mércores, 3 de abril de 2024

Contacontos e presentación do libro infantil "KLAD, O PAPAGAIO ADHESIVO" con Genma Pardo "GEMOLA" - DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén continuamos celebrando o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL o Venres 5 de Abril a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello no que recibiremos a visita de GENMA PARDO "GEMOLA" co seu contacontos "KLAD, O PAPAGAIO ADHESIVO", actividade na que están convidados a participar o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; os usuarios da Asociación ASPAVI e o alumnado da Escola de Educación Infantil "A Galeriña" de Nespereira.


Nesta ocasión Genma Pardo "Gemola" traeranos un contacontos con xogos e cancións para sensibilizar sobre enfermidades infantís, en concreto sobre o cancro infantil, a través do seu conto infantil da súa autoría “KLAD, O PAPAGAIO ADHESIVO”, ilustrado por Eva Díaz Losada “EvaBlu”.
Sabías que nos corredores de Ikea acontecen cousas marabillosas e máxicas? Que si atopas un cadro, unha cadeira, unha boneca de trapo ou un adhesivo... poden cobrar vida? Iso foi o que lle pasou a Daniela. Unha nena que atopou a alguén especial neses corredores có que compartirá unha gran aventura...

Daniela é unha nena de cinco anos e medio con cancro que pasa longas tempadas no hospital, pero que cando pode irse a casa de vacacións unha das cousas que mais gústalle é ir a Ikea. E será precisamente nese centro comercial onde lle atope a el, a Klad, un papagaio adhesivo que moi pronto deixará de selo...
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.