E finalizaremos a programación de actividades educativo-culturais de animación á lectura do mes de marzo o próximo venres
día 15 de marzo no Auditorio do Concello ás
13:00 horas, co espectáculo "CONTOS DE LILITH" a
cargo da contadora galega CRIS DE CALDAS.
Este espectáculo tamén forma parte da programación da VII edición
do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA. que se celebra do 12 ao 23 de marzo en toda Galicia e no que participan, ademais do Concello de Pazos de Borbén, os concellos de Santiago e Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis.
"Lilith foi a primeira muller de conto e merece ser coñecida
a súa historia. Ao seu lado estará Pepa a Loba e outras bravas mulleres. Unha
sesión de contacontos de igualdade."
Convidámosvos a participar das
actividades de BIBLIOPAZOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.