membros do xurado, en número impar, serán designados pola Alcaldía de Pazos de Borbén.

Os premios outorgaranse por maioría de puntos despois da suma das puntuacións de cada membro do xurado de 0 a 10.

O xurado poderá eliminar por defecto as imaxes que non se axusten ao disposto nas bases.

A decisión será inapelable.

Decisión do xurado:
O comunicado do resultado do certame será comunicado persoalmente e feito público nos puntos habituais habilitados no concello.

Dereitos do Concello de Pazos de Borbén:
O concello de Pazos de Borbén terá a capacidade de decidir sobre calquera dúbida relacionada coa interpretación das presentes bases.

O concello de Pazos de Borbén resérvase o dereito de publicación e exposición pública das imaxes presentadas en calquera soporte.

A participación no Concurso supón a aceptación destas bases.

CANTA ÁRBORE E ARBUSTO! SAÍR AO CAMPO É UN GUSTO!


CANTA ÁRBORE E ARBUSTO! SAÍR AO CAMPO É UN GUSTO! 
Autora: Carmen Gil 
Ilustracións: Fran Parreño 
Tradución: Elvira Ribeiro Tobío 
Edicións do Cumio S.A.
1ª edición, outubro 2015 

Xénero: Literatura Infantil - Contos

Idade recomendada: + 4 anos 

Un Narciso, unha Margarida ou unha Rosa para o teu balcón.

No campo ou no parque, árbores enormes, fentos, enredadeiras...

Se non coñeces algún, agora has descubrilo. 

Idioma: Galego
ISBN: 978-84-8289-503-1
Nº de páxinas: 24
Formato: 20 x 21 cm
Encadernación: Rústica

FILIBERTO E O XASTRE DE SOMBRAS


FILIBERTO E O XASTRE DE SOMBRAS
Autor do texto e ilustracións: Benoît Perroud
Tradución ao galego: Xoán Couto
Kalandraka Editora S.L., 1999
Colección: Demademora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos - Narrativa

Idade recomendada: + 4 anos

Aquela mañá, cando se ergeu da cama, Filiberto freou e refrebou os ollos. 

¡Non podía ser certo! 

Durante a noite, a súa sombra a l o n g á r a s e .

Camiño da oficina,
a simple vista notou
que asombra agrandara.

Era imposible pasar desapercibido. 


Así comeza este conto, para seguir léndoo ven a buscalo a BIBLIOPAZOS.

ISBN: 978-84-95123-53-3
Nº de páxinas: 28
Encadernación: Tapa dura


luns, 26 de setembro de 2016

O MEU TÍO XAKIM


O MEU TÍO XAKIM
Autor: Fermín Solís
Traducción: Anxos Sumai
El Patito Editorial, 2016                                  

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Todos estaban moi tranquilos no barrio, ata un día en que soou o timbre e alí estaba, a lombos dun elefante, o tío Xakim! Todo un personaxe! 

Unha sinxela historia contada polo inxenioso lapis de Fermín Solís. Recomendado para nenos, nenas, pais, nais, avós, avóas, primos e primas, sobriños, sobriñas, cuñadas, xenros, viciños, sogras..

ISBN: 978-84-943213-9-9
Nº de páxinas:40
Encuadernación: Tapa dura

RUPTURA. LA MUERTE DE UN AMOR


RUPTURA. LA MUERTE DE UN AMOR
Autora: Catherine Texier
Traducción: Ersi Samara
Círculo de Lectores S.A., 1999

Género: Narrativa

Crónica verdadera,dolorosa e incómoda del dolor que solo un gran amor puede causar.

Protagonista pasiva del lento derrumbamiento de su matrimonio, Catherine Texier desnuda todos sus sentimientos en este descarnado testimonio lleno de dolor, pero también de fortaleza, dirigido a su adúltero marido.

Si el que abandona se puede mostrar a veces indeciso y desconcertado, a la abandonada le es imposible ocultar su más absoluta desesperación.

ISBN: 978-84-226-7922-1
Nº de páginas: 222
Encuadernación: Tapa dura


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger