O FESTIVAL ATLÁNTICA volve por segundo ano consecutivo a Pazos de Borbén con dous espectáculos para escolares.
O Festival Atlántica volve por segunda vez a Pazos de Borbén grazas á colaboración do Concello e da Deputación Provincial. Nesta ocasión, están previstos dous espectáculos dos que van a gozar case 90 alumnos de primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, ademais dos usuarios de ASPAVI (Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Vigo) con sede neste municipio. Ambas funcións terán lugar no Auditorio do Concello os días indicados ás 13:00 horas.
Voces da lusofonía
Unha nova oportunidade de gozar outro ano mais en Pazos de Borbén dun encontro coa tradición oral dos países lusófonos veciños e saborear a súa variedade e riqueza cultural.
A narradora e contadora de historias bilingüe SOFÍA MAUL vive na illa de Madeira (Portugal). Alí naceu e tivo a sorte de medrar oíndo as historias dos seus catro avós, todos de orixe diferente, que lle contaban (inglés, alemán, sueco e californiano). Estudou Letras (inglés e alemán) na Universidade de Coimbra para ser tradutora e, deseguido, cambiou o rumbo para poder axudar ás persoas (despois de dous anos como voluntaria na Cruz Vermella). Fíxose terapeuta da fala, traballando principalmente con cativos xordos e plurilingües. En 2004 comezou a formarse con actores e narradores de historias profesionais na Biblioteca Municipal de Oeiras que, en 2006, deu como resultado a creación dunha asociación cultural sen ánimo de lucro: Os Contabandistas, un grupo de cinco narradores de historias todos de diferentes orixes moi activos na promoción da narración oral como forma de arte perfomativa contemporánea. Ten organizado moitos festivas -Festival Internacional de Contos de Lisboa, 1º Festival de Narración Oral de Madeira (EVA, Era uma vez no Atlántico), o Terra Incógnita en Lisboa, o Conto Contigo na Praia na Terceira e Rencontres de L'Imaginaire na Bretaña).
Conta historias en bibliotecas, escolas, feiras de libros, castelos, bares, festivais, prazas, teatros, terrazas, aeroportos... por todo o seu pais e mesmo fóra, en festivais internacionais de storytelling en Alemaña, Irlanda, Inglaterra, Italia, Bélxica, España e Polonia. As súas historias veñen de preto e de lonxe, pero as que gusta máis de compartir son as que veñen da pequena illa no medio do Atlántico, lugar onde volveu despois de 20 anos de vivir fóra, para apertar familia e amigos, para contar e recoller historias e tamén para plantar dragos e fotografar moito.
A galega CRIS DE CALDAS é Licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC e compaxina o seu traballo como bibliotecaria dende 2003 co seu interese pola literatura infantil e a promoción da lectura realizando continuamente accións formativas para seguir mellorando na súa labor de mediadora.
Alimentada polos contos da súa avoa Carmen, medrou aprendendo a escoitalos e a lelos. Paixóns que seguen con ela e que a levaron a estudalos polo que se licenciou en Filoloxía Hispánica pola USC. Ademais de escoitar e ler contos gústalle moito recomendalos e pensa que foi iso o que a levou a converterse en bibliotecaria. A paixón por eles foi en aumento e houbo un día no que desexou contar os seus segredos, compartir o seu corazón a quen quixera escoitar e así é, como se converteu en contadora de contos e historias. E así está desde o 2015... aprendendo a vivir do conto!
Tense formado como contadora de contos e historias con profesionais como Charo Pita, Cristina Collazo, Ana Carreira, Paula Carbelleira, Raquel Queizás e Carolina Rueda, entre outras.
Conta para todo tipo de público e no seu repertorio hai contos tradicionais mesturados con historias de vida e adaptacións de contos de autor, salpimentados con unhas migalliñas de poesía, humor, fantasía e moita emoción. É feliz cando conta, sempre con emoción. Conta para non esquecer os contos que lle contaron a ela, conta para seguir aprendendo na vida.
Axenda Festival Atlántica 2019 | Pazos de Borbén
- A primeira quenda correspóndelle á portuguesa Sofía Maul e será o 13 de marzo no Auditorio do Concello con "Contos da Ilha".
- A galega Cris de Caldas actuará o 15 de marzo, no mesmo lugar, con "Contos de Lilith".

Espectáculo para escolares (4º - 6º Primaria) e usuarios da Asociación ASPAVI | Infantil | Portugués
Unha función con historias e lendas da pequena illa da Madeira, por onde pasaron tantos navegantes e exploradores atlánticos para buscar auga, viño e froita e deixar historias, relatos e misterios.
Espectáculo para escolares (3º - 6º Primaria) e usuarios da Asociación ASPAVI | Infantil | Galego
Unha sesión de contacontos de igualdade co protagonismo de Lilith que foi a primeira muller de conto e merece ser coñecida a súa historia. Ao seu lado estarán Pepa a Loba e outras bravas mulleres.
Sobre o Festival Atlántica
Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlantista. O seu obxectivo é indagar nas raíces comúns das historias do océano, na procura da identidade cultural común do Atlántico e nas historias que se foron difundindo polos camiños do mar. Toda a información relacionada co programa e cos artistas pode consultarse na web: http://festivalatlantica.gal/.

Esperámosvos en Pazos de Borbén no
FESTIVAL ATLÁNTICA 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.