sábado, 9 de marzo de 2019

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2019


Outro ano máis BIBLIOPAZOS súmase con esta nova no blog aos actos para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que se celebra en todo o mundo o 2 de abril de cada ano e que, en España, promove a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), sección española do IBBY (International Board on Books for Young People) xunto coas súas catro seccións: Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Catalá del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT), Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) e a Asociación de Literatura Infantil e Juvenil Galtzagorri Elkartea.

Dende o ano 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL e selecciona un/unha escritor/a representativo e un/unha recoñecido/a ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos e as nenas do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvese a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarias, etc.

Esta ano 2019, o país encargado foi Lituania: a mensaxe e o cartaz son unha creación do escritor e ilustrador Kestutis Kasparavicius.

Se queres descargar o cartaz e o díptico coa mensaxe fai clic nos seguintes enlaces:




MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2019


Os libros fannos acougar


Vou con présa!, Non teño tempo ningún!, Aburiño!... Expresións coma estas poden escoitarse quizais acotío, non só en Lituania -no centro mesmo de Europa-, senón en moitas partes do mundo. E a miúdo escóitase dicir tamén que vivimos na idade da abundancia da información, da présa e da precipitación.

Non obstante, colles un libro entre as mans e, inmediatamente sentes que algo muda. Parece que os libros teñen unha cualidade marabillosa -axúdannos a acougar. Tan pronto como abres un libro, mergúllaste nas súas tranquilas profundidades e sabes que nel as cousas non pasarán a tanta velocidade que non che permita apreciar nada. Comezas a entender que non paga a pena lanzarse a facer tarefas de dubidosa urxencia. Nun libro todo acontece paseniñamente, en orde e segundo unha secuencia. Quizais porque as súas páxinas están numeradas, quizais porque as súas follas roxen amodo a medida que as vas pasando. Nos libros, os acontecementos do pasado atópanse cos que aínda están por chegar.

O universo dos libros é moi extenso; e nel poden mesturarse a realidade coa imaxinación e a fantasía. Ás veces non sabes moi ben onde -se nun libro ou na vida- percibiches de que xeito tan fermoso caen as pingas do tellado nevado cando se derreten, ou de que forma tan bonita cobre a carriza o valado da veciña. Foi nun libro ou na realidade onde comprobaches que as amoras non só son bonitas senón tamén amargas? Aconteceu nun libro ou na realidade cando estabas estomballada sobre a herba seca no verán, e despois sentada coas pernas cruzadas, vendo como as nubes avanzan polo ceo adiante?

Os libros axúdannos a vivir amodo, apréndennos a observar e convídannos a buscar acomodo e sentar durante un longo anaco. A miúdo lemos sentadas, co libro sobre a mesa ou entre as mans, non si?

E non comprobastes o milagre de que cando estás a ler un libro, o libro tamén te le? Si, si, os libros tamén saben ler. Lenvos a fronte, as cellas, as comisuras da boca que soben e baixan, pero primeiro e por riba de todo, os libros len os ollos. E mirándote aos ollos, eles ven... vaites, xa sabedes o que ven!

Estou seguro de que os libros nunca están aburridos se están entre as túas mans. Unha persoa que goce lendo -sexa pequena ou adulta- é moito máis interesante que unha persoa á que non lle preocupen os libros, que sempre estea bulindo a contrarreloxo, que non teña tempo para sentar, que non teña tempo para fixarse en nada do seu arredor.

No Día Internacional do Libro Infantil, este é o meu desexo para todas nós:

Que non falten libros interesantes para o lectorado e lectorado interesante para os libros!

Escrito por Kęstutis Kasparavičius
Ilustrado por Kęstutis Kasparavičius
Traducido por Antía Marante Arias (GÁLIX)

Animámosvos outro ano máis a ler e difundir esta Mensaxe do DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL e a gozar da lectura de calquera libro que teñades a man, na casa, no colexio ou onde vos atopedes. Tamén podedes pasar pola Biblioteca onde poderedes escoller entre miles de libros que temos a vosa disposición para que poidades levalos para ler ás vosas casas ou para facelo aquí directamente.

MARTÍN GRIS


MARTÍN GRIS
Edita: Fun Readers Editorial

Edad recomendada: +5 años.

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Martín Gris es una historia llena de sentimientos, que abarca de manera visual los principios básicos de la educación emocional.

Un libro sobre la autoestima, el autoconcepto, la superación de los miedos y la relación materno-filial desde un punto de vista optimista, creativo y visualmente muy poderoso.

Una historia creada por una ilustradora que ha logrado una obra preciosista, capaz de captar la atención de los más pequeños y de enamorar a gente de todas las edades: ZURIÑE AGUIRRE.


ISBN: 978-84-944412-2-6
Nº de páginas: 36
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 25,5 x 25,5 cm.

venres, 8 de marzo de 2019

"CONTOS DE LILITH" para conmemorar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER e o DIA MUNDIAL DA NARRACIÓN ORAL


E finalizaremos a programación de actividades educativo-culturais de animación á lectura do mes de marzo o próximo venres día 15 de marzo no Auditorio do Concello ás 13:00 horas, co espectáculo "CONTOS DE LILITH" a cargo da contadora galega CRIS DE CALDAS.


Este espectáculo tamén forma parte da programación da VII edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA. que se celebra do 12 ao 23 de marzo en toda Galicia e no que participan, ademais do Concello de Pazos de Borbén, os concellos de Santiago e Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis.

"Lilith foi a primeira muller de conto e merece ser coñecida a súa historia. Ao seu lado estará Pepa a Loba e outras bravas mulleres. Unha sesión de contacontos de igualdade."


Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Convidámosvos a participar das actividades de BIBLIOPAZOS.

CUANDO CANTAN LAS SIRENAS


CUANDO CANTAN LAS SIRENAS
Autor: José Carlos Román
Ilustradora: Zuriñe Aguirre
Edita: Fun Readers Ediciones

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +5 años

¿EXISTEN LAS SIRENAS?

Acompaña a Jaime en su maravillosa búsqueda y descubre que, si lo intentas, los sueños se pueden hacer realidad.

ISBN: 978-84-944412-8-8
Nº de páginas: 36 
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 27,5 x 21 cm.

xoves, 7 de marzo de 2019

BIBLIOPAZOS RECIBE UN DOS PREMIOS MARIA MOLINER DE 2018


O pasado día 31 de outubro de 2018 foi outro día MOI ESPECIAL para a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén - BIBLIOPAZOS e para o persoal que traballamos na mesma e para todas aqueles usuarios, persoas, entidades, asociacións e fundacións que colaboran coa mesma habitualmente.

Ese día comunicáronnos por correo electrónico dende a Subdirección Xeral do Libro, a Lectura e as Letras Españolas do Ministerio de Cultura e Deporte que a biblioteca fora unha das seleccionadas pola Comisión de Valoración da Campaña María Moliner de 2018 como beneficiaria dunha subvención en metálico de 1.706,66 euros para a compra de libros, ou sexa, que gañáramos un dos premios da XIX Campaña de animación á lectura María Moliner, convocada polo Ministerio de Cultura e Deporte, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e a Fundación Banco Santander.

Entre os premiados de 2018 atópanse 14 bibliotecas galegas, e entre esas 14 bibliotecas galegas está, por segundo ano consecutivo, a de Pazos de Borbén BIBLIOPAZOS no posto nº 16 das 300 seleccionadas con 78 puntos.

É o segundo ano que nos presentamos a estes premios e estamos moi contentos de ter recibido este recoñecemento á labor bibliotecaria no noso concello polo proxecto presentado: "Mulleres, Ciencia, Patrimonio e Tradición", un proxecto que abarcou un montón de actividades ao longo de todo o ano 2018 cos obxectivos de:

  • Achegar á biblioteca aos cidadáns e cidadás.
  • Promover e dinamizar o uso da lingua galega.
  • Fomentar a animación a lectura a través dun programa de promoción da tradición oral galega.
  • Seguir promocionando e dando a coñecer o Patrimonio natural, arqueolóxico, ecolóxico, histórico, artístico e inmaterial do Concello de Pazos de Borbén.
  • Continuar fidelizando usuarios e conquistando novos lectores.
  • Renovar permanentemente a colección bibliográfica.
  • Proseguir o traballo con colectivos en risco de exclusión social e con diversidade funcional co obxecto de promover a súa plena normalización e integración na sociedade.
  • Desenrolar tarefas de alfabetización dixital e formación e novas tecnoloxía da información e comunicación co obxectivo de minorar ao máximo a fenda dixital.
  • Levar a cultura ao maior número posible de cidadáns e cidadás, intentando conseguir cada ano un maior número de asistentes ás actividades.
  • Intentar que o maior número de usuarios se sinta atraído pola lectura e que poidan atopar na biblioteca e nos libros unha fonte de formación, de educación e de entretemento moi proveitoso para o seu desenrolo como persoas ao longo da súa vida.
  • Facer da Biblioteca Pública Municipal un lugar de ocio e cultura importante no municipio, un espazo no que os veciños de tódas as idades poidan fomentar o seu gusto pola lectura, pola cultura e polo coñecemento en xeral.

Este recoñecemento non sería posible sen a colaboración de moitas entidades coas que queremos compartir e facer extensivo o mesmo pola súa axuda desinteresada na realización e organización das actividades e/ou o patrocinio das mesmas:


Tampouco sería posible sen a colaboración de moitas persoas coas que tamén queremos compartir e facer extensivo o mesmo pola súa axuda desinteresada na realización e organización das actividades, vai por vos:

  • A todo o persoal directivo, profesorado e persoal non docente do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e, en especial aos mestres Uxía Porrit Lueiro e Manuel Gonzalez Pastoriza.
  • Eli Ríos, escritora.
  • Raquel Queizás, actriz e contadora de historias.

E, por último, agraceder tamén a todos os profesionais que participaron nas actividades de BiblioPazos e as fixeron posible.


Este concurso de carácter estatal ten por obxecto premiar a aquelas bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes que leven a cabo proxectos de animación á lectura, especialmente entre nenos e xóvenes, así como actividades de integración social con poboación en risco de exclusión social ou con algún tipo de diversidade funcional, e proxectos de boas prácticas na labor bibliotecaria.

Presentáronse 549 proxectos e a comisión de valoración seleccionou aos 300 mellores, tendo en conta criterios como a claridade e o interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e a viabilidade do proxecto, así como a orixinalidade e a inmersión en novas tecnoloxías que conteña a proposta. A estas 300 bibliotecas outorgaselle un premio de 1.706,66 euros para a compra de libros.

Ademáis concedéronse pola Fundación Banco Santander catro premios especiais, tres deles ás tres bibliotecas que presenten os mellores proxectos con 10.000,00 euros de premio cada unha; e un premio de 6.000,00 euros ao mellor proxecto á integración xeracional (que involucre a persoas de distintas xeracións: nenos, anciáns, xóvenes,etc).

Desde BIBLIOPAZOS queremos felicitar ás 14 bibliotecas galegas seleccionadas polo seu bo traballo de dinamización e animación á lectura e animalas a continuar nesa liña no futuro. Animar tamén a aquelas outras que presentaron os seus programas e que non foron seleccionadas para que sigan facendo esta importante labor bibliotecaria a favor da educación, da cultura e da lectura.

MÁIS INFORMACIÓN:



GRAZAS, POR ÚLTIMO, ÁS/AOS SOCIAS/OS E USUARIAS/OS DA BIBLIOTECA SEN OS QUE ÉSTA NON TERÍA NINGUNHA RAZÓN PARA EXISTIR.

EL VIAJE DE PERÚ


EL VIAJE DE PERÚ
Autora: Rosa Barasoain Asurmendi
Ilustradora: Azahar L. Giner
Edita: La Fertilidad de la Tierra Ediciones

Edad recomendada: +5 años.

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Peru es un niño especialmente curioso y sus aventuras le llevan a un viaje increíble, en el que se da cuenta de que el planeta está en riesgo. Viaja por tierra, mar y cielo, pero como niño no sabe por dónde empezar, y cuando sus dudas le van alejando de la Tierra, algo mágico sucede.

ISBN: 978-84943693-6-0
Nº de páginas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 25 cm.

mércores, 6 de marzo de 2019

TALLER DE NARRATIVA

Hoxe recibimos esta información que publicamos no blog para información de todas/os aquelas/es que que esteades interesadas/os en aprender a escribir narrativa.



Un taller non é outra cousa que un lugar onde se traballa unha obra coas mans. En galego, "obradoiro", pon a énfase na obra que se traballa naquel recinto. As imaxes remiten aos vellos talleres onde a man fraguábanse ferramentas, o pan ou o calzado e, á maneira de facelo, ás súas regras, chamábaselle “oficio”.

E para os que queiran aprender este "oficio", o luns 11 comeza un Curso de Narrativa dez semanas. Será no café Mimosa de Vigo (Travesía de Vigo, 72) das 19 ás 21 horas os luns ou mércores. Dúas horas nas que o escritor Pedro Crenes ensinará as principais técnicas narrativas.

Párrafos. Talleres de escritura, ten como obxectivo dotar aos participantes das técnicas narrativas necesarias para abordar o oficio de escribir. Non ofrecemos camiños, ensinamos a trazar mapas, a usar o compás. Non ofrecemos camiños literarios, dotamos de ferramentas narrativas para construílos.

Unha das nosas metas é a construción dun criterio técnico-narrativo ligado á reflexión crítico-lectora. Non é só escribir, é escribir ben lendo, aprendendo a avaliar non só o noso propio traballo, senón tamén o traballo dos demais. Queremos que quen participa dos nosos talleres terminen convencidos de que a reflexión e o criterio literarios son parte fundamental do oficio de escribir.


"CONTOS DA ILHA" para celebrar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER e o DÍA MUNDIAL DA NARRACIÓN ORAL



Seguimos coa programación educativo-cultural de animación á lectura o mércores 13 de marzo ás 13:00 horas no Auditorio do Concello co espectáculo en portugués "CONTOS DA ILHA" a cargo da contadora SOFÍA MAUL, procedente da illa de Madeira (Portugal).


"CONTOS DA ILHA" forma parte da programación da VII edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA que se celebrará do 12 ao 23 de marzo  en toda Galicia e no que participan, ademáis do Concello de Pazos de Borbén, os concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis.

"Un espectáculo de narración oral con histórias e lendas da pequena ilha de Madeira (Portugal), por onde passaram tantos navegantes e exploradores atlânticos para buscar água, vinho e fruta e deixar histórias, relatos e mistérios."


Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra.


Convidámosvos a participar das actividades de BIBLIOPAZOS.

A VIDA DA HORTA ECOLÓXICA


A VIDA DA HORTA ECOLÓXICA
Autores: Azahar L. Giner e Miguel Martínez
Ilustradora: Azahar L. Giner
Edita: La Fertilidad de la Tierra Ediciones

Idade recomendada: +5 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Comeza o día co canto do galo, e a horta ecolóxica agárdanos para ser sementada e coidada. Canta actividade, cantas dúbidas ata que chegue o momento da colleita! Iranse resolvendo con imaxinación, ledicia e tempo para compartir, nunha horta moi viva.

ISBN: 978-84943693-5-3
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 25,5 cm.

martes, 5 de marzo de 2019

O FESTIVAL ATLÁNTICA VOLVE POR SEGUNDO ANO A PAZOS DE BORBÉN


O FESTIVAL ATLÁNTICA volve por segundo ano consecutivo a Pazos de Borbén con dous espectáculos para escolares.


  • A primeira quenda correspóndelle á portuguesa Sofía Maul e será o 13 de marzo no Auditorio do Concello con "Contos da Ilha".
  • A galega Cris de Caldas actuará o 15 de marzo, no mesmo lugar, con "Contos de Lilith".


O Festival Atlántica volve por segunda vez a Pazos de Borbén grazas á colaboración do Concello e da Deputación Provincial. Nesta ocasión, están previstos dous espectáculos dos que van a gozar case 90 alumnos de primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, ademais dos usuarios de ASPAVI (Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Vigo) con sede neste municipio. Ambas funcións terán lugar no Auditorio do Concello os días indicados ás 13:00 horas.

Voces da lusofonía

Unha nova oportunidade de gozar outro ano mais en Pazos de Borbén dun encontro coa tradición oral dos países lusófonos veciños e saborear a súa variedade e riqueza cultural.

A narradora e contadora de historias bilingüe SOFÍA MAUL vive na illa de Madeira (Portugal). Alí naceu e tivo a sorte de medrar oíndo as historias dos seus catro avós, todos de orixe diferente, que lle contaban (inglés, alemán, sueco e californiano). Estudou Letras (inglés e alemán) na Universidade de Coimbra para ser tradutora e, deseguido, cambiou o rumbo para poder axudar ás persoas (despois de dous anos como voluntaria na Cruz Vermella). Fíxose terapeuta da fala, traballando principalmente con cativos xordos e plurilingües. En 2004 comezou a formarse con actores e narradores de historias profesionais na Biblioteca Municipal de Oeiras que, en 2006, deu como resultado a creación dunha asociación cultural sen ánimo de lucro: Os Contabandistas, un grupo de cinco narradores de historias todos de diferentes orixes moi activos na promoción da narración oral como forma de arte perfomativa contemporánea. Ten organizado moitos festivas -Festival Internacional de Contos de Lisboa, 1º Festival de Narración Oral de Madeira (EVA, Era uma vez no Atlántico), o Terra Incógnita en Lisboa, o Conto Contigo na Praia na Terceira e Rencontres de L'Imaginaire na Bretaña).

Conta historias en bibliotecas, escolas, feiras de libros, castelos, bares, festivais, prazas, teatros, terrazas, aeroportos... por todo o seu pais e mesmo fóra, en festivais internacionais de storytelling en Alemaña, Irlanda, Inglaterra, Italia, Bélxica, España e Polonia. As súas historias veñen de preto e de lonxe, pero as que gusta máis de compartir son as que veñen da pequena illa no medio do Atlántico, lugar onde volveu despois de 20 anos de vivir fóra, para apertar familia e amigos, para contar e recoller historias e tamén para plantar dragos e fotografar moito.

A galega CRIS DE CALDAS é Licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC e compaxina o seu traballo como bibliotecaria dende 2003 co seu interese pola literatura infantil e a promoción da lectura realizando continuamente accións formativas para seguir mellorando na súa labor de mediadora.

Alimentada polos contos da súa avoa Carmen, medrou aprendendo a escoitalos e a lelos. Paixóns que seguen con ela e que a levaron a estudalos polo que se licenciou en Filoloxía Hispánica pola USC. Ademais de escoitar e ler contos gústalle moito recomendalos e pensa que foi iso o que a levou a converterse en bibliotecaria. A paixón por eles foi en aumento e houbo un día no que desexou contar os seus segredos, compartir o seu corazón a quen quixera escoitar e así é, como se converteu en contadora de contos e historias. E así está desde o 2015... aprendendo a vivir do conto!

Tense formado como contadora de contos e historias con profesionais como Charo Pita, Cristina Collazo, Ana Carreira, Paula Carbelleira, Raquel Queizás e Carolina Rueda, entre outras.

Conta para todo tipo de público e no seu repertorio hai contos tradicionais mesturados con historias de vida e adaptacións de contos de autor, salpimentados con unhas migalliñas de poesía, humor, fantasía e moita emoción. É feliz cando conta, sempre con emoción. Conta para non esquecer os contos que lle contaron a ela, conta para seguir aprendendo na vida.

Axenda Festival Atlántica 2019 | Pazos de Borbén


Espectáculo para escolares (4º - 6º Primaria) e usuarios da Asociación ASPAVI | Infantil | Portugués

Unha función con historias e lendas da pequena illa da Madeira, por onde pasaron tantos navegantes e exploradores atlánticos para buscar auga, viño e froita e deixar historias, relatos e misterios.


Espectáculo para escolares (3º - 6º Primaria) e usuarios da Asociación ASPAVI | Infantil | Galego

Unha sesión de contacontos de igualdade co protagonismo de Lilith que foi a primeira muller de conto e merece ser coñecida a súa historia. Ao seu lado estarán Pepa a Loba e outras bravas mulleres.

Sobre o Festival Atlántica

Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlantista. O seu obxectivo é indagar nas raíces comúns das historias do océano, na procura da identidade cultural común do Atlántico e nas historias que se foron difundindo polos camiños do mar. Toda a información relacionada co programa e cos artistas pode consultarse na web: http://festivalatlantica.gal/.

Esperámosvos en Pazos de Borbén no 
FESTIVAL ATLÁNTICA 2019

SUBASTA EXTRAORDINARIA EN EL MUSEO DE TODO LO PERDIDO


SUBASTA EXTRAORDINARIA EN EL MUSEO DE TODO LO PERDIDO
Autora: Gracia Iglesias
Ilustradora: Susana Rosique
Edita: La Guarida Ediciones

Edad recomendada: +5 años

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Existe un lugar secreto y maravilloso, con salas repletas de tesoros, adonde van a parar todas las cosas que se pierden, desde un guante o un botón, hasta un sueño o un huevo de imagodonte.

ISBN: 978-84-941771-2-5
Nº de páginas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 25 cm.

luns, 4 de marzo de 2019

CONFUSIÓN E MORTE DE MARÍA BALTEIRA


CONFUSIÓN E MORTE DE MARÍA BALTEIRA
Autora: Marica Campo
Edita: Baía Edicións 

Xénero: Literatura en Galego -  Narrativa

Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto galego, da perspectiva feminina, das tramas tanto orixinais como arquetípicas.

Pensamos que o estilo da autora, Marica Campo, vai levado por un ritmo de auga e natureza, ritmo creado pola relación variada e insistemente contigua que hai na súa narrativa entre a muller, o mundo vexetal e animal. O espazo habitado polas mulleres e os homes que coñecen é tamén un mundo partillado polas ánimas. A miúdo a voz narrativa avanza case bailando a través das descricións, un ritmo poético que semella vir dun fluír do inconsciente, dunha psicoloxía rescatada das lembranzas dun pasado, ás veces vivido e gozado e ouras veces case totalmente esquecido [...].

O público lector en galego sabe que o pasado remoto da terra non carece de incidencia na realidade actual, aínda que mans e voces alleas (tamén algunhas galegas) teñan contribuído a unha conceptualización pintoresca dunha Galiza máxica. Por tanto, a maxia -desde esta perspectiva do papel que contribúe á fundación dunha identidade cultural- é máis que unha ollada que se defina como sensíbel ao irracional.

O mundo encantado e imaxinado non presenta dificultades de interpretación: a maxia é quen de suxerirnos moitas cousas, todas feiticeiras ou atraentes, esenciais para comprendermos o que é a nación galega [...].

ISBN: 978-84-92630-58-5
Nº de páginas: 141
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 14.5 x 21 cm.