mércores, 28 de marzo de 2012

En abril libros mil

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e do Día Mundial do Libro (23 de abril), o "Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil" programou diversas actividades relacionadas co libro e a lectura, dirixidas a usuarios de todas as idades.
 
Para máis información pincha na imaxe
 
 

luns, 12 de marzo de 2012

Libera os teus libros

A Biblioteca organiza con motivo da celebración en todo o mundo o día 2 de abril do “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil” varios talleres de “Bookcrossing”.

Uns 40 alumnos de 1º de ESO e de 6ª de PRIMARIA participarán desta actividade os día 28 e 30 de marzo no Aula Informática da Biblioteca Pública Municipal sita en Pazos nº 1.

Os actos están promovidos pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) e pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI).

A Biblioteca Pública e o Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos convidarán aos alumnos participantes a difundir a mensaxe do escritor Francisco Hinojosa e o cartel de Juan Gedovius que este ano preparou a sección de México do IBBY (Junta Internacional de Libros para Jóvenes).

Os obradoiros que terán una duración de 45 minutos cada un deles consistirán na explicación de que é o bookcrossing, qué obxectivos ten e cómo se realiza, así como da práctica da real actividade (recollida de libros de literatura infantil e xuvenil, preparación dos materiais necesarios para etiquetalos, rexistro dos libros na web, e a súa liberación pol@s nen@s en distintas zonas da localidade para que a veciñanza poida ter acceso a eles libremente.

As zonas de liberación serán as seguintes: 

-Biblioteca Pública Municipal.
-A Casa do Concello, e
-O Centro Público Integrado “Curros Enríquez” na parroquia de Pazos.
-O Centro Recreativo e Cultural en Moscoso.
-A Casa do Pensionista en Amoedo.
-O Centro Cultural en Nespereira.

As persoas que “cacen” e lean os libros liberados, deberán poñelos de novo en liberdade, e para elo poden escribir na páxina http://www.bookcrossing.com/ o código que o libro levará escrito na etiqueta. Por exemplo, así: www.bookcrossing.com/722-10448278 poderán coñecer o diario de viaxe de cada libro liberado.

 LIBROS LIBRES
De balde
É Divertido
¡Próbao HOXE!

Fai do mundo unha Biblioteca...!
Empezando aquí mesmo!

Si queres que os libros que non vas conservar teñan unha vida mais alá das túas estanterías ou da planta de reciclaxe de papel, deixa aquí os teus exemplares e nos encargaremos de liberalos para que alguén os atope, os lea e os pase de novo a outras persoas.

Cando alguén atopa un libro rexistrado e o comunica na web, se recibe unha notificación por correo electrónico.

Podes seguir os pasos dos teus libros por todo o mundo, e as vidas que tocan, para sempre!

Visítanos a miúdo, porque este é o sitio axeitado para levar ou deixar un libro!

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger