martes, 20 de febreiro de 2024

23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - CONMEMORACIÓN DO ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO

Este mes de Febreiro conmemoramos outro ano máis o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, que xa vai polo nº 187.

ROSALÍA é unha das grandes escritoras da literatura española do século XIX; unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego; unha das precursoras do feminismo en Galicia; e a nosa poeta nacional por excelencia.

Debido a un recente descubrimento fai uns anos da investigadora Sagrario Abelleira que corrixe a data de nacemento da autora,  a Fundación Rosalía de Castro reuniuse con representantes de institucións culturais e educativas para tomaren a decisión de cambiar a celebración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro; así que a partir do ano 2022 o DÍA DE ROSALÍA celebrase o día 23 de Febreiro e non o día 24 como ata de agora.

MARÍA ROSALÍA RITA DE CASTRO naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. A súa vida é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual.

Podedes obter máis información sobre a vida e obra de ROSALÍA DE CASTRO facendo click AQUÍ.

Tamén vos deixamos de seguido información e enlaces de interesantísimas actividades para traballar tanto na casa como na escola e que foron elaborados por profesorado e alumnado de diversos centros educativos de Galicia neste ano e noutros anteriores; e que aparecen publicados na páxina O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística: https://www.lingua.gal/portada

1.- Rosalía de Castro. Biografia.


2.- Qué sabes de Rosalía de Castro?


3.- Unidade didáctica sobre Rosalía de Castro
(Educación infantil)


4.- Día de Rosalía
(Unidades didácticas Educación Primaria)


5.- Día de Rosalía
Unidades didácticas Infantil e Primaria

Unidade didáctica Infantil e Primaria en formato PDF

Cartel en formato PDF

Desexamos que todos esta información e recursos vos sexan de utilidade para coñecer moito máis e mellor a ROSALÍA DE CASTRO.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger