xoves, 7 de marzo de 2019

BIBLIOPAZOS RECIBE UN DOS PREMIOS MARIA MOLINER DE 2018


O pasado día 31 de outubro de 2018 foi outro día MOI ESPECIAL para a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén - BIBLIOPAZOS e para o persoal que traballamos na mesma e para todas aqueles usuarios, persoas, entidades, asociacións e fundacións que colaboran coa mesma habitualmente.

Ese día comunicáronnos por correo electrónico dende a Subdirección Xeral do Libro, a Lectura e as Letras Españolas do Ministerio de Cultura e Deporte que a biblioteca fora unha das seleccionadas pola Comisión de Valoración da Campaña María Moliner de 2018 como beneficiaria dunha subvención en metálico de 1.706,66 euros para a compra de libros, ou sexa, que gañáramos un dos premios da XIX Campaña de animación á lectura María Moliner, convocada polo Ministerio de Cultura e Deporte, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e a Fundación Banco Santander.

Entre os premiados de 2018 atópanse 14 bibliotecas galegas, e entre esas 14 bibliotecas galegas está, por segundo ano consecutivo, a de Pazos de Borbén BIBLIOPAZOS no posto nº 16 das 300 seleccionadas con 78 puntos.

É o segundo ano que nos presentamos a estes premios e estamos moi contentos de ter recibido este recoñecemento á labor bibliotecaria no noso concello polo proxecto presentado: "Mulleres, Ciencia, Patrimonio e Tradición", un proxecto que abarcou un montón de actividades ao longo de todo o ano 2018 cos obxectivos de:

  • Achegar á biblioteca aos cidadáns e cidadás.
  • Promover e dinamizar o uso da lingua galega.
  • Fomentar a animación a lectura a través dun programa de promoción da tradición oral galega.
  • Seguir promocionando e dando a coñecer o Patrimonio natural, arqueolóxico, ecolóxico, histórico, artístico e inmaterial do Concello de Pazos de Borbén.
  • Continuar fidelizando usuarios e conquistando novos lectores.
  • Renovar permanentemente a colección bibliográfica.
  • Proseguir o traballo con colectivos en risco de exclusión social e con diversidade funcional co obxecto de promover a súa plena normalización e integración na sociedade.
  • Desenrolar tarefas de alfabetización dixital e formación e novas tecnoloxía da información e comunicación co obxectivo de minorar ao máximo a fenda dixital.
  • Levar a cultura ao maior número posible de cidadáns e cidadás, intentando conseguir cada ano un maior número de asistentes ás actividades.
  • Intentar que o maior número de usuarios se sinta atraído pola lectura e que poidan atopar na biblioteca e nos libros unha fonte de formación, de educación e de entretemento moi proveitoso para o seu desenrolo como persoas ao longo da súa vida.
  • Facer da Biblioteca Pública Municipal un lugar de ocio e cultura importante no municipio, un espazo no que os veciños de tódas as idades poidan fomentar o seu gusto pola lectura, pola cultura e polo coñecemento en xeral.

Este recoñecemento non sería posible sen a colaboración de moitas entidades coas que queremos compartir e facer extensivo o mesmo pola súa axuda desinteresada na realización e organización das actividades e/ou o patrocinio das mesmas:


Tampouco sería posible sen a colaboración de moitas persoas coas que tamén queremos compartir e facer extensivo o mesmo pola súa axuda desinteresada na realización e organización das actividades, vai por vos:

  • A todo o persoal directivo, profesorado e persoal non docente do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e, en especial aos mestres Uxía Porrit Lueiro e Manuel Gonzalez Pastoriza.
  • Eli Ríos, escritora.
  • Raquel Queizás, actriz e contadora de historias.

E, por último, agraceder tamén a todos os profesionais que participaron nas actividades de BiblioPazos e as fixeron posible.


Este concurso de carácter estatal ten por obxecto premiar a aquelas bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes que leven a cabo proxectos de animación á lectura, especialmente entre nenos e xóvenes, así como actividades de integración social con poboación en risco de exclusión social ou con algún tipo de diversidade funcional, e proxectos de boas prácticas na labor bibliotecaria.

Presentáronse 549 proxectos e a comisión de valoración seleccionou aos 300 mellores, tendo en conta criterios como a claridade e o interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e a viabilidade do proxecto, así como a orixinalidade e a inmersión en novas tecnoloxías que conteña a proposta. A estas 300 bibliotecas outorgaselle un premio de 1.706,66 euros para a compra de libros.

Ademáis concedéronse pola Fundación Banco Santander catro premios especiais, tres deles ás tres bibliotecas que presenten os mellores proxectos con 10.000,00 euros de premio cada unha; e un premio de 6.000,00 euros ao mellor proxecto á integración xeracional (que involucre a persoas de distintas xeracións: nenos, anciáns, xóvenes,etc).

Desde BIBLIOPAZOS queremos felicitar ás 14 bibliotecas galegas seleccionadas polo seu bo traballo de dinamización e animación á lectura e animalas a continuar nesa liña no futuro. Animar tamén a aquelas outras que presentaron os seus programas e que non foron seleccionadas para que sigan facendo esta importante labor bibliotecaria a favor da educación, da cultura e da lectura.

MÁIS INFORMACIÓN:



GRAZAS, POR ÚLTIMO, ÁS/AOS SOCIAS/OS E USUARIAS/OS DA BIBLIOTECA SEN OS QUE ÉSTA NON TERÍA NINGUNHA RAZÓN PARA EXISTIR.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.