domingo, 22 de abril de 2012

Dia Mundial do Libro e Dos Dereitos de Autor 2012 - UNESCO


Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova, con motivo do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor
23 de abril de 2012

Para ler a mensaxe clica na imaxe

23 de Abril, Dia Internacional del Libro 2012



Calquera día e bó para agasallar cun libro, pero hoxe e un día especial.

Ereván (ARMENIA) Capital Mundial do Libro 2012

A cidade de Ereván (Armenia) foi designada Capital Mundial do Libro para o ano 2012 trala reunión celebrada, en París, do comité de selección composto por representantes das tres principais asociacións internacionais do sector do libro e da edición así como da UNESCO.

Dia do libro, 23 de Abril. Un pouco de Historia

Si queres saber máis sobre o Día Internacional do Libro, pincha no seguinte enlace:

Orixe do Dia Internacional do Libro


sábado, 21 de abril de 2012

O "Bookcrossing´ convírtese na estrela dos actos do Día Internacional do Libro 2012

O Bookcrossing convírtese na estrela dos actos con motivo do Día Internacional do Libro.

O pasado venres os Alumnos de 3º e 4º da ESO do Centro Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos de Borbén rexistraron uns 30 libros que serán liberados en distintos puntos do municipio o próximo luns día 23 de abril, data na que se celebra o "Día Internacional do Libro".

Ver noticias nos seguintes enlaces:

A Xunta, Novagalicia e o Marco únense ao "bookcrossing" con motivo do Día Internacional do Libro"

Museo de Navarra...

xoves, 19 de abril de 2012

BOOKCROSSING cos alumnos de ESO

Os alumnos de 3º e 4º da ESO Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos realizarán o día 20 de abril na Aula Informática do colexio un novo Obradoiro de BookCrossing para conmemorar a celebración do “Día Internacional do Libro” o día 23 de abril, data na que serán liberados os libros rexistrados neste obradoiro.

No mesmo aprenderán a rexistrarse na páxina web www.bookcrossing.com como usuarios e tamén a facelo cos seus libros, a etiquetalos e a liberalos para o disfrute doutros usuarios e dos veciños en xeral.
 
Os Obradoiros serán impartidos por persoal do Centro Antena - Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén, e o Concello aportará gratuitamente os materiais necesarios para etiquetar e liberar os libros.
 
Dende a o Centro Antena e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e dende o CPI “Curros Enríquez” de Pazos faise un chamamento aos veciños para que se animen a participar desta actividade de ANIMACIÓN Á LECTURA durante todo este mes no que se celebrou a conmemoración do “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil” o día 2 de abril e no que se conmemorará o “Día Internacional do Libro” o próximo luns día 23, e os convocan a acudir á Biblioteca Pública para informarse sobre cómo levar a cabo esta actividade.
 
Con este novo obradoiro o Concello de Pazos de Borbén convírtese deste xeito no municipio da provincia de Pontevedra con maior número de exemplares de libros liberados por esta modalidade de Bookcrossing.
 
Os veciños poderán “cazar” os libros liberados entrando na web www.bookcrossing.com para localizados, ou tamén acudindo aos lugares sinalados de liberación: a Casa do Concello, o Colexio Curros Enríquez e a Biblioteca Pública Municipal en Pazos; o Centro Cultural e Recreativo en Moscoso: a Casa do Pensionista en Amoedo; e o Centro Cultural en Nespereira.

martes, 10 de abril de 2012

Obradoiros de Bookcrossing

Os alumnos de 1º da ESO e 6º de PRIMARIA do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos liberaron 95 libros nos obradoiros de “Bookcrossing” realizados os días 28 e 30 de marzo na Aula Informática da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil”.


Alumnos 6º primaria
 
Despois de ter rexistrados na páxina web http://www.bookcrossing.com/ todos os libros, estes foron etiquetados e distribuídos polas zonas de cruce por todo o concello.
 
Finalmente, nas zonas de cruce, puxéronse a disposición dos usuarios 23 libros no Centro Público Integrado “Curros Enríquez”, 12 na Biblioteca Pública Municipal, e 10 na Casa do Concello, na parroquia de Pazos.
 
Na parroquia de Amoedo entregáronse 11 exemplares na Casa do Pensionista; no Centro Recreativo Cultural da parroquia de Moscoso foron liberados 18 libros; e na Casa da Cultura da parroquia de Nespereira distribuíronse 21 libros.
 
Dende o Concello, a Biblioteca Pública Municipal, o CPI de Pazos e todas as asociacións participantes anímase aos veciños e veciñas a participar desta interesante actividade de animación á lectura durante todo o mes de abril no que tamén se conmemorará o próximo día 23 o “Día Internacional do Libro”.
 
Na Biblioteca Pública Municipal disponse de etiquetas, que serán entregadas gratuitamente a todos aqueles que o soliciten e veñan con algún libro rexistrado na web http://www.bookcrossing.com/ e co seu código correspondente.
 
Con esta actividade o Concello de Pazos convírtese no municipio da provincia de Pontevedra onde mais exemplares foron liberados por esta modalidade de Bookcrossing, superando a concellos como os de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Poio, Marín e Vigo.
 
Ademais a nivel de toda España este número de exemplares soamente son superados nas provincias de Barcelona, Illas Baleares, Illas Canarias, Madrid, Ourense, Sevilla e Zaragoza.

luns, 2 de abril de 2012

BOOKCROSSING en Pazos

Recordámosvos que xa tedes 95 libros liberados nos lugares previstos.
 
Centro Cultural de Nespereira.
Casa do Pensionista de Amoedo.
Centro Recreativo e Cultural de Moscoso.
Casa do Concello.
Centro Público Integrado "Curros Enríquez".
Biblioteca Pública Municipal (Antigo Concello).

Canto atopedes un libro liberado insertar o seu código BCID en calquera das seguintes páxinas web:

Gozar da lectura, facer os vosos comentarios, e liberar de novo os libros para que outras persoas poidan tamén gozar deles.

Saúdos.

Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

 

Hoxe, 2 de abril, celébrase en todo o Mundo o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Para saber máis, clica na imaxe 

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger